Moi bos días queridos lectores
Tras moito tempo de inactividade
do blog do DCM, volvemos a darlle uso para dar cobertura ó que vai a ser un dos
partidos máis importantes do que vai de campionato para o DCM, xa que ten ante
si a obriga de parar a hemorraxia de puntos acumulada nas derradeiras xornadas,
e que ten levado ó equipo a descender dende a quinta posición até postos de
descenso, onde empata a puntos co rival de esta semana o Piedrajoya.
O equipo DCM'ista se presenta a
este partido tras fracasar no seu asalto ós equipos da zona nobre da
clasificación. Se ben o equipo chegaba ó Tourmalet da liga con unha boa
situación ligueira e enchidos de moral, pouco a pouco tanto a situación
ligueira como a moral dos nosos se foron apagándo co paso dos minutos. O
Tourmalet comezou non demasiado mal, xa que o equipo era quen de empatar, ante
ate o de aquela intratable Decoraciones Jesús Cao, porén nese partido se
deixaría ver un dos graves problemas que levou o equipo á posición ligueira na
que actualmente se atopa, que é a de postos de descenso a segunda división. E é
que o partido contra o Decoraciones Jesús Cao comezaría moi positivamente para
os nosos, xa que obterían unha renda de 0-2 no comezo do partido, pero nos
derradeiros instantes do partido o equipo aqueixaría esa inseguridade de estar
loitando contra un equipo grande e tras ser acurralado polo rival nos minutos
seguintes cedeu dous puntos. Nos seguintes partidos, e salvo a avultada derrota
contra o lider (El Rincón del Poucho), a tónica seguiría sendo a mesma, coa diferenza de que tan so
se obtivo un punto máis, nun partido que o equipo tiña gañado ate a última
xogada e na que o equipo contrario xogaba cunha desestructurada estratexia de
porteiro xogador que o equipo non foi quen de aproveitar. Noutros
dous partidos perdería os seus compromisos no derradeiro minuto e incluso na
última xogada nun partido no que o equipo tiña dous goles de vantaxe a falta de
dous minutos.
Estes paus nos derradeiros
minutos viñeron a baixar a moral dos nosos, que xa debilitados na
clasificación, se enfrontaban a dous equipos da zona media baixa da
clasificación, intentando recuperar os réditos obtidos e sumar uns puntos que
lle permitiran afrontar o final da primeira volta e a segunda, cunha certa
tranquilidade. Poren o equipo mostrouse incapaz de obter un resultado positivo,
e caeu derrotado 4-1 contra o Moho, nun partido no que o equipo DCM'ista tivo 5
minutos negros na primeira parte onde encaixou 3 goles, e 6-3 ante o Parquets
Eloy nun partido no que foi por diante no marcador ate en dúas ocasións (1-0 e
2-1).
Por iso chegou o momento de
concienciarse, de que o equipo entenda da importancia dos puntos desta fin de
semana, de perder o equipo quedaría tocado moralmente, e aínda que queda moita
liga, comezaría a por en seria cuestión a permanencia do equipo nunha división,
que recordemos, custoulle ó equipo DCM'ista 5 anos alcanzar, e o momento de dar
o do de peito para intentar salvar esta situación, e non facer que 5 anos de
inversión tan so deran 2 de gozo. O nivel competitivo da primeira división e
superior ó da segunda, xa que todos os partidos son igualados, e sería unha
pena perder a categoría por unha mala xeira que emborcase ós nosos nunha
dinámica onde non son quen de adiviñar a fórmula para a victoria.
Polo tanto dende aquí arengamos
ós nosos para que o sábado ás 18.00 h, no campo do Calvario, saian
enrabietados, defendan con intensidade e ataquen con soltura, que xa que este
ano os horarios non están a ser favorecedores para ver ó Celta, que polo menos
o equipo faga que esa perda do partido se compense coa obtención dos 3 puntos
na táboa clasificatoria. Polo tanto o equipo terá que dar o 100% para obter os
3 puntos, ante un equipo o Piedrajoya, que non pasa polo seu mellor momento, ó
non ter nada que ver a súa clasificación actual, empatado co DCM coa que tiña o
ano pasado nos postos máis sobranceiros da categoría.
Para este partido, onde o equipo
debe saír concentrado dende o minuto un, e ate o minuto 50, para evitar minutos
de perda de intensidade, e onde o único que debe importar, non debe ser nin o
rival nin o árbitro nin nada, senón só o xogo que este a despregar ó equipo, o
adestrador contará en principio con tódolos membros do plantel, polo que o
equipo debe aproveitar este feito, para conservarse coa maior frescura ó longo
de todo o partido. Polo tanto o equipo contará con Jorge para a portería, Vare,
Davo, Xmon e Chap para a parcela defensiva, e con Emi, Yago, Pani e Pablo para
as posicións ofensivas. Con estes 9 xogadores, cos que o ano pasado conseguiu o
equipo salvar a categoría con cerca folgura, enfrotarase mañá ás 18.00 no
calvario, en medio do entroido e do partido do Real Club Celta de Vigo, o
Deportes Carlos Miguel nun partido clave para saír canto antes dos postos de
descenso, e recobrar unha boa dinámica de resultados que lle permita chegar ó
vindeiro tourmalet do campionato cunha certa marxe de manobra.
Polo tanto, dende aquí dar todo o
noso ánimo ó equipo, e que no partido de este fin de semana, saiamos todos
concentrados 100% no partido, porque de ser así seguro que obtemos a tan
necesaria victoria que faga para a sangría de puntos á que estamos a facer
fronte nos derradeiros partidos.
Un saúdo.
Asinado: Xaime Estévez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario