imaxe obtida de: autoescuelamiluchofs.blogspot.com
Moi bos días/tardes/noites
queridos lectores
Atopámonos unha semana máis aquí
para analizar o que vai a ser o partido que esta semana enfronte ó Deportes
Carlos Miguel contra o Urba La Galia. Esta semana o partido se disputará no
pavillón do Monte da Mina, un escenario habitual para os nosos, que tras
disputar a semana pasada o seu partido no Pavillón Central de As Travesas,
volverán a pisar un escenario que este ano non está a ser moi propicio para os
nosos. Os xogadores soen queixarse do esvaradío do chan do polideportivo
vigués, se ben este feito non pode ser escusa, xa que o terreo de xogo e o
mesmo para ámbolos dous equipos.
O rival, como xa dixemos será or
Urba La Galia, equipo que ata a semana pasada non tiña conseguido ningunha
vitoria e que tan so contaba con 3 puntos na táboa clasificatoria, obtidos ó
ser quen de obter tres empates. Porén a semana pasada foi capaz de sumar a súa
primeira vitoria ante un deprimido Decoraciones Jesús Cao que nas derradeiras
xornadas está a obter uns números moi negativos, descoñecendo as circunstancias
polas que se están a producir estes feitos. Polo tanto o DCM deberá ter coidado
con este equipo que chegará coa moral polas nubes tras lograr a súa primeira victoria
na competición, e quen sabe se con algún reforzo invernal.
Pero tamén chegará o DCM repleto
de moral, tras lograr a pasada fin de semana, no maxestoso escenario do
Pavillón Central de As Travesas, a súa segunda victoria consecutiva, que
materializouse neste caso contra o Talleres Caheresa. O Equipo tras rachar a
súa mala xeira a xornada anterior ante o Siho, recuperou parte da moral perdida
e conseguiu comezar a dar mostras do seu xogo ante o Talleres Caheresa, e
demostrou unha fortaleza mental importante, xa que o equipo non se viu abaixo
cando o Talleres Cahersa foi quen de remontar o tanto inicial do DCM e situarse
cun resultado favorable de 2-1 no descanso do partido. Un DCM moi serio na
segunda parte foi quen de endosarlle un parcial de 3-0. O equipo con esta
victoria lograba mellorar a súa bagaxe de puntos con respecto a primeira volta
en +5 puntos, xa que o equipo DCM'ista tiña sumado nas dúas primeiras xornadas
do campionato 1 punto, o logrado na primeira xornada ante o Siho, polos 6 que
suma agora tras estas dúas victoria consecutivas.
O DCM ten ante si o obxectivo de
prolongar a súa xeira de victoria consecutivas, para sumar canto antes o número
necesario de puntos para obter a salvación e evitar apuros cando cheguen as
derradeiras xornadas da competición. O equipo parece que ten medrado
mentalmente e o feito de ser conscientes da importancia de cada partido estalle
a dar un plus sobre os seus rivais, polo que o equipo debe seguir moi centrado
e sendo moi conscientes da importancia que teñen estes 3 puntos, xa que o
equipo tan so está 3 puntos por riba do descenso, ó que hai que sumarlle o
feito de que o equipo que marca os postos vermellos, o Moho, ten un partido
menos, polo que a renda do DCM a pesar destas dúas victoria consecutivas, segue
a ser moi xusta. Por outra banda unha victoria suporía meterlle moita presión e
incluso alcanzar a algún dos equipos que preceden ó DCM na clasificación, e é
que o Parquets Eloy, o Decoraciones Jesús Cao e o Talleres Cahersa están tan so
un punto por encima dos nosos, polo que están a menos de un partido de
distancia.
De conseguir a victoria neste
partido o DCM xa tería igualado o número de victoria obtidas na primeira volta,
e é que na parte inicial do campionato o equipo DCM'ista tan só conseguiu obter
3 victoria (a obtida ante o propio Urba La Galia, ante o Bar Clavel e ante o
Bar o Cruce no pavillón de Navia), polo tanto o equipo vai na boa liña para
obter os puntos necesarios para a salvación pero o equipo ten que saír 100%
concentrado a cada encontro, xa que non pode deixar a ocasión de sumar os 3
puntos en cada partido, se quere o ano vindeiro seguir gozando da primeira
división e as vantaxes que esta categoría conleva, xa que a maioría dos
partidos disputados en pavillóns de "postín" como o Pavillón Central
de As Travesas ou o Pavillón de Navia se corresponderon a partidos da máxima
categoría.
O precedente da primeira volta
como xa tiñamos comentado é favorable ó Deportes Carlos Miguel, quen conseguía
a primeira victoria do campionato, tras derrotar por 5-3 ó Urba La Galia. Aquí
vos deixamos a ligazón da CRÓNICA deste partido firmada por Lino. Como podemos
observar será clave manter a seriedade defensiva dos dous últimos partidos. O
DCM ven de reducir nestes encontros o seu promedio de goles encaixados, so recibiu
3 goles en dous partidos, o que fai un promedio de 1,5 goles encaixados por
encontro, unhas estatísticas notables para o fútbol sala.
Para este partido o equipo vai
contar con Jorge na portería, con Davo, Vare, Chap e Xmon en tarefas defensivas
e con Emi e Pani para a parcela ofensiva do equipo, Será dúbida até o
derradeiro intre Pablo, quen chegará xusto para o horario do partido e será
baixa Yago quen non volverá até dentro de dúas xornadas, na fin de semana de
Ramos.
Agardemos que o equipo acade a
súa terceira victoria consecutiva e comece a despegarse dos postos perigosos da
táboa clasificatoria. Para este obxectivo será coma sempre de axuda a presenza
de seareiros nas bancadas, o partido dispútase esta fin de semana nun horario
moi comercial, ás 18.00 horas da tarde, polo que agardemos una boa presenza dos
afeccionados DCM’istas, para que gocen dunha estupenda fin de semana deportiva,
que agardemos remate coa victoria do equipo buque insignia da Cidade o Real
Club Celta de Vigo, ante o Real Madrid CF.
PAVILLÓN: MONTE DA MINA
HORA: 18.00
DÍA: SÁBADO - 09/02/2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario