Moi
bos días, tardes ou noites queridos lectores.
Atopámonos unha semana máis aquí para analizar un partido do Deportes Carlos Miguel, partido que supón dar o pistoletazo de saída á segunda volta da competición, na que o equipo DCM'ista vai ter que mellorar os números da primeira se é que quere continuar unha temporada máis na máxima división da competición recreativa non federada máis importante da cidade.
O
rival que se atopará o Deportes Carlos Miguel será o Siho, que a priori non
parece que sexa o rival máis axeitado para iniciar a escalada clasificatoria,
xa que se atopa nos postos sobranceiros da mesma. Pero antes de entrar na
análise do rival cómpre pararnos a analizar cómo chega o DCM a este
partido.
O DCM
chegatocado na táboa clasificatoria, xa que atópase empatado a puntos cos
postos de descenso, onde se atopa o Piedrajoya, equipo que ten un partido menos
xa que o seu partido contra o Distribuciones Rivas Hannover ven de ser aprazado
e se xogará esta mesma fin de semana. E é normal que o equipo atópese metido no
pozo da táboa clasificatoria, xa que leva dende o 25 de Novembro do ano pasado
sen saber o que é unha vitoria, ou o que é o mesmo dende a xornada número 5, é
dicir, leva 9 partidos sen coñecer o que e sumar 3 puntos (non son 10 xa que unha
xornada entre medias foi de descanso). Era un domingo ese 25 de Novembro cando
o equipo xogaba no maxestoso pavillón de Navia e onde superaba sen moitas
dificultades ó Bar o Cruce, despregando un xogo alegre e vistoso, que viña
inducido polo clima de confianza no que se atopaba o equipo. Nas seguintes
xornadas o DCM tamén xogou con ese xogo alegre o que lle permitiu facerlle
fronte ós equipos altos da táboa clasificatoria, obtendo algúns empates importantes,
porén estes puntos ou derrotas pola mínima ante rivais da zona alta, lonxe de
fortalecer a moral dos nosos foi debilitándoa tan pouco a pouco que ninguén se
foi percatando, e o porqué desta baixada moral ven polo xeito de encaixar as
derrotas ou os empates que sempre chegaban nos derradeiros minutos cando o
equipo se botaba atrás por medo a perder a renda obtida. Isto unido a longa
travesía de partidos sen gañar, nos levan a situacións como as do domingo
pasado onde o equipo a pesar de facer un bo partido, ten eses detalles que
denotan que está na zona baixa da táboa, se o DCM estrela o balón ata 3 veces
no pau, o equipo rival aproveita case que todas as súas ocasións incluso
aproveitando a madeira (salvo nunha acción). Ademais do obxectivo
clasificatorio o equipo leva 3 cartóns amarelos nos últimos 3 partidos do
campionato, poñendo en perigo un dos obxectivos primordiais e nos que se basea
a estabilidade económica do equipo, que non é outro que o de obter o prestixioso
galardón de campión de campións da deportividade, polo que debemos facer mención
a este obxectivo para que estea sempre presente no guión do equipo, e na medida
do posible se eviten os cartóns que sexa posible que non se dean (tendo en
conta que algúns son necesarios no transcurso normal dun partido).
A
pesar de esta situación, non todo é negativo no equipo, tras tocar fondo no
partido contra o Parquets Eloy, o DCM foi quen de lograr un punto ante o
Piedrajoya e non facer un mal partido contra o San Xoan. Porén isto non debe
ser suficiente, porque o equipo xa demostrou nos primeiros partidos de liga que
ten moito máis potencial do que está amosar nos últimos partidos de
competición. A recuperación de parte do xogo do equipo no último partido ten
que ser un sinal positivo, pero non debe deixar satisfeito a ninguén, xa que o
DCM ten que aspirar a intentar rabuñar puntos de tódolos partidos se quere
salvar a categoría, porque ten potencial para iso, e agora tan so falta
trasladalo ó terreo de xogo.
Para
este importante partido, o equipo contará con todo o seu plantel ó completo, para
intentar mellorar dende xa os números da primeira volta, e para iso, ten que
superar o empate conseguido no primeiro partido de competición. Para este
encontro o equipo polo tanto contará, con Jorge na portería, Xmon, Vare, Davo e
Chap para a parcela defensiva, e Yago, Emi, Pani e Pablo para os postos máis
avanzados do equipo. A seriedade posicional do equipo e a competitividade
defensiva van ser claves para que o equipo poida aproveitar e sacar petróleo
das oportunidades que soe crear ó longo do partido. Para este envite tamén será
clave a presenza da afección nas bancadas, unha afección moitas veces
maltratada polo xogo DCM'ista e polos horarios intempestivos, ten agora a
oportunidade de lucir as camisetas coas que agarimosamente lles agasallou o club,
nun horario moi comercial e nun moi bo pavillón tanto para os xogadores como
para os seareiros grazas a disposición das súas bancadas, que permiten seguir
tódolos puntos do campo obtendo unha boa visión da proposta de xogo de ámbolos
dous equipos.
En canto
o rival ó que visitamos esta xornada, o SIHO, como diciamos se atopa nos postos
altos da táboa clasificatoria, 4º clasificado con 9 vitorias, 4 derrotas en tan
só un empate, punto obtido precisamente na primeira xornada contra o DCM, cando
os dous equipos empataron a douses no pavillón do frontón situado no complexo
deportivo das Travesas. Un rival sen dúbida moi complicado para que os nosos
sumen a cuarta vitoria da temporada, pero chegados a esta situación xa non hai
que ver ó rival, tódalas xornadas o equipo debe saír a polos 3 puntos dende o
minuto un, con intensidade e sabendo que cada xogada pode ser importante, cada
un facendo a perfección o seu traballo e colaborando para que o traballo dos demais
se concrete da mellor forma posíbel, e todo iso sen perder de vista o obxectivo
de conquerir o título da deportividade ó final desta temporada.
Polo
tanto seareiros xa o saben, este fin de semana non hai escusas, perfecto
pavillón, perfecto horario, camisetas postas e animar ó DCM para que o vindeiro
ano podamos seguir gozando do equipo rosiña no máis alto da competición
recreativa non federada máis importante da cidade e da comunidade.
HORA:
21:00
PAVILLÓN:
LAVADORES (CALVARIO)
IMOS
DCM!
No hay comentarios:
Publicar un comentario