O DCM cumpríu o seu obxectivo de vencer ó Lecer para chegar con opción de ser campións na última xornada de campionato.
A pesares do avultado resultado, o Lecer foi un duro rival que obrigou ó DCM a empregarse a fondo durante os 50 minutos de partido.
Cos dous goles encaixados, o zamora semella unha utopía, pero todo pode pasar na derradeira xornada.
Agardaba o DCM un encontro máis sinxelo nesta penúltima xornada. Manter a portería a cero e vencer con solvencia eran os obxectivos, pero pronto comprobouse que habería que sacar o mono de traballo. E é que os primeiros 5 minutos de encontro foron dominados por un Lecer que sorprendeu ós nósos, ó impor un alto ritmo de xogo durante todo o encontro, cando o que se agardaba era a un rival pechado na súa área durante moitos minutos.
Cando o DCM comezou a espertar chegaron as primeiras ocasións e con elas un par de saques dende o curruncho. Como noutro feixe de encontros encasquillados nesta tempada, o DCM sacou o recurso do balón parado para facer dous goles que levaban a tranquilidade ó electrónico. 0-1 e 0-2.
Estes tantos foron un duro golpe para o Lecer que comezou a verse superado polos dcmistas, que anotarían un terceiro gol antes do descanso que semellaba ser definitivo; 0-3.
O resultado era o ideal para os intereses dcmistas. Os tres puntos estaban no peto e a portería a cero.
Pero na segunda metade, o Lecer voltou a impor o ritmo de inicio de partido e os nósos froito da relaxación comezaron a ceder posesións do balón, a perder o sitio e a non replegarse con velocidade. O rival chegaba cada vez máis preto da portería dcmista e merecía marcar gol.
E así racharían a portería de Jorge en dúas ocasións e moitas das opcións dcmistas de conseguir o trofeo ós menos goleados.
Por fortuna o DCM tirou dun motivado Emi e da pegada do equipo e con outros tres tantos nesta segunda metade conseguíu que a victoria nunca chegase a perigar.
O equipo agarda con ansias a derradeira xornada. Deberán vencer ó NK e agardar que o Zeus impida a victoria do ParquetsEloy.
Falaremos das opcións de ser os máis goleadores e os menos goleados na previa, unha vez se coñezan posibles decisións do comité de competición polas incomparecencias desta xornada.
Ata entón, reciban un cordial saúdo.