sábado, 6 de abril de 2013

Asentarse na zona media. DCM Vs Decoraciones Jesús Cao

Moi bos/Días/Tardes queridos lectores




Unha semana máis atopámonos aquí para analizar o que vai a ser unha nova xornada da competición Vigo En Xogo.

O DCM ten ante si un partido fundamental para asentarse na zona media onde se atopa virtualmente clasificado. O Equipo rosiña debe obter os tres puntos se quere sacar distancia cuns postos de descenso que se atopan a tan só 3 puntos (que poderían ser dous xa que hai un partido aprazado que afecta ó Moho). o club DCM'ista na anterior xornada foi quen de obter os 3 puntos tras caer derrotado a xornada anterior ante o colista. O conxunto carlista deu unha mostra da súa fortaleza moral ó saber sobreporse ante un rival de fuste (5º clasificado naqueles intres), de dous malos resultados ante os equipos de abaixo. Estas primeiras 5 xornadas da segunda volta reflicten un balance idéntico ó da primeira volta, xa que por estas alturas o conxunto rosiña contaba con 3 partidos gañados (na primiera volta ante o Bar Clavel, Urba os Cabazos e Baro o Cruce), 1 empatado (Siho) e 1 perdido (Talleres Cahersa), igual que nestes intres de competición, onde o equipo iguala os números pero non os equipos ante os que se conseguiron (gañouse ó Siho, Talleres Cahersa e Bar o Cruce, empatouse co Urba os Cabazos, e como xa comentamos perdeuse ante o Bar Clavel).

Tras igualar o bo comezo da primeira volta, agora toca millorar e moito o tramo central da temporada, onde o equipo na primiera volta a pesares de facer moi bos partidos non foi quen de conseguir a vitoria ante ningún equipo, se ben é certo que salvo raras excepcións estivo metido no partido até os derradeiros instantes dos mesmos, onde o equipo rosiña sufríu unha verdadeira sangría de puntos. Polo tanto o equipo debe acudir a estes partidos con moita concentración e sabendo que ten posibilidades de obter puntos en tódolos partidos, e tendo en conta que nesta segunda volta xa se gañou ó terceiro e quinto clasficado (neses intres) como son o Siho e o Bar o Cruce.

Esta semana o equipo recibirá a un vello coñecido como é o Decoraciones Jesús Cao, un equipo ó que os nosos coñecen dende a primeira temporada na que competiron en Vigo en Xogo, en terceira división C, ano no que o equipo decorador (de aquela CTGA) alzouse co campionato ligueiro e co ascenso, mentres que os nosos se ían adaptando a competición recreativa non federada máis importante da cidade. O Decoraciones Jesús Cao chega ó partido tras unha dinámica negativa, que rachou fai ben pouco ó alzarse coa vitoria ante o Bar Clavel, o equipo que visita ó DCM, parecía ser un dos candidatos a estar arriba na clasificación na primeira parte da temporada, poren despois de xogar co DCM entrou nunha dinámica de resultados negativa, que fan que actualmente ocupe a oitava posición, xusto por debaixo do DCM, coa mesma puntuación (23 puntos), se ben é certo que cun partido menos (xa que descansou a semana pasada, polo que acumulad dúas fin de semana sen xogar). No partido de Ida o DCM deixou escapar a vitoria na segunda parte, tras ir gañando por 2-0 na primeira, o equipo rosiña vería como lle empataban o partido nos derradeiros intres do partido, o que sería una premonición do que ía acontecer nos seguintes partidos.

O equipo que vai intentar obter a vitoria esta fin de semana, para poder coller algo de respiro cos postos de descenso, antes de afrontar a súa xornada de descanso, estará composto polos seguintes xogadores. Jorge estará na portería, Chap, Xmon e Vare para a parcela defensiva mentres que os irmáns Santos serán os encargados da parcela ofensiva. É dúbida Emi quen sigue a recuperarse da súa rotura de fibras e que non se saberá até o derradeiro intre se estará dispoñible. Ademais Pablo atopase superando un episodio gripal polo que chegará xusto de forza ó partido. Por outra banda serán baixa Pani que segue en Inglaterra e Yago que foi unha peza clave na derradeira vitoria DCM'ista e que volveu a terras catalanas para proseguir a súa preparación académica. Polo tanto todos os xogadores que finalmente disputen o partido terán que facer un sobreesforzo e rendir ó 100% para compensar as baixas e poder optar ós 3 puntos. Non sería a primiera vez que o DCM é capaz de lograr os 3 puntos ante un rival punteiro cun equipo plagado de baixas grazas a súa solidez defensiva e aproveitando ó máximo ó seu estilo de xogo, como aconteceu en loitas polo ascenso en partidos entre o primieiro e segundo clasificado no pavillón de Manuel Antonio.

 O partido se disputará no magnífico Pavillón de Bembrive, que agardemos que estea en perfectas condicións e non se vexa afectado polas choivas que mañá prevense na cidade olívica. A hora elixida pola organización será ás 17:00 h un magnífico horario para que os seguidores DCM'istas se acerquen a animar ó equipo nos graderios da entidade local menor de Bembrive, sen dúbida serán de moita axuda para poder superar as dificultades que presenta este partido debido ó rival es as posibeis baixas que pode ter o equipo.

Polo tanto xa o saben acudan a Bembrive para animar ó DCM e intentar que o Domingo sexa unha fructífera xornada para os equipos vigueses, xa que xa o saben o Celta  e o DCM, "Habería que Gañar".

HORA: 17:00
DÍA: DOMINGO 07/04/2013
PAVILLÓN: BEMBRIVE

IMOS DCM!!!

(imaxe do pavillón de Bembrive obtida de autoescuelamiluchofs.blogspot.com)

No hay comentarios: