O DCM será equipo de primeira división a vindeira tempada salvo catástrofe maiúscula. A vitoria de onte nun vistoso partido permite ós nósos pór pé e medio en 1ª.
Aínda que non matemáticamente, os nosos son virtualmente equipo de 1ª, e é que tan só necesitan un punto nos tres partidos que lle restan para o remate da tempada para asegurar o ascenso (ou que Caf.Zeus pinche nalgún dos seus catro últimos partidos).
O DCM soubo xogar o seu match ball coa tranquilidade necesaria para madurar o partido e poder acabar vencendo a un Caf.Zeus que con tan só 5 xogadores xogou un moi bo encontro e cun comportamento exemplar sobre o campo.
Os rivais adiantáronse pronto no marcador nun saque longo do cancerbeiro rival cara o seu nº14, que baixaba o esférico co peito, marchaba de Pali e batía por baixo a Jorge. O 0-1 non desesperou ós nósos que continuaron traballando o partido e creando ocasións sen perder as súas posicións defensivas.
O empate chegaría con algo de fortuna, tras caerlle a Pani un balón rexeitado, quen convertía en gol cun toque de calidade ante a saída do porteiro rival, 1-1.
Moi pronto chegaba o 2-1, tras conectar Yago un fermoso disparo lonxano que se colaba na mesma escadra da portería rival.
Zeus non baixaría os brazos, e a pesares de comezar a acusar o cansazo, faría o 2-2 antes do descanso, nunha xogada na que puido existir falta en ataque, pero na que aínda así, os nósos non estiveron atinados, xa que houbo moita lentitude e pasividade o que permitíu ó atacante rival convertir un balón morto na área dcimista.
Dende a grada pedíase máis ritmo ós dcmistas, pero transmitíase tranquilidade ó observar que o partido podía facerselle moi longo ó rival que non tiña trocos.
E asi foi. Co paso dos minutos os ocos eran cada vez maiores nos ataques dcmistas, que o aproveitaron con goles de Emi e Yago, 3-2 e 4-2.
Co 4-2 e 15 minutos por diante o rival solicitou tempo morto e decidíu adiantar a posición do seu porteiro para atacar con 5 xogadores.
A estratexia sorprendeu en primeira instancia ó DCM, quen defendía demasiado aberto cara as bandas e demasiado metido na súa área, o que deixaba ó poreiro rival moi só e con situacións de lanzamento moi sinxelas e moi perigosas. Por fortuna, o cancerbeiro non se atreveu a finalizar él os ataques e non buscou a portería de Jorge.
Tras un novo tempo morto, o DCM arranxou o problema axustando as posicións e o perigo rival desvaeceuse, comezando a chegar as ocasións de gol a portería vacía. Ata 4 disparos sen gardamallas erraron os dcmistas, que necesitaban un gol máis para igualar o golaverage particular co Zeus e deixar desta maneira todavía máis preto o ascenso matemático.
Dito gol chegaría tras un ataque errrado por Yago dende banda esquerda, e o rexeite caía a Emi quen dende banda contraria no erraba facendo o 5-2 definitivo e levando a ledicia á parroquia dcmista.
Gran encontro, gran vitoria, e pé e medio en primeira división.
Moito tempo por diante para asimilar o éxito conseguido polo equipo, pero todavía moitas cousas en xogo nas vindeiras xornadas. As analizaremos en próximas ocasións.
Un cordial saúdo, e HALA DCM!! GRANDES RAPACES!!
lunes, 2 de mayo de 2011
"As portas de 1ª ábrense de par en par para o DCM" DCM 5-2 Caf.Zeus
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario