miércoles, 14 de marzo de 2012

"A relaxación e o Xestas, rivais desta semana"

Os 9 últimos puntos acadados de 9 posibles, otorgaron ó DCM un colchón de 7 puntos sobre o descenso. O equipo cumpríu con creces o seu traballo nestes primeiros partidos da segunda volta. Pero iso pode provocar que os nósos comecen a calificar algún que outro tropezón como asumibles. É certo que a renda obtida vai permitir algún tropezo ós nósos, pero todavía é moi cedo para gastar esa vantaxe, e máis cando o calendario fai que os nósos visiten nesta xornada ó penúltimo clasificado, o Xestas, dando a posibilidade de incrementar todavía máis a vantaxe cos postos de descenso.

Esa sensación xa estivo algo presente ante UrbaOsCabazos, onde o equipo non acabou de estar metido de cheo no encontro ata que as cousas puxéronse moi negras e houbo que poñer toda a carne no asador para remontar.
Por iso, os rosiñas deben saber que todavía non hai nada feito, que toca seguir loitando cada partido como unha verdadeira final e só cando as matemáticas aseguren a permencia, poderá falarse de algo de relaxación.
Ademáis, segue tamén moi vivo o outro obxectivo do equipo esta tempada, a deportividade. De momento os nósos presentan uns números moi aceptables, pero non poden esquecerse nin un partido da importancia de non ver cartóns, xa que de momento outros rivais como o Acerón levan vantaxe na clasificación xeral (con tan só 3 tarxetas amarelas).

O rival, chega dunha xeira negativa de resultados, penúltimo na táboa, e ademáis con dous sancionados esta mesma semana; pero este partido ante o DCM é unha das súas últimas opcións de achegarse á permanencia, polo que será un rival moi perigoso. Na ida os nósos sumaron ante Xestas a súa primeira victoria na categoría, por un axustado 1-0 con gol de Pablo.

O DCM chega coas baixas de Quique e Yago. O resto, salvo contratempo, deberían formar parte da convocatoria.

Imos rapaces! Hai que continuar coa xeira! Partido moi importante!

DOMINGO ÁS 14:00 HORAS NO PAVILLÓN DE LAVADORES

1 comentario:

Anónimo dijo...

Un saudo dende o cambalache,somos autenticos fans do dcm.o voso xogo chea de orgullo os nosos corazons.agardamos que poidades acadqr unha vitoria este vindeiro domingo para desta forma acadar un colchon de puntos co descenso de categoria