viernes, 22 de marzo de 2013

Bar o Cruce Vs DCM. A Recuperar sensacións

Moi bos días/tardes/noites queridos lectores



Atopámonos unha semana máis, aquí para analizar o que vai a ser un partido crucial no devenir da traxectoria DCM'ista.

O DCM chega a este partido tras unha dolorosa derrota ante o colista da categoría, o Bar Clavel, nun partido no que o equipo confirmou as malas sensacións que tiña dado a semana anterior ante o penúltimo clasificado, onde obtivo un punto. Polo tanto dúas xornadas ante os dous últimos clasificado e tan só un punto obtido, un rédito moi pobre para poder acadar o obxectivo da salvación. Ademáis estas dúas xornadas deixan dúas baixas de longa duración para o conxunto rosiña, a xa comentada a semana pasada de Pani, agora se lle suma a de Emi, que estará de baixa ó redor de un mes e medio por mor dunha rotura fibrilar de entre un e dous centímetros no abductor. Dentro da desgraza a boa nova e que neste periodo de baixa o DCM ten que descansar dous fins de semana, o domingo de pascual, cando non hai liga, e o segundo fin de semana de abril onde lle toca a xornada de descanso ó equipo rosiña. Ademais esta xornada o equipo contará coa presenza de Yago, polo que dese mes e medio de competición que se vai perder Emi, que podería corresponderse aproximadamente con 5/6 fins de semana, o equipo ten cubertas a metade entre as xornadas de descanso e a presenza de Yago para reforzar os mermados postos de ataque. E é que se esta semana non estivese Yago o equipo tan so contaría con un xogador natural da zona ofensiva que sería Pablo.

A pesar de todas estas malas novas, o certo é que queda todavía moita competición e que o equipo DCM'ista aínda non caeu nos postos de decenso, polo que ten abertas tódalas posibilidades de salvación. Ademais cabe destacar que o rival de esta semana, un rival moi ben clasificado, xa caeu na ida contra o DCM nun partido no que os nosos demostraron todo o xogo que teñen nas súas botas. Respecto a aquel partido o equipo conta coa baixa de Pani pero coa presenza de Yago, polo que o equipo que se presentará na pista, esta vez do Calvario, será de total garantías. Naquel partido xogado en Navia o equipo superou con total autoridade a un dos equipos mellor clasificados do campionato, e polo tanto o DCM ten que saír coa total confianza de que a vitoria é totalmente factible (tan factible como necesaria) pero que deberá pór todo a carne no asador, e tratar de facerse fortes en defensa para aproveitar as oportunidades que teña o equipo DCM'ista. E é que a semana pasada o equipo encaixou 3 goles, 1 gol menos que nas 3 xornadas anteriores xuntas.

O partido se disputará no pavillón do Calvario, unha moi boa pista para a práctica deste deporte, ás 16.00 do Domingo de Ramos, agardemos que os searerios volvan responder como a semana anterior, e se pode ser en maior número, e gocen dunha boa sobremesa no pavillón municipal do Calvario.

HORA: 16
DÍA: 25/03/2013
PAVILLÓN: CALVARIO (LAVADORES / SANTA CRISTINA).

No hay comentarios: