lunes, 7 de marzo de 2011

“Amosando fortaleza” DCM 9-0 Caf.Castelao


O DCM solventa pola vía rápida un encontro difícil sobre o papel e suma tres novos puntos que lle permiten chegar a un tramo decisivo da tempada por riba das previsións máis optimistas. Os dous vindeiros encontros valen moito máis que tres puntos.

Ben sentados sobre o sillín, con xesto de concentración, mirada na carreteira, sen ver cara atrás e pedaleando cun ritmo alegre. Así superou o DCM o 19º kilómetro de etapa. Apenas pareceu sufrir desgaste, nun encontro que prevíase complicado (o rival chegaba de golear a Caf.Zeus), pero que os nósos arranxaron en escasos minutos.
Coa convocatoria de gala presentábase o DCM no pavillón de Manuel Antonio. Jorge formaría baixo paus, Emi e Vare en defensa, Pani de enganche e Yago en labores defensivas. Quique completaba no banco un dos mellores sextetos do campionato (para eles, a fotografía da crónica de hoxe).
Polas cabezas dos nósos homes pasaban dúas ideas, respeto ó rival e necesidade de traballar. Suficiente para que amosasen o mellor de sí mesmos e sorprenderan a un Caf.Castelao que saíu demasiado relaxado ó campo.
As axudas defensivas dcmistas eran continuas e a presión un arma que noqueou ó rival nos primeiros intres. Transcorridos os primeiros minutos de encontro e sen que Jorge tivese todavía que intervir, Pani en xogada individual convertiría o primeiro gol do encontro. 1-0.
Continuou o DCM superando ó rival en tódalas facetas de xogo e así seguirían chegando goles nesta primeira metade ata o 5-0 e incluso errando un dobre penalti.

Caf.Castelao estaba superado e non atopaba a forma de frear a un DCM que saíu a por máis na segunda metade. Sabedores do que ocorrera meses atrás contra Frutas Nieves nese mesmo pavillón, onde o equipo tamén vencía 5-0 ó descanso e compricouse a vida na segunda metade, desta vez a lección estaba aprendida e saíron como se o partido comezase de novo. O rival tivo máis posesión e máis ocasións que na primeira parte, pero o DCM tiraba contras letais que acabaron por sentenciar o partido ata o 9-0 definitivo.
Emi en catro ocasións, Pani e Quique en dúas e Yago cun tanto foron os goleadores. Ademáis, por terceira vez nesta tempada o equipo remataba coa súa porta a 0, algo que levaban perseguindo os nósos nos últimos encontros.

O equipo continúa á roda do Parquets Eloy (que venceu 9-2 a Lecer) e semella ser a mellor roda para chegar ó máis lonxe posible.
No partidazo da xornada, o próximo rival do DCM, o Wapichi saíu vencedor por 7-5 ante Caf.Zeus que suma a segunda derrota consecutiva.
Así Wapichi aúpase ata a 3ª posición e sitúase a 3 puntos dos dcmistas, otorgando ó encontro do vindeiro fin de semana un interés especial.
Analizaremos todo con máis detalle na previa.

Ata entón reciban un cordial saúdo e boa semana!
Fotografías do encontro:
Por cortesía da nosa fotógrafa LúaGil

No hay comentarios: