sábado, 21 de mayo de 2011

"Un DCM matemáticamente ascendido busca máis logros"






A recta final de tempada, un tanto extrana para os nosos debido ós escasos encontros xogados nas últimas datas (polo calendario e a expulsión de equipos), pero moi beneficiosa xa que trouxo consigo o ascenso matemático do equipo á máxima categoría da VigoEnXogo, fai que os derradeiros 3 encontros do equipo vaian desputarse cos deberes máis que feitos, pero con moita ilusión xa que hai opcións de conseguir moitos máis logros que só o ascenso directo.

E é que o equipo loitará nestes tres últimos partidos ante FrutasNieves, Lecer e NK por o Premio da Deportividade da categoría e polo Xeral de toda a competición, polo Título de Liga (que trae consigo o fantástico premio de desputar o torneo de campións), polo trofeo ó equipo máis goleador e polo trofeo ós menos goleados.

Polo tanto, co principal obxectivo cumplido, os nósos teñen ante sí unha oportunidade única de selar un ano fantástico.
Para iso non poden errar nos últimos tres encontros, deben xogalos todos con moitísima cabeza.
- O primeiro será gañar os tres partidos que restan(agardando desta maneira un pinchazo do líder, o ParquetsEloy que permita arrebatarlles a 1ª praza... será moi complicado)
- Despois pensar en defender a nosa portería con unllas e dentes co fin de loitar polo zamora (o ParquetsEloy tamén parte como favorito neste apartado xa que ten que desputar un encontro menos que o DCM)
- Tras iso, asegurar o trofeo ós máis goleadores da división (algo máis asequible segundo os números, só se os rivais acadan grandes goleadas o porían en perigo)
- E coma sempre xogar con toda a deportividade que nos caracteriza


Polo tanto moito en xogo e moita emoción para estas 3 últimas xornadas.

Para comezar un rival moi temido, un FrutasNieves que vai desputar o seu último encontro da tempada coa intención de rematar co bo sabor dunha victoria. Un rival que xa puso en moitos apretos ó DCM na primeira volta... agardemos que o equipo aprendera que xogando ó 95% o Frutas ganaralles o encontro, necesítase o 100% de actitude e concentración. Un Frutas que ademáis, ó igual que o Levante, pode recibir algún maletín motivador xd.
Os nósos ademáis chegarán bastante descentrados do campionato xa que fai moito tempo que non sinten o ritmo de competición con tanto parón ligueiro, e que é case como o primeiro partido de cada tempada, onde ó equipo cústalle moito reencontrarse a sí mesmo. Agardemos que o consiga.

Así que xa saben, Domingo día de eleccións, ás 9:00 horas no Campo da Mina!! e se non queren madrugar, toda a información neste blog!

Aliñación probable:

----Jorge----
-Quique--Pali-
-----Emi------
----Yago------

SIGAN PARTICIPANDO EN VAI-Á-PORRA

No hay comentarios: