domingo, 13 de marzo de 2011

“Pousa eríxese protagonista dun encontro que non defraudou” Wapichi 6-5 DCM


O Wapichi lévase 3 puntos vitais nun encontro igualadísimo no que o empate houbese sido o resultado máis xusto, pero a actuación dun colexiado cun incrible afán de protagonismo empañou o encontro, desquiciando a ambos equipos e inventándose tres penaltis, 2 para Wapichi e 1 para DCM, que á postre serían decisivos para decantar o encontro.

Horrible pavillón, pésimo colexiado e partidazo de dous grandes equipos que merecen o ascenso.
Non sei por onde comezar. O bo facer de ambos equipos merece ocupar o groso desta crónica. Wapichi é un gran equipo, que sabe ó que xoga e sabe aproveitar ó máximo ós seus xogadores. DCM leva un ano incrible, e nada se lle pode recriminar do encontro de onte, puido haber erros, pero non faltou actitude que é o que se pide.
O que realmente sorprendeu onte foi un colexiado necesitado de atención. Pode parecer unha excusa para a derrota dcmista, pero nada máis lonxe da realidade. O DCM sabe perder, Wapichi sabe que os felicitamos ó rematar o encontro e a verdade é que un encontro tan igualado podía decantarse de calqueira lado, e por iso aceptamos a derrota. Pero cando alguén adquire tanto protagonismo nun encontro é imposible pasalo por alto. E xa que agora non ten remedio, démoslle protagonismo tamén na crónica para que poida vivir tranquilo alomenos ata o vindeiro fin de semana.
Perxudicou a todos. Desquiciou a propios e a extranos e conseguíu o seu obxectivo, ser o foco de atención durante os 50 minutos de encontro.
O Show de Pousa comezou cun número insuperable, unha actuación estrela. ¡¡Un colexiado botando a outro árbitro da competición da zona de banquillos!! Incrible pero certo. Con semellante inicio de actuación, xa todos sabían que o espectáculo non ía defraudar. ¿Como un árbitro pode botar a un compañeiro seu, a outro colexiado da competición que está a ver o partido? ¿imaxinan a un colexiado de 1ªdivisión botando da zona de banquillos ó 4º árbitro?. Insuperable.
Recibíu os aplausos durante 20 minutos, e entón decidíu que era momento de volver a levantar ó público dos seus asentos. Mera escorado en banda esquerda regatea a Xmon que recula un pasiño cara atrás, o excelente dianteiro do Wapichi, coñecedor de que Pousa necesitaba máis protagonismo, nota contacto e cae. Non é penalti. Nin sequera en baloncesto sería falta. Fai falla moito máis contacto para que exista acción punible e moito máis para derrubar a un home da corpulencia do máximo goleador de Wapichi. Pousa non o dubida. Falta un minuto para o descanso e era o momento de aparecer de novo. Penalti e non se admite diálogo.
Tempo de refrixerio para o monologuista Pousa. Que regresa ó campo para firmar unha segunda parte de éxitos. Primeiro tira de manual de colexiado protagonista e comeza a parar o partido: unha, dúas, tres, catro veces. Encárase continuamente co banquillo de Wapichi, quen observa atónito ó colexiado. Cambiamos de rexistro. Falta inventada en ¾ de campo e gol de Wapichi. Despois, Pani cae dentro da área rival, dúas opcións para o árbitro, pitar penalti ou non, pois para Pousa hai unha terceira, pitar falta fora da área!. O listón estaba altísimo. Os xogadores sabían que todavía quería máis protagonismo. Quique nota contacto dentro da área e tamén cae. Penalti. De novo o mesmo que na primeira parte, non é. E inxusta amarela a Mera por pedir explicacións, amarela que houbese sido máis propicia nunha falta posterior do 14 sobre Emi. Máis amenazas ó banquillo de Wapichi. Dobre penalti a favor do DCM e gol. E completamos a actuación cun novo penalti que só el puido imaxinar. Un dianteiro rival encara ó gardamallas dcmista quen se tira ó chan, toca o esférico cos pes e queda co balón no seu poder; claramente penalti xd.
Agardemos que o colexiado considere suficientes as liñas que hoxe lle adicamos.

Do resto partido moi entretido. A igualdade foi máxima, tal e como se agardaba nun campo tan pequeno no que ningún equipo pode desplegar o seu xogo habitual.
Wapichi sorprendería nos primeiros instantes de partido coas dúas armas que empregaría no partido. Disparos lonxanos de Mera e calidade no regate dos seus homes ofensivos. Armas que na primeira vez que as empregaron sorprenderon ó DCM que despois aprendería a lección. O primeiro gol, disparo potente e lonxano do 14 de Wapichi, Jorge rexeita e o outro dianteiro azulón empurra a pracer 1-0.
Sen case tempo para asimilar o gol, xogadón en banda de Txotxe que marcha de Emi e de Pali e 2-0.
En calquera outro campo, un 2-0 é unha distancia enorme, pero non nun pavillón tan pequeno. Así, en escasos segundos o partido ía a igualarse de novo. Primeiro Vare tiraba a parede con Quique que devolvía de tacón e no punto de penalti o 5 dcmista metía a punteira e o balón superaba por debaixo das pernas ó porteiro rival 2-1.
E acto seguido intento de despexe da defensa dcmista que Quique intercepta e o balón sae rebotado e cólase na portería do Wapichi. 2-2.
Tranquilizouse un pouco o ritmo frenético nos seguintes minutos. Wapichi esperaba atrás e seguía empregando os disparos lonxanos e a calidade dos seus homes de ataque. O DCM tiña máis posesión e tamén boas ocasións coma un disparo ó longueiro.
E cando xa a primeira metade chegaba ó seu fin, a xogada xa comentade de penalti sobre Mera e 3-2.

Na segunda metade o DCM comezaba horrible. Ninguén era quen de sacar o balón xogado e o Wapichi tiña continuas ocasións. Nunha desputa de balón, Pousa inventaba falta e aínda que era moi lonxana, o disparo raso superou a barreira e a un Jorge que non tivo o seu mellor día, pero que non debe preocuparse, xa que se cada vez que algún do equipo non ten o seu día ten que pedir perdón, non remataríamos nunca. Ademáis que él é peza fundamental deste equipo e protagonista indiscutible na maior parte dos puntos que conseguíu o equipo na súa historia.
O 4-2 tampouco afundíu ó DCM que buscaba enrabietado o empate.
Chegaría entón a acción de Pani dentro da área rival que Pousa sinalaba incriblemente fóra da mesma.
O DCM non obtería recompensa noutro disparo ó longueiro pero sí noutra xogada na que tras moitos rexeites, Yago conseguía introducir o balón na portería rival, 4-3.
Despois, Txotxe nun xogadón persoal facía o 5-3.
O partido era un ir e vir fantástico de dous equipos que loitaban con todo. Quique transformaría o 5-4 de penalti. Mera o 6-4 tamén dende o punto fatídico e de novo Quique en lanzamento de dobre penalti facía o 6-5.
Tería o DCM o empate nun disparo dende a banda de Vare que petaba en varios xogadores e a piques estaba de entrar. Houbese sido xusto pero non puido ser.

Felicidades ó Wapichi pola vitoria. A este nivel dificilmente perderán encontros.
E felicidades ó DCM pola actitude. Rapaces, podemos seguir gañando moitos encontros. Conseguíramos un colchón de puntos que nos permitía pinchar un encontro e o gastamos, non pasa nada, a pensar xa no Acerón e a ver cada xornada como unha auténtica final. Podemos!

1 comentario:

wapichi14 dijo...

Hola chavales.Mi enhorabuena por el partido del otro dia.Fue una lucha bonita y sana que es como tiene que ser cuando se compite.
Estoy totalmente de acuerdo con respecto a la actuacion del arbitro.DESQUICIANTE por momentos.Lo peor es que no atiende a nadie,ni capitanes,ni delegados ni nada.Se encierra en si mismo cual loco con su camisa de fuerza golpeando la pared.No cuesta nada hablar con la gente que vamos a sudar y pasarlo bien.Sobre todo si le hablas con educacion,como fue mi caso.Encima,es que ya lo conocemos.y por mas que sabemos como es,cada vez se supera a si mismo y nos supera a los demas.
Tambien quiero decir que me parece muy dificil ser arbitro y muy cansino aguantar a la gente.Yo no tendria esa aficion en la vida pero considero que ya que escogio ser arbitro el fin de semana,lo disfrutara un poco y se lo pasara y nos lo hiciera pasar mejor.
Nada mas acerca del arbitro y desearos suerte en los proximos partidos.Un saludo,Mera.