E é que os nósos conseguiron chegar a este tramo de tremenda dificultade da competición sacando 3 puntos máis golaverage ó seu inmediato perseguidor. Iso fai que incluso perdendo (salvo histórica goleada por 14 goles de diferenza), os nósos manterán a 2ª praza da táboa.
O encontro é por tanto para o DCM unha magnífica ocasión para abrir un pequeno oco na clasificación entre os dous primeiros postos (que significan o ascenso directo) e os equipos que aspiran a sacar ós dcmistas deses postos privilexiados.
Pola contra, para Wapichi, o encontro adquire uns tintes algo máis dramáticos, xa que unha derrota ante DCM os deixaría a 6 puntos máis golaverage, polo que terían que agardar alomenos dous futuros tropezos dcmistas para poder superalos na táboa.
O Wapichi é o equipo menos goleado da categoría e tamén o que menos coñece a derrota (xunto co P.Eloy) e é que só perdeu 3 encontros polos 4 nos que caeron os dcmistas.
As cábalas que se poderían facer sobre o encontro, de pouco valen polo terreo de xogo elixido para a organización para a desputa deste partidazo.
E é que o pavillón de balaídos polo reducidas das súas medidas fai que dificilmente os equipos poidan desplegar o seu xogo habitual e todos os encontros sexan moi similares. Encontronanzos, rexeites, moitas desputas de balón e goles que acaban entrando na portería tras unha serie de carambolas.
Neste tipo de campos, os gardamallas soen adquirir unha importancia todavía maior á que teñen normalmente, e é que os disparos cara as súas porterías soen ser sempre moi cercanos e tapados por unha maraña de pernas que se convirten en auténticos pinballs antes de chegar ata os porteiros.
Aínda así o DCM debe saber que Wapichi é un deses rivais que non gustan ós nósos. Equipo que basea os seus bos resultados na súa seriedade (de ahí que sexan os menos goleados). Seriedade que xa demostrou no encontro de ida, no que Wapichi foi madurando o encontro e sen desplegar un xogo que encandilase, puido levarse a vitoria ó cometer menos erros que os Dcmistas.
Por iso, o DCM que tamén é un equipo que acostuma a vivir da súa maior colocación e seriedade no campo, perde ahí unha das súas mellores armas, e deberá conxugar unha defensa perfecta (invocando a realizada fai unhas xornadas na victoria ante ParquetsEloy) con un ataque demoledor (que misture a efectividade dos nosos dianteiros de transformar todo o que lles chega (véxase a segunda metade ante PonteAPintar), e tamén por momentos co bo facer dos nosos medios trenzando xogadas e facendo xogar a todo o equipo (estilo ós encontros ante FrutasNieves e Caf.Castelao na última xornada)).
En definitiva, o DCM se quere gañar, ten que unir o mellor que fixo en cada un dos encontros de esta tempada nun único partido, de maneira que non cometa apenas erros. Só de esa maneira poderá imporse a un dos mellores conxuntos do campionato.
Así que se queren acudir a un encontro cheo de tensión e emoción (non se garantiza bo fútbol), o sábado ás 19:00 horas na pista2 do Estadio Municipal de Balaídos.
Aliñación prevista:
--------Jorge--------
--Vare----Quique--
-------Pani----------
-------Emi-----------
Agárdase que completen a convocatoria todos os membros Dcmistas. Yago será dúbida ata o último intre, puidendo incluso chegar só para a segunda metade ou causar baixa definitiva.
Un saúdo!
PD: DEBAIXO DA PREVIA, NOVA XORNADA DE "VAI-Á-PORRA"
No hay comentarios:
Publicar un comentario