O DCM afronta a penúltima xornada de liga coa intención de manter as opcións de alzarse co título ligueiro e co de menos goleado. Para iso deberá gañar o encontro do domingo ante o Lecer e tentar manter a súa portería a cero. Desa maneira, todo decidiríase na derradeira xornada, no DCM-NK e nun interesantísimo P.Eloy-Caf.Zeus.
Pero antes de chegar a esa última xornada hai que superar ó Lecer un equipo rocoso e que sabe pór en dificultades a tódolos adversarios.
O DCM sabe da dificultade do partido e do rival.
Para este encontro, o equipo contará (con probabilidade) coa baixa de Yago, por estar a disputar un torneo en terras ourensás. Serán pois os seis habituais os encargados de sacar adiante os tres puntos.
Jorge terá a motivación de non encaixar goles para desputarlle o zamora ó gardamallas do Eloy e Emi tamén afronta o encontro cunha motivación especial por ser vellos coñecidos seus.
Así que xa saben, para ter emoción na derradeira xornada, primeiro toca superar o obstáculo do Lecer. Mañá domingo ás 11:00horas no campo da Mina.
Aliñación probabel:
---Jorge---
-Vare-Quique-
----Pani----
----Emi----
Non o perdan! e sigan participando en Vai-Á-Porra
sábado, 28 de mayo de 2011
"A manter as opcións" Lecer-DCM
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario