jueves, 3 de marzo de 2011

“A manter o ritmo” DCM-Caf.Castelao

Chega a décimo novena xornada de liga.
A situación do campionato nestes intres pode explicarse aplicando o símil dunha gran etapa ciclista. E é que superados xa máis da metade dos kilómetros desta gran etapa (19 dos 30) os ciclistas de cabeza de carreira (Parquets Eloy, DCM, CafZeus e Wapichi) están a impor un altísimo ritmo, constante e sen tregua. Ningún mira cara atrás, tan só tentan esgotar ós rivais, sacalos de punto.
Caf.Zeus que viña comandando a teté de la course nas últimas xornadas, tivo que abrirse a un lado no km 18 de ascensión, dando paso de novo ó favorito dende o inicio da carreira, o ParquetsEloy que retoma o maillot amarelo da competición. Tamén pasoulle un DCM que chegou ó grupo de cabeza dende atrás e por agora non baixa o ritmo. Wapichi que sufrira un esvaecemento xornadas atrás colle de novo a roda do grupo tralo pinchazo de Zeus (e esta xornada ambos enfréntanse nun interesantísimo encontro; un dos dous pode perder uns segundiños moi importantes).
O grupo de favoritos amplía cada vez máis a distancia cos persuivants, un Acerón e BarCocedero que semella non entenderse ós relevos.

A carreteira “pica” cada veiz máis cara arriba, aumenta o desnivel e os catro primeiros pretenden manter o ritmo para ver se algún deles é visitado polo home do mazo (monsieur mazó) nos vindeiros kilómetros e descólgase deste cuarteto que forma a cabeza de carreira.

O DCM debe por tanto manter o ritmo. Fixo o máis difícil chegando ata a roda do Parquets Eloy e agora non debe ceder terreo. Debe mostrar fortaleza, e seguir sacando puntos xornada a xornada agardando que os seus compañeiros de fuga vaian caendo.

Para superar este 19º kilómetro da etapa, debe vencer a un difícil Caf.Castelao que chega coa moral polas nubes tras golear 5-1 ó poderosísimo Caf.Zeus.
É un vello coñecido dos dcmistas no seu paso pola 3ªC. Un equipo moi irregular durante os campionatos, capaz do mellor e do peor segundo os xogadores dos que dispoña en cada partido.
Polo tanto o DCM debe estar precavido, agardar a un rival moi perigoso e saber que ten que xogar ó máximo nivel para poder obter a vitoria.
No encontro de ida o DCM venceu por 4-7 nun encontro tolo, no que adiantáronse os nósos por 0-2, empataría o rival 2-2 xa na segunda parte, e con ocasións para ambos lados o DCM tivo a fortuna de que acabasen en gol máis das súas ocasións que do rival.

O partido é fundamental para os intereses dcmistas. A carreira endurecerase todavía máis nas vindeiras xornadas, polo que hai que chegar ó pé de porto da montaña na mellor posición posible.
A cita, o sábado ás 20:00horas no pavillón de Manuel Antonio. Como diría o gran IagoAspas, “Haberá que sudar tinta gorda” para gañar o partido.

Imos DCM!!!

Última hora:
Aliñación probable:
------Jorge------
--Vare----Emi--
------Pani-------
------Yago------

Última hora: Quique chegará tocado por un proceso gripal. Chape é dúbida. O resto baixas.

1 comentario:

Unknown dijo...

Ahí van as fotos do partido.

Son un poco chungas pero no había nada de luz

https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/110503DCMCafCastelao?authkey=Gv1sRgCO2Zr4a6x4eLDA#