lunes, 12 de marzo de 2012

“Unha vitoria para abrir oco” DCM 5-4 UrbaOsCabazos

A fortuna quixo adicar unha última vitoria a Quique no día da súa despedida como rosiña polo que resta de tempada. Os seus compañeiros non estiveron finos, pero un chisco de sorte decantou un partido de moitas ocasións e onde o traballo defensivo de ambos equipos deixou moito que desexar.

Chegaba o DCM algo confiado a esta 19º xornada do campeonato. As tres últimas xornadas sen perder ante equipos poderosos, facía pensar ós nósos que enfrontarse a un dos equipos que ocupan o descenso sería moito máis sinxelo.
Era o último encontro de Quique antes de marchar a terras austríacas, pero o seu nocello e o axustado do marcador non lle permitiron despedirse no terreo de xogo.

Urba saíu dominando. Movían o esférico de banda a banda con bastante axilidade. O DCM deixaba facer, defendía colocado e iso era suficiente para que o rival non levase excesivo perigo cara a meta de Jorge. Cando a posesión era Dcmista, Urba pechábase tamén en campo propio e os minutos transcorrían con poucas ocasións.
Pero o maior dominio de Urba e a falta de contragolpes dcmistas que a diferenza doutros partidos, non eran quén de recuperar nin un só balón, foron inclinando o campo cara a portería de Jorge.
Cada vez o DCM saía menos de campo propio. Cada vez Urba atopaba máis ocos e menos intensidade dos rosiñas. Consecuencia diso chegaría o primeiro gol, nun disparo franco dende a frontal da área do atacante rival tras machar con moita facilidade da primeira liña de presión dcmista. 0-1.
O gol trouxo consigo os peores minutos do DCM no encontro. Por fortuna, o rival non foi decididamente a polo partido, senón que continuaba buscando as ocasións con calma e longas posesións de balón. Sufríu moito o DCM neses minutos, onde incluso os visitantes lanzaron por mediación do "Rubio" un balón ó pau, pero por fortuna o marcador non se moveu.
E minutos antes do descanso, o equipo volveu espabilar. Chegaron un par de ocasións e nunha delas, Vare abría cara Pablo quen dende banda esquerda metía un balón a media altura para a chegada de Emi pero o centro petaba na man do rival e Arango asubiaba o penalti.
Emi transformaba e facía o empate xusto antes do descanso 1-1.

A segunda metade comezaría moi ben para os intereses dcmistas. Por fin o equipo lograba unha contra moi ben levada por Pablo que servía para que Pani culminase tras unha gran carreira dende atrás con agarrón incluido. Era o 2-1.
Pero respostou Urba e de que maneira. En escasos minutos ía facer 3 goles en sendos erros defensivos que levaban o partido ó 2-4. Un deles tamén chegaría de penalti cometido por Jorge tras un balón rexeitado.
O partido estaba moi costa arriba para os dcmistas.
Tocaba facer unha xesta. O equipo volcouse, pero os seus primeiros intentos de reducir diferenzas foron nulos e o que tivo as ocasións máis claras foi Urba quen puido sentenciar o partido pero errou na definición.
Pero de novo, o igual que sucedera nos últimos minutos da primeira metade, o equipo rexurdíu. Vare recurtaba distancias con tiro cruzado dende a frontal tras pase de Emi 3-4.
O empate chegaría tras parede de Pablo con Vare quen devolvía para que Pablo anotase a porta baleira 4-4.
Pedíu entón tempo morto o DCM. Estaba feito o máis difícil, pero agora o equipo recuperara o seu nivel habitual e podía aspirar a máis.
O rival cometeu unha falta en tres cuartos de campo. Vare sacaba cara Pablo quen buscaba o lanzamento dende banda esquerda, e Chape con gran intuición tocaba co calcaño dito disparo para superar ó porteiro. Golazo de Chape e victoria Dcmista por 5-4.

Esta victoria serve para rachar un chisco a clasificación. O DCM queda a 7 puntos do descenso e a vindeira semana visitará ó penúltimo.
Partido tamén de gran importancia antes de afrontar unha serie de encontros ante rivais da zona alta.
Agardemos que os nósos aprenderan que deben estar ó 100%.

Quedan coas imaxes do partido!
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/120310DCMOsCabazos?authkey=Gv1sRgCN-5lp-h9NPh1wE

No hay comentarios: