martes, 24 de mayo de 2011

"O P.Eloy non cede á presión dcmista" DCM 6-3 F.Nieves




O DCM cumpríu parte dos seus obxectivos no encontro vespertino deste domingo ó vencer nun igualado encontro a un bo FrutasNieves por 6 goles a 3. Victoria e tres novos puntos que pasaban á presión ó partido do P.Eloy, pero os líderes non erraron e volven botar a pelota do lado Dcmista, xa que eles descansa esta fin de semana, e os nosos non poden errar ante o Lecer.
O obxectivo de ser os máximos goleadores está moito máis preto ó quedarlle ós amarelos un só encontro para remtar, sen embargo, ser os menos goleados pasa por case non encaixar ningún gol nos dous últimos encontros.
A deportividade está un encontro máis cerca.

Custoulle ó DCM e moito sacar adiante o encontro ante FrutasNieves. Sabíase da dificultade do rival e da dificultade do encontro ó levar moito tempo sen xogar. Por sorte, nos primeiros dez minutos de encontro, o Frutas mostrouse bastante temeroso e apenas pasou de medio campo, deixando o esférico a un DCM que a pesares de ter a posesión non puido máis que anotar un gol. Foi obra de Emi tras gran asistencia de Yago.
O Frutas comezaba a aparecer tralo gol, pero sería nun grave erro defensivo dos dcmistas nos que atoparía porta para facer o 1-1.
Voltaría a coller vantaxe o DCM pero a pouco do descanso de novo erro e falta de contundencia para sacar un balón e 2-2.

As cousas non pintaban ben xa que Frutas quitárase de enriba os primeiros minutos e cada vez estaba máis e mellor no encontro. O DCM sabía que faltáballe movilidade arriba para recuperar o esférico e por fortuna soubo facelo na segunda metade.
Un Pani que xa no último partido ante o Zeus fora o home máis aplaudido pola bancada, volveu a erixirse protagonista no encontro ante o Frutas e deu a chispa que lle faltaba o equipo para desequilibrar o encontro.
Anotaba moi pronto o DCM o 3-2 e chegaba despois o 4-2, pero de novo Frutas recurtaba diferenzas tras un lanzamento de falta 4-3.
Pani tras un saque rápido de falta, facía un golazo con disparo raso e lonxano levando de novo a tranquilidade á parroquia Dcmista 5-3. E Quique nos derradeiros compases facía tamén un gran gol cun pontente tiro dende fora da área 6-3.


Agora a pensar xa no Lecer. Será obrigatorio gañar para que todo se decida na última xornada cun Parquets-Zeus e un DCM-NK.
Un cordial saúdos.

No hay comentarios: