jueves, 29 de marzo de 2012

"Medio billete para a permanencia" BarOCruce - DCM


O duelo deste domingo entre DCM e Bar o Cruce, trátase dun encontro entre dous equipos empatados a 28 puntos, na oitava posición da táboa.
Un partido, que otorgará ó vencedor medio billete para seguir un ano máis na máxima categoría, e é que a xornada déixanos enfrontamentos difíciles para todos os equipos da zona baixa, polo que o gañador destes tres puntos, situarase probablemente a 12 puntos do descenso e con tan só oito xornadas por desputar.

É unha oportunidade única para ambos, xa que ademáis o calendario incrementa a súa dificultade nas vindeiras xornadas (ambos equipos deberán enfrontarse ós dous primeiros clasificados, matamá e hannover, e o DCM tamén a un reforzado Dec.Jesús Cao).

Por todo iso agardamos un fermoso e desputado partido.

Os DCMistas contarán coa baixa de Quique, e aínda que Yago regresará par esta semana de terras catalás, arrastra unha escordadura de nocello que lle impedirá estar sobre o campo.

DOMINGO ÁS 12:00 HORAS, PAVILLÓN DA MINA (onde se a memoria non nos falla, o DCM todavía non conseguíu vencer esta tempada), NON O PERDAN!!!

lunes, 26 de marzo de 2012

"Un reforzado Mazda acaba coa xeira Dcmista" DCM 3-7 Mazda


A xeira de cinco xornadas consecutivas sen coñecer a derrota chegou ó seu fin. O Augasa Mazda, reforzado con numerosos e talentosos fichaxes foi superior a un DCM que tentouno e esforzouse todo o que as altas temperaturas do Pavillón de Lavadores lle permitiron. Os nósos tiveron opcións no partido e ata os últimos minutos non se decantou o atractivo encontro.

Desputado encontro o vivido nesta xornada a máis de 28ºC. Ambos equipos loitaron pola vitoria e ó final impúxose a maior calidade e fondo de armario do Mazda, un equipo feito para loitar polo título ó principio da tempada e que sufríu unha restruturación neste mercado invernal coa chegada de xogadores de moita calidade. Mazda convírtese desta maneira no primeiro equipo capaz de vencer ós dcmistas tanto na ida como na volta. Ademáis continúa a contar os seus enfrontamentos cos nósos por vitorias, convertíndose nunha verdadeira besta negra do DCM.

O partido principiaría con gol dun deses comentados fichaxes dos visitantes que o faría tras potente disparo 0-1.
O DCM non se rendíu, e aproveitando o punto débil do rival, a concentración defensiva, conseguiría empatar. Sería Pablo (a pase de Vare tras un despiste defensivo nun cambio) o que anotaría o 1-1 con disparo cruzado dende a banda esquerda.
E chegaría a pórse por diante o equipo rosiña tras unha contra de dous para un con Vare e Pani como protagonistas. Vare lanzaba en primeira instancia pero Tono rexeitaba cunha boa intervención, e Pani recollía o despexe e enviaba o balón ó fondo das redes poñendo ó seu equipo por diante 2-1.
Pero a escasos minutos do final da primeira metade, Mazda devolvería as táboas ó marcador tras disparo dende a frontal da área (recurso habitual dos rivais nas últimas datas para superar o sistema defensivo dcmista). 2-2.

Tralo descanso, Mazda incrementou a presión a todo o campo e con dous grandes accións levaría o partido ó 2-4. Disporía entón o DCM de moitas ocasións para recurtar distancias, pero mostrouse negado de cara a porta rival.
Sería de novo Mazda o que anotaba o 2-5, ó que rápidamente respostaba o DCM co 3-5 tras o saque de centro. De novo sería Pani o goleador a pase de Emi.
E de novo terían opcións os dcmistas para achegarse no marcador, pero o cansazo e a boa actuación do gardamallas rival o impediron.
Nos últimos minutos, co DCM volcado e agotado, Mazda sentenciaba o encontro en dous contragolpes ante os que nada podía facer Jorge. 3-6 e 3-7.

Remataba así o partido e a xeira dcmista. Derrota asumible polos nósos, xa que o rival é superior ó nóso equipo. Toca xa centrarse no importante partido da vindeira semana ante un rival que está empatado a puntos cos Dcmistas, o Bar O Cruce. Despois chegará o descanso por Semana Santa.

Imos rapaces!

jueves, 22 de marzo de 2012

"Exame para subir nota" DCM-Mazda

Co aprobado máis que conseguido a estas alturas de tempada, o DCM recibe a unha das súas bestas negras, o AugasaMazda, rival ante o que o DCM conta por derrotas os seus enfrontamentos. Coincidiron unha tempada en segunda (o rival denominábase LaCasita) e na ida desta tempada, e nos tres partidos, os nósos saíron derrotados..

Nesta 21º xornada, os nósos desputarán un partido que será unha oportunidade magnífica para demostrarse a sí mesmos se realmente poden competir por estar de metade de táboa cara arriba, ou lles toca seguir sufrindo.

As últimas informacións que chegan do rival, din que está a pasar por compricacións nas últimas datas para completar as convocatorias. Dúas lesións no último encontro ante Dec.JesúsCao no que caeron derrotados por un contundente 1-10 podería facer que só puidesen presentar 5 xogadores. Pero sexan cinco ou dez, de seguro que son xogadores de moitísimo nivel, e é que estamos a falar dun dos teóricos candidatos ó título de liga a principio de tempada. Algún dos seus xogadores son ademáis vellos coñecidos dos nósos por ter desputado a Liga Loiola.

Os nósos, chegarán cos habituais e agardemos saiban adaptarse as especiais condicións "meteorolóxicas" do pavillón de Lavadores, onde xa sufriron falta de ritmo e osíxeno na pasada xornada.
Se o equipo non mellora as prestacións que amosou nas últimas semanas, sairá derrotado, pero paga a pena que os nósos fagan un esforzo extra para vencer a un dos grandes da liga, afianzarse na zona morna da táboa e desfrutar dunha gran vitoria. Para iso, toca traballar.

DOMINGO ÁS 17:00 HORAS, PAVILLÓN DE LAVADORES, NON O PERDAN!!!
Algúns dos partidos da división están afectados pola folga do IMD, polo que quedarán pendentes de desputar.

lunes, 19 de marzo de 2012

"O DCM amplía o colchón antes dun difícil calendario" Xestas 0-2 DCM

Un Xestas moi mermado de efectivos (só cinco xogadores) e afundido na clasificación, permitíu que os nósos sumaran tres novos puntos nun partido no que o equipo non tivo o seu día, custoulle elaborar e anotar, e deixou chegar vivo ó rival ata os minutos finais de encontro, nos que Jorge evitou o susto.

Esta victoria amplía a 9 puntos a vantaxe respecto ó descenso, pero agora chega unha longa serie de partidos moi difíciles. Os nósos terán que mellorar o nivel destas últimas semanas se queren sacar puntos nos vindeiros choques. Ademáis tódolos rivais incrementaron o seu nivel, segundo informan dende a web do Hannover, e é que moitos equipos reforzáronse neste mercado invernal; entre outros Mazda (próximo rival dos dcmistas), Hannover, Decoraciones Jesús Cao e incluso o ata agora colista Gamusinos, que semella fichou xente de nivel e dará moita guerra de aquí a final de tempada.

A euforia deberá agardar. A pesares de levar nesta segunda volta uns números de campión (4 vitorias e un empate), o DCM non ten todavía os deberes feitos, e ademáis o rendemento do equipo baixou un chisco nas últimas xornadas, onde os nósos estiveron espesos e non acabaron de facer todo o que saben.
Por fortuna sacáronse moitos máis puntos do agardado e a situación a estas alturas é privilexiada.

No partido de onte, o DCM tentou impor un ritmo alto ó encontro, ó observar que Xestas non tiña cambios. Pero ese intento dos dcmistas foise diluindo, e convertíndose nunha arma perigosa, xa que o equipo descolocouse defensivamente en máis dunha xogada. Xestas pola contra, conseguíu manterse físicamente enteiro durante case todo o partido.
Nos primeiros minutos os nósos mereceron o gol, pero éste non chegou ata mediada a primeira metade e tras gran xogada individual de Emi que semellaba desatascar o partido. 0-1.
Pero as cousas non cambiaron. O DCM era incapaz de rachar o marcador con outro gol e o rival comezaba a levar o perigo á meta de Jorge, máis por demérito defensivo dos dcmistas (que parecían non preocuparse polos ataques do rival) que por méritos do Xestas.

E as cousas empeoraron todavía máis na segunda metade. Tentábao o DCM de moitas maneiras en ataque pero afogábase ó chegar á área rival, e de novo, por exceso de confianza, permitía disparos sinxelos do rival. Por fortuna, todos eles atopáronse cun Jorge moi concentrado que detivo máis dun balón envelenado.
Cando o encontro chegaba ó seu fin, Pablo faría o 0-2 definitivo tras asistencia de Emi, levando tranquilidade á parroquia Dcmista.

Moi importante que o equipo sexa capaz de gañar en días onde non está fino, pero moito máis importante será recuperar o nivel doutros encontros e achegarse un chisco ó nivel que algúns xogadores estań a mostrar nos adestramentos, onde sen presión, os nósos xogan a pracer e deixando xogadas de moitísimo nivel.
Rematada esta serie de tres partidos ante rivais da zona baixa, comeza un duro tramo da competición. Imos!
Esta semana está convocada unha nova folga do IMD, polo que haberá que agardar ás negociacións entre traballadores e concelleiro para saber se finalmente hai folga e como afecta iso á competición. Manterémosvos informados.

miércoles, 14 de marzo de 2012

"A relaxación e o Xestas, rivais desta semana"

Os 9 últimos puntos acadados de 9 posibles, otorgaron ó DCM un colchón de 7 puntos sobre o descenso. O equipo cumpríu con creces o seu traballo nestes primeiros partidos da segunda volta. Pero iso pode provocar que os nósos comecen a calificar algún que outro tropezón como asumibles. É certo que a renda obtida vai permitir algún tropezo ós nósos, pero todavía é moi cedo para gastar esa vantaxe, e máis cando o calendario fai que os nósos visiten nesta xornada ó penúltimo clasificado, o Xestas, dando a posibilidade de incrementar todavía máis a vantaxe cos postos de descenso.

Esa sensación xa estivo algo presente ante UrbaOsCabazos, onde o equipo non acabou de estar metido de cheo no encontro ata que as cousas puxéronse moi negras e houbo que poñer toda a carne no asador para remontar.
Por iso, os rosiñas deben saber que todavía non hai nada feito, que toca seguir loitando cada partido como unha verdadeira final e só cando as matemáticas aseguren a permencia, poderá falarse de algo de relaxación.
Ademáis, segue tamén moi vivo o outro obxectivo do equipo esta tempada, a deportividade. De momento os nósos presentan uns números moi aceptables, pero non poden esquecerse nin un partido da importancia de non ver cartóns, xa que de momento outros rivais como o Acerón levan vantaxe na clasificación xeral (con tan só 3 tarxetas amarelas).

O rival, chega dunha xeira negativa de resultados, penúltimo na táboa, e ademáis con dous sancionados esta mesma semana; pero este partido ante o DCM é unha das súas últimas opcións de achegarse á permanencia, polo que será un rival moi perigoso. Na ida os nósos sumaron ante Xestas a súa primeira victoria na categoría, por un axustado 1-0 con gol de Pablo.

O DCM chega coas baixas de Quique e Yago. O resto, salvo contratempo, deberían formar parte da convocatoria.

Imos rapaces! Hai que continuar coa xeira! Partido moi importante!

DOMINGO ÁS 14:00 HORAS NO PAVILLÓN DE LAVADORES

lunes, 12 de marzo de 2012

“Unha vitoria para abrir oco” DCM 5-4 UrbaOsCabazos

A fortuna quixo adicar unha última vitoria a Quique no día da súa despedida como rosiña polo que resta de tempada. Os seus compañeiros non estiveron finos, pero un chisco de sorte decantou un partido de moitas ocasións e onde o traballo defensivo de ambos equipos deixou moito que desexar.

Chegaba o DCM algo confiado a esta 19º xornada do campeonato. As tres últimas xornadas sen perder ante equipos poderosos, facía pensar ós nósos que enfrontarse a un dos equipos que ocupan o descenso sería moito máis sinxelo.
Era o último encontro de Quique antes de marchar a terras austríacas, pero o seu nocello e o axustado do marcador non lle permitiron despedirse no terreo de xogo.

Urba saíu dominando. Movían o esférico de banda a banda con bastante axilidade. O DCM deixaba facer, defendía colocado e iso era suficiente para que o rival non levase excesivo perigo cara a meta de Jorge. Cando a posesión era Dcmista, Urba pechábase tamén en campo propio e os minutos transcorrían con poucas ocasións.
Pero o maior dominio de Urba e a falta de contragolpes dcmistas que a diferenza doutros partidos, non eran quén de recuperar nin un só balón, foron inclinando o campo cara a portería de Jorge.
Cada vez o DCM saía menos de campo propio. Cada vez Urba atopaba máis ocos e menos intensidade dos rosiñas. Consecuencia diso chegaría o primeiro gol, nun disparo franco dende a frontal da área do atacante rival tras machar con moita facilidade da primeira liña de presión dcmista. 0-1.
O gol trouxo consigo os peores minutos do DCM no encontro. Por fortuna, o rival non foi decididamente a polo partido, senón que continuaba buscando as ocasións con calma e longas posesións de balón. Sufríu moito o DCM neses minutos, onde incluso os visitantes lanzaron por mediación do "Rubio" un balón ó pau, pero por fortuna o marcador non se moveu.
E minutos antes do descanso, o equipo volveu espabilar. Chegaron un par de ocasións e nunha delas, Vare abría cara Pablo quen dende banda esquerda metía un balón a media altura para a chegada de Emi pero o centro petaba na man do rival e Arango asubiaba o penalti.
Emi transformaba e facía o empate xusto antes do descanso 1-1.

A segunda metade comezaría moi ben para os intereses dcmistas. Por fin o equipo lograba unha contra moi ben levada por Pablo que servía para que Pani culminase tras unha gran carreira dende atrás con agarrón incluido. Era o 2-1.
Pero respostou Urba e de que maneira. En escasos minutos ía facer 3 goles en sendos erros defensivos que levaban o partido ó 2-4. Un deles tamén chegaría de penalti cometido por Jorge tras un balón rexeitado.
O partido estaba moi costa arriba para os dcmistas.
Tocaba facer unha xesta. O equipo volcouse, pero os seus primeiros intentos de reducir diferenzas foron nulos e o que tivo as ocasións máis claras foi Urba quen puido sentenciar o partido pero errou na definición.
Pero de novo, o igual que sucedera nos últimos minutos da primeira metade, o equipo rexurdíu. Vare recurtaba distancias con tiro cruzado dende a frontal tras pase de Emi 3-4.
O empate chegaría tras parede de Pablo con Vare quen devolvía para que Pablo anotase a porta baleira 4-4.
Pedíu entón tempo morto o DCM. Estaba feito o máis difícil, pero agora o equipo recuperara o seu nivel habitual e podía aspirar a máis.
O rival cometeu unha falta en tres cuartos de campo. Vare sacaba cara Pablo quen buscaba o lanzamento dende banda esquerda, e Chape con gran intuición tocaba co calcaño dito disparo para superar ó porteiro. Golazo de Chape e victoria Dcmista por 5-4.

Esta victoria serve para rachar un chisco a clasificación. O DCM queda a 7 puntos do descenso e a vindeira semana visitará ó penúltimo.
Partido tamén de gran importancia antes de afrontar unha serie de encontros ante rivais da zona alta.
Agardemos que os nósos aprenderan que deben estar ó 100%.

Quedan coas imaxes do partido!
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/120310DCMOsCabazos?authkey=Gv1sRgCN-5lp-h9NPh1wE

viernes, 9 de marzo de 2012

"Moito máis que tres puntos" DCM - UrbaOsCabazos

A cuarta xornada desta segunda volta (19º do campionato), ofrécenos mañán sábado ás 18:00 no pavillón de Manuel Antonio un partidazo pola permanencia.
E é que en caso de vencer, o DCM deixaría moi tocado ó rival que agora mesmo é o que marca o descenso. Un rival que foi o primeiro en permitir sumar puntos ós dcmistas nesta primeira división, tras un empate 1-1. Naquel encontro, un vello coñecido dos nósos, ex de Mun2 Guadarrama mancouse na primeira xogada do partido, pero seguro que mañán porá as cousas moi difíciles ós nósos defensas e a Jorge, como facía en tempos pasados.
Ademáis, será a despedida de Quique coa elástica Dcmista para o que resta de tempada pola súa viaxe ó estranxeiro. Unha pequena escordedura de nocello no adestramento de onte o convirte en dúbida, pero de seguro que as súas gañas de desputar uns últimos minutos cos nósos fan que entre na convocatoria.
Será tamén o segundo encontro de David cos nósos.
O resto (agás Yago), e salvo baixa de última hora estarán a disposición do adestrador.

Partidazo por todo o algo.
A permanencia en xogo!!! E a despedida de Quique!!! non o perdan!!!

SÁBADO ÁS 18:00 NO PAVILLÓN DO MEIXOEIRO!!

lunes, 5 de marzo de 2012

“Escalando posicións” T.Cahersa 0–4 DCM




O DCM logra nesta 18º xornada unha importantísima victoria que os sitúa nunha zona tranquila da táboa (9º). O equipo consegue dúas victorias consecutivas por primeira vez na tempada, remata coa portería a cero por segunda vez e leva xa sete puntos máis que na primeira volta. David debutou facendo un partido moi serio e deixando claro que o clube acertou coa súa fichaxe. Co paso dos partidos será peza indispensable na defensa.

Con intensidade defensiva e efectividade en ataque, levouse o DCM o encontro ante un rival directo que pesoulle moito ir por detrás no marcador.
Oito xogadores formaron a convocatoria do equipo. Yago e Emi eran baixas e David estreábase coa elástica rosiña.
Os primeiros minutos foron de tanteo. Ambos equipos deixaban xogar ó adversario sen chegar a inquedar ós seus respectivos gardamallas. O DCM atopábase cómodo e soubo ver que debía manterse firme en defensa e aproveitar algún despiste do rival ou algunha boa combinación do equipo.
E así sería. Ós cinco minutos, un balón controlado por Vare na súa propia parcela, convertiríase no primeiro gol ante as facilidades defensivas que deu o rival, e é que o defensa dcmista observaba a posición adiantada dos rivais e servía un balón en longo que superaba ó marcador de Quique e deixaba, ó hoxe dianteiro dos dcmistas, só ante o gardamallas. Quique non perdoaba e facía o 0-1. Gran xeira goleadora a que leva o 9 antes de marchar cara o estranxeiro.
Por diante no marcador, as cousas eran máis sinxelas para os nósos que centráronse na defensa e limitaban a contragolpes o seu traballo ofensivo.
E máis de cara poríase a cousa intres despois, cando Pablo loitaba con moita fé un balón aparentemente sinxelo para a defensa local e facía o 0-2.
Debutaba entón David co dorsal 6 nas costas co equipo dcmista.
O rival deu un arreón e comezou a crear perigo, pero o propio David apareceu providencial en dúas ocasións para curtar o ataque rival. Tamén Chape e Xmon estiveron moi acertados en defensa.
Respostou o DCM a ese arreón dos locais cun novo gol de Pablo quen aproveitaba un preciso servizo de Jorge de saque de portería (moi preciso o gardamallas dcmista onte nos saques en longo). 0-3 e doblete de Pablo.
Moi duro o golpe para o Cahersa cando máis intención estaban a pór en recurtar diferenzas.
Desapareceu entón do partido o equipo local e o DCM tivo máis ocasións claras. Quique errou un pase da morte de Pablo e un man a man co gardamallas (o que provocou duras críticas das siareiras jeje) e tamén lanzou un balón ó pau.
Pero xusto antes do descanso, sentenciaba o DCM aproveitando outro balón en longo cara Pani que conectaba unha fermosísima volea. 0-4

Tralo descanso máis do mesmo.
Incapacidade dos rivais para crear excesivo perigo e contragolpes dcmistas que desta vez non atoparían porta.
Tan só o colexiado puxo algo de emoción ó encontro ó asubiar 5 faltas ós dcmistas con moitos minutos por diante. Pero iso centrou todavía máis ós nósos en defensa e souberon aguantar sen cometer a sexta infracción.

Con esta victoria o equipo escala posicións, colocándose 9º. Agora o obxectivo é asentarse nesta zona tranquila da táboa. Para iso, serán claves os vindeiros dous encontros ante dous rivais que ocupan actualmente postos de descenso (Urba e Xestas). Dúas victorias significarían achegarse moitísimo ó obxectivo dcmista.

Só queda agradecer ás afeccionadas a súa presenza e o almorzo que levaron ós xogadores pola victoria :)

Quedan coas imaxes do encontro no seguinte enlacer por cortesía da nosa fotógrafa:
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/040312TCahersaDCM?authuser=0&authkey=Gv1sRgCLOc-auf7qST4gE&feat=directlink

jueves, 1 de marzo de 2012

“Na búsqueda de estabilidade” T.Cahersa – DCM



Na 18º xornada de liga, o DCM buscará estabilidade estructural e clasificatoria.

Para lograr a primeira de elas, o equipo ven de pechar a contratación dun novo xogador que se une á familia Dcmista. Trátase de David Santos, xogador de vocación defensiva, con xuventude e boa planta. David chega avalado polo presidente e polo seu irmán Pablo, que se incorporou ó DCM en setembro e xa se converteu en peza fundamental deste equipo. Con esta fichaxe, o plantel Dcmista chega ós 10 xogadores, o que en principio permitirá levar con maior versatilidade a habitual baixa de Yago e a probable futura baixa de Quique.
David xa conta co transfer para debutar este mesmo domingo.

Por outra banda, e asimilada xa a gran victoria ante Piedrajoya, o equipo busca refrendar ese bo facer con tres novos puntos que serán esenciais para continuar ese intento de fuxida dos postos de descenso, algo que de momento non está a ser posible polo bo facer de tódolos equipos da zona baixa.
Unha victoria ante Cahersa, sí permitiría obter un mínimo colchón para afrontar dificultades futuras.
O rival, atópase dous puntos por encima dos nósos, polo que falamos dun rival directo pola loita da permanencia. O talleres cahersa, tiña escapado un chisco nas últimas datas, pero as dúas derrotas sufridas o pasado fin de semana ante Mazda 0-4 e JesúsCao 3-5 (tiña un partido atrasado), o meten de novo en dificultades.
Na ida, xa conseguiran vencer ós Dcmistas nun partido moi igualado que se decidíu despois de moita polémica e unha desafortunada xogada para os nósos pola lesión de Jorge.

Para este encontro, o equipo contará coas baixas seguras de Emi e Yago. Agárdase que todos os demáis poidan entrar na convocatoria, incluíndo a David, que podería estrearse coa elástica Dcmista.

Moitísimo por ver neste igualado encontro. Non o perdan!!!
DOMINGO ÁS 10:00 HORAS NO PAVILLÓN DE BEMBRIVE