Imaxe obtida en: www.moiceleste.com
Moi Bos días/tardes/noites
benqueridos lectores.
Por fin chegou o día, será o día
3 de marzo do 2013, é dicir o 3/3/13, a xornada escollida para que o DCM debute
no pavillón con máis historia, con máis soleira, con máis maxia, e o que chea
de orgullo a tódolos e tódalas vigueses e viguesas. Ás 10.00 da mañá o DCM
pisará por fin ó parqué do Pavillón Central de As Travesas, o pavillón central
da cidade olívica dende fai anos, e que ó contrario que moitas outras
instalacións deportivas da cidade presenta un estado de mantemento moi
axeitado, xa que non fai moitos anos foi sometido a un profundo
remozamento.
Neste pavillón xogaron e xogan
equipos históricos da cidade, como por exemplo son o Vulcano que enchía as
gradas con seu marabilloso nivel de Balonmán, o Academia Octavio que a pesar de
tódalas dificultades económicas segue a xogar na máxima división, na Asobal,
con Javier Rodríguez ó fronte da nave, o Celta de Baloncesto Feminino (cos seus
diversos nomes, Celta Banco Simeón, Celta Vigo Urban, Celta Selmark...) e un
longo etc. E tamén disputaron partidos no Central outros equipos menos
históricos e que non duraron moito ó longo do tempo, pero que si que
conseguiron encher as gradas do pavillón (cunha capacidade de ó redor de 4.500
espectadores) como foron o Real Club Celta de Vigo de Fútbol Sala (equipo non
pertencente a estrutura do Real Club Celta de Vigo S.A.D. pero que si que por
un acordo ostentaba o seu nome) ou o Baloncesto Vigo, na súa aventura na LEB,
onde conseguiu encher o pavillón co seu plantel de xogadores chegados dende
tódolos puntos do mundo. Tamén neste máxico pavillón teñen xogado seleccións
españolas de diversas disciplinas como balonmán ou fútbol sala entre outras, e
competicións de importancia internacional como Copas do Rei, Copas Asobais,
competicións paralelas ó mundial de hockei, Cidades de Vigo etc.
En definitiva xunto co Estadio
Municipal de Balaídos, son os puntos máxicos do deporte vigués, onde se viviron
a consecución de moitos títulos, sobre todo grazas ó Celta feminino de
Baloncesto, que agora pasa polas dificultades económicas propias do momento
dunha cidade que vive da súa industria e non das subvencións oficiais das
entidades públicas, como o si fan outras. Non é o único equipo que está a pasar
por estas penurias, xa que a crise fai que o deporte vigués se vexa afectado
máis fortemente, que outros, pero grazas a labor incansable de moitas persoas
dedicadas de forma altruísta ó deporte da cidade, fai que incriblemente, ano
tras ano, equipos con moitas dificultades económicas como o Vigo Voleibol, o
Academia Octavio, o Anfiv, ou ou Vigo Rugby entre outros poidan competir nas
máximas divisións dos seus campionatos.
Pois ben neste escenario máxico
xogará o Deportes Carlos Miguel, quen estivo xa a piques de participar nun
partido nel, cando proclamouse campión de terceira división grupo
"C", pero que tivo a mala sorte de que ese ano o torneo de campións
de campións coincidía en data coa celebración dun partido da selección española
de balonmán, o que obrigou ós nosos a xogar no pavillón do frontón o único
partido que tería disputado nese torneo.
Porén este magnifico escenario
non nos debe cegar e facer perder de vista a importancia que ten o partido
deste domingo para os intereses do Deportes Carlos Miguel. E é que tras o bo
partido da semana pasada, onde os nosos a base de traballo e esforzo
conseguiron reverter a mala xeira de resultados, e obter unha vitoria despois
de nove xornadas de liga, o equipo non se debe relaxar, xa que a vitoria do
Moho fronte ó terceiro clasificado a semana pasada, fai que o equipo siga fora
dos postos de descenso pero tan só pola golaveraxe, xa que segue empatado a
puntos con Moho, se ben é certo que consegue distanciarse en dous puntos do
Piedrajoya, quen o fin de semana pasado empatou con Hannover no partido
aprazado da semana anterior, pero que perdeu o partido correspondente a xornada
16ª de liga. Esta xornada ademais descansa o Moho co que o DCM depende de si
mesmo para coller unha vantaxe de a lo menos dous puntos con respecto ós postos
de descenso (2 en caso de que gañe o Piedrajoya e 3 en caso de que perda ou
empate) co que conseguiría rachar, aínda que de maneira provisional, esa
barreira de verse empatado a puntos cos postos de descenso. E ademais de para
distanciarse dos postos de descenso, este partido é moi importante xa que o
Talleres Cahersa, quen a semana pasada gañou ó Decoraciones Jesús Cao, está 4
puntos por enriba dos nosos, co que se o DCM é quen de superar ó equipo do
concesionario, recortará a distancia a tan so un punto e meterá de cheo a un
equipo máis na pelexa pola salvación da categoría. Ademais pode aproveitarse de
un tropezón do Decoraciones Jesús cao ou do Parquets Eloy que están tamén
con 4 puntos máis cos nosos, e desta forma abrir o abano de equipos que están a
loitar pola salvación.
Polo tanto é o intre de seguir
dando un paso ó fronte, e facer ver, como a semana pasada, que o equipo
necesita máis eses 3 puntos que o rival, e unha vez quitada a ansiedade de esa
mala xeira que perseguía ó equipo, e que foi rachada con orde e
sacrificio por parte dos nosos, e grazas ó apoio dos seareiros na bancada, ir a
máis e grazas a confianza obtida cos tres puntos ante o cuarto clasificado a
semana pasada, comezar a elaborar o xogo característico do noso equipo, e
aproveitar as dimensións do Central de As Travesas para intentar chegar con
máis fluidez á portería rival, pero sen perder de vista que o Talleres Cahersa
é un equipo moi ordenado e que xa superou ós nosos na ida, nun partido igualado
(2-1 perdeu o DCM) por orde e rigor defensivo. Polo tanto promete ser un
partido moi axustado entre dous equipos que veñen con boa moral tras rachar o
DCM a súa mala xeira ante o cuarto clasificado, e tras o Talleres Cahersa
golear ó Decoraciones Jesús Cao por 6-2.
Para este partido será moi
importante que outra vez o equipo saia coa máxima concentración ó terreo de
xogo, e que a pesar da hora do partido, 10.00 do domingo, os xogadores cheguen
o máis espertos e o máis activos posíbeis, despois dun bo quecemento polas
instalacións do Pavillón Central de As Travesas, para que dende o minuto un o
equipo intente gañar en concentración e intensidade ó equipo rival. A
consecución dos 3 puntos sería dar un paso de xigante nas aspiracións á
salvación do equipo DCM'ista quen debe acumular os máximos puntos posíbeis
canto antes para non chegar ó final do campionato coa presión de ter que
puntuar.
Os xogadores que estarán en
principio convocados para este partido son: Jorge na portería, Chap, Vare e
Davo para a parcela defensiva, Pani, Pablo e Emi para os postos ofensivos. É
dúbida Xmon que non se sabía se este fin de semana podería acudir ó Central de
As Travesas. En caso de asistir, as diferenzas con respecto a semana pasada,
sería a recuperación de Chap para reforzar a retaguardia e a baixa de Yago, que
será baixa esta e dúas xornadas máis, e que reaparecerá na fin de semana de
Ramos.
O partido xa o saben o domingo ás
10.00 no Pavillón Central de As Travesas, unha magnífica oportunidade para os
seareiros DCM'istas, que tanto apoiaron ó equipo a semana pasada dende as
bancadas, de gozar dun partido do equipo rosiña coas comodidades dun pavillón
da máxima categoría, que mellor maneira de aproveitar un domingo pola mañá que
apoiar ós nosos coas camisolas-mantas dos seareiros.
Non o dubiden a mellor forma de
aproveitar o domingo é erguerse para apoiar ós nosos e de gozar dunha magnifica
xornada domincal.
Un saúdo e IMOS DCM!!!
HORA: 10.00
DÍA: 03/03/2013
PAVILLÓN: CENTRAL DE AS TRAVESAS
HORA: 10.00
DÍA: 03/03/2013
PAVILLÓN: CENTRAL DE AS TRAVESAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario