viernes, 14 de enero de 2011

Ano novo, ¿vida nova?. DCM Vs. Doble de Cordero



O 2011 sexa benvido. Comezou o quinto ano de vida do DCM. Un ano que a diferenza de outros, e do que soe ser habitual para a maioría da xente que se plantexa co inicio dos anos novos retos e obxectivos, non deixa no seo dcmista novas esperanzas, novas ilusións, novos proxectos… senón máis do mesmo.
Preténdese alongar un ano máis un proxecto que ata o de agora deu moi bos resultados, a marxe do ascenso e dos títulos, deu 4 anos de desfrutar cada fin de semana do equipo e da competición que é ó fin e ó cabo o fin último deste equipo.
Cinco anos son moitos, polo que só o 2011 diranos se é o mencionado proxecto segue dando froitos ou esgótase e fai necesario cambios na vida dcmista.

Polo momento, o DCM terá que retomar a competición tralo parón navideño e tras cumprir a súa xornada de descanso, polo que sen dúbida o equipo que tan só tivo tres días de preparación durante todo este longo periodo sen liga (un amigábel co Acerón, a copa loiola desputada baixo o nome de Gotream, e o adestramento deste xoves), acusará a falta de ritmo.
Enfronte terá a un vello coñecido, o Doble de Cordero Sen Cebola, un rival temido cando se enfrontaban na 3ª división e que deu lugar a bonitos partidos de moita igualdade e tensión, pero que agora parece estar a acusar a adaptación a unha nova división, xa que tan só foi quen de sumar 4 vitorias nos 11 partidos que desputou ata o momento, que o sitúan na undécima posición da táboa.

A única boa nova para os Dcmistas é o regreso de Emi ós terreos de xogo trala súa lesión de longa duración. O xogador chegará con moitas gañas que agardemos sexa quen de transmitir a un equipo todavía deprimido pola última derrota ante Caf.Zeus nun partido que nunca puido deixarse escapar.
Polo tanto para este encontro o adestrador sen contrato Ratkovic Varela contará previsiblemente con todos os seus efectivos agás Xmon (que terá difícil a súa asitencia por compromisos laborais na capital galega), aínda que a situación de cada un deles é moi particular:
- Jorge chegará tras unha semana de moito desgaste na cidade condal por motivos laborais e tan só terá unhas horas para preparar o partido.
- Chape continúa no parte médico do equipo e o adestrador sabe que non debe empregalo demasiados minutos. Este xoves completou a intensa sesión de adestramento e rematou acusando o esforzo.
- Emi como diciamos regresa trala súa lesión e o seu nivel ó igual que o de Oubiña é unha incógnita.
- Quique volta trala súa depresión futbolística e tralo seu paso polos servicios psicolóxicos do clube que o convenceron para non colgar as botas xd. Onte víuselle plenamente recuperado e mentalizado para o partido do domingo.
- E o resto do plantel (Pali, Pani, Yago e Vare) chegan algúns inmersos na dura época de exames e todos eles moi faltos de ritmo de competición.

Con todo, a aliñación probábel será:
---------Jorge--------- (aínda que ben podería xogar Quique xd)
---Vare-------Pali----
---------Pani----------
---------Emi----------- (imaxinen a cara de felicidade de Emi ó verse de dianteiro aínda que só sexa sobre o papel xd. A outra opción na punta de ataque sería Jorge, pero é menos probabel xa que ten facilidade para mancar os nocellos cando xoga de campo. Os dous teóricos dianteiros do plantel terán que demostrar que comezan o 2011 moito mellor do que remataron o 2010 xd)

Polo tanto partido moi complicado para os nósos, non só polo indiscutible nivel do rival, pola rivalidade entre ambos equipos e sobretodo pola falta de ritmo do equipo tras este longuísimo parón invernal. O DCM terá que superar estas complicacións e sacar os 3 puntos se quere seguir optando a algo máis que o premio da deportividade nesta liga.

Nada máis, agardámosvos a todos o vindeiro Domingo ás 18:00 horas no (como diría Xaime) máxico pavillón do Monte da Mina.


NOTA: SEGUIDE PARTICIPANDO EN VAI-Á-PORRA NA ENTRADA DE ABAIXO

1 comentario:

dcm#3 dijo...

Yo estoy con mucha fiebre y la espalda ha dicho basta hasta dentro de unas semanas :(