Moi bos días/tardes/noites queridos lectores
Atopámonos
unha semana máis, e esta vez tan pronto como coñecemos os horarios dos partidos
de esta semana, para analizar o que vai a ser o encontro entre o Deportes
Carlos Miguel e o Bar Clavel. O partido disputarase no pavillón de Bembrive, un
dos mellores que se pode atopar na competición de Vigo En Xogo. Situado nos
montes da entidade local menor viguesa, é de grato recordo para os nosos, xa
que nel produciuse o debut do equipo, actualmente rosiña, na competición.
Trátase dun pavillón cunha superficie de parqué, polo que o equipo non terá os
problemas que lle achacan os xogadores ó esvaradío terreo do Monte da Mina, o
único problema que se poden atopar é, se fai mal tempo o domingo, como parece
ser o caso segundo nos informan os nosos compañeiros de Meteogalicia, goteiras
nas proximidades de ámbalas dúas porterías, e é que o pavillón de Bembrive non
é alleo ós múltiples problemas que teñen case todas as instalacións deportivas
viguesas, sumidas nun lamentable estado de deterioro, comezando polo Estadio
Municipal de Balaídos, onde os seareiros da grada de Río teñen múltiples
goteiras, pasando polas pistas situadas nestas mesmas gradas que tras ser baleiradas
de escombros e pechadas, seguen a ter graves problemas coa auga da chuvia,
seguindo pola piscina municipal de Lavadores que ten unha pista de Squash
pechada por mor da humidade, e outra que ten o teito en no moi bo estado... e
así un longo etc. Agardemos que estas deficiencias se arranxen máis pronto que
tarde e que a estas instalacións se lle unan cedo outras como o pavillón da
ETEA e o polideportivo de Candeán, cando os trámites burocráticos o permitan.
Centrándonos
xa no partido o DCM recibe ó colista da clasificación coa obriga de conseguir
os 3 puntos. A semana pasada o equipo non foi quen de pasar do empate contra o
Urba, un patido que estaba marcado no calendario como necesario sumar os 3
puntos para chegar con certa folgura ó tramo final do campionato. Porén o
equipo fixo un mal partido no que non atopou o seu xogo, e non foi quen de
xerar ocasións de certo perigo até o tramo final do partido. É máis o gol do
conxunto rosiña tivo que chegar de falta directa. Pola contra é preciso
salientar, que se ben no pasado partido o equipo non logrou o seu mellor nivel
ofensivo, é certo que a nivel defensivo o equipo ten mellorado moito nos
últimos partidos, o que é básico para lograr a melloría clasificatoria que está
buscar o noso conxunto. Nas 3 últimas xornadas o DCM tan só encaixou 4 goles, o
que fai unha media de 1,33 goles por partido, unhas cifras ó alcance de moi
poucos equipos, e que se se prolongasen no tempo de seguro que garantirían a
permanencia da escuadra rosiña unha temporada máis na primeira división da
competición recreativa máis importante da cidade olívica.
O
rival chega ó encontro situado na derradeira posición da táboa clasificatoria,
é último con tan so 3 puntos, os obtidos en 3 empates. Tras a reacción que está
a protagonizar o Urba Os Cabazos, nesta segunda volta está xa a 4 puntos deles,
quererán obter a vitoria para non verse descolgados totalmente da penúltima
posición, e para intentar esgotar as súas últimas opcións de permanencia que
pasan por gañar dende xa. Polo tanto o DCM non debe confiarse, xa que a semana
pasada xa puido vivir nas súas propias carnes que non é nada fácil gañar os
equipos que están máis abaixo na táboa clasificatoria e para os cales cada
punto dos que resta de liga é vital para intentar obter a milagre da
permanencia. Ademais cabe destacar que o DCM ten a tiro a 2 equipos como son o
Parquets Eloy e o Talleres Cahersa que a semana pasada non conseguiron pasar do
empate nos seus compromisos e polo tanto seguen a un punto dos nosos. Por outra
banda o Moho, equipo que marca o descenso está a tan só 3 puntos dos nosos e
cun partido menos, tras empatar o seu compromiso a semana pasada precisamente
contra o Parquets Eloy. O único dos equipos que foi quen de lograr a vitoria
foi o Decoraciones Jesús Cao que tras moitas xornadas sen gañar obtivo os 3
puntos ante o rival do DCM desta semana, o Bar Clavel (2-5).
Para
este partido e para o que resta de temporada o DCM terá unha baixa moi sensíbel
na zona de ataque e que obrigará ós nosos a restruturar a organización do
equipo a metade da competición e agora que se acerca o tramo importante de
liga. A semana pasada un sorprendente comunicado oficial, chegaba ós nosos o
xoves pola tarde, cando nos informaban que o xogador Antonio Paniagua
abandonaba de maneira temporal pero indefinida a disciplina do equipo rosiña,
para buscar novas experiencias nas terras orixinarias do fútbol, a Inglaterra.
Desta maneira se converte no segundo membro do DCM que decide emigrar para
buscar novos retos profesionais, como está a facer moita xente debido a crise
que está a golpear o noso país e as "marabillosas" políticas que
están a levar a cabo os gobernantes nacionais. Debido a esta baixa o equipo
terá que, polo menos nos partidos onde non estea Yago, recolocar a un xogador
das posicións defensivas nas ofensivas. O candidato máis probábel é David quen
xa actuou en posicións ofensivas en algún partido como por exemplo contra o Bar
Clavel tal e como recolle Lino na súa crónica (AQUÍ para ver a mesma).
Polo
tanto para este partido o DCM contará coa baixa de Pani a que debemos unir a de
Yago, quen xa estará para a vindeira xornada. Polo tanto 7 son os xogadores que
haberá dispoñíbeis con certa regularidade de aquí ó final do campionato, coa a axuda
de Yago cando lle sexa posible nas súas viaxes programados a terras galegas. Isto
implicará un esforzo a maiores para os nosos que deberán chegar ó partido moito
máis concentrados co rival e da mellor maneira física e mental posíbel. Para
este encontro estará Jorge na portería, Vare, Xmon e Chap para posicións
defensivas e David, Emi e Pablo para os postos máis adiantados do equipo.
Como xa
dixemos o partido se disputará no pavillón Municipal de Bembrive ás 12:00, unha
moi boa hora para erguerse e gozar dunha perfecta xornada de domingo, na que o
DCM se xoga moito no seu camiño cara a salvación. Fin de semana clave para os
equipos vigueses que teñen que gañar os seus compromisos se queremos o ano que
ven ter equipos na elite do deporte. Polo tanto animamos a todos a que o venres
animen ó Real Club Celta de Vigo dende as bancadas de Riazor ou dende as súas
casas, que o sábado animen ó Academia Octavio no seu partido contra o
Guadalajara, e que para finalizar unha fin de semana, agardemos que feliz no
ámbito deportivo, veñan ó pavillón de Bembrive para animar ós nosos e
axudarlles a conseguir unha nova vitoria que supoña a 4ª xornada consecutiva
sen perder, e despois gozar dunha preciosa tarde de domingo coa sensación do
deber cumprido.
Xa o saben lles agardamos, IMOS DCM!!!
PAVILLÓN:
BEMBRIVE
HORA:
12.00
DÍA:
17/03/2013 - DOMINGO
(imaxe do pavillón de Bembrive obtida de autoescuelamiluchofs.blogspot.com)
No hay comentarios:
Publicar un comentario