O 2011 principia cunha contundente victoria do DCM que unida ó esvarón de Wapichi e Acerón devolven a ilusión á parroquia dcmista.
Tralas dúbidas existentes dende a última xornada de 2010 coa vergoñenta derrota ante Caf.Zeus e trala súa xornada de descanso, os nósos necesitaban unha victoria para devolver a confianza en si mesmos e comezar o ano cunha nova perspectiva da tempada.
O equipo conseguiuno cun partido moi serio e traballado que custoulle sacar adiante xa que ata ben avanzada a 2ª metade non sería quen de sentenciar o encontro.
A duodécima xornada levábanos ó campo da Mina onde o DCM recibía ó Doble de Cordero sin Cebolla baixo a arbitraxe do máis que discutido Berto.
Chape causaba baixa por unha gripe e Xmon entraba no seu lugar, para completar unha ampla convocatoria.
A primeira metade deixounos escasas ocasións, un tímido dominio dcmista que buscaba o gol e atacaba máis que o rival pero con demasiado respeto, e sen chegar a asoballar ó rival, pero un pequeno dominio que traduciríase nun único gol que chegaba tras un saque de porta de Jorge que finalizaba Yago con algo de fortuna, facendo un importante 1-0. O Doble de Cordero cunha importante baixa, non daba entrado no partido, limitábase a defenderse e non conseguíu inquedar a porta dcmista en todo o primeiro periodo.
Tralo descanso o DCM saía moito máis solto, con máis intensidade e máis convencido de ir decididamente a polo partido.
Os primeiros 10 minutos desta segunda metade desputáronse íntegramente en campo do Cordero, que defendía como podía as continuas acometidas dos dcmistas, que unha vez tras outra estaban moi preto do gol pero a gran actuación do gardamallas rival e a falta de fortuna facían que o marcador mantivésese inalterado. Unha gran presión de todo o equipo permitía recuperar o balón moi cedo, co que se evitaban os ataques rivais e conseguíanse continuas ocasións, mais cun resultado tan curto calquera cousa podía pasar e os nervos comezaban a aparecer.
Por fortuna o 2-0 chegaría mediada esta segunda metade, nunha xogada na que Quique recurtaba ó seu defensor e cun potente disparo cruzado que petaba en ambos paus antes de introducirse na portería rival.
Ese gol levou moita tranquilidade e abriu a lata para que foran chegando máis tantos.
O 3-0 foi obra de Yago; Pani cun gran traballo de esforzo e presión conseguía recuperar un balón preto da área contraria, pasaba cara Vare e este tiraba de recursos para entregar de tacón a Yago que libre de marca batía cun bo disparo ó porteiro rival.
Co 3-0, Cordero tería as súas únicas dúas ocasións en todo o encontro pero ahí aparecía Jorge para deixar a súa portería a 0.
Unha falta en campo rival que o DCM sacaba rápido e marcaba pero o colexiado anulaba o tanto por dicir que era 5 centímetros máis cara diante, era convertida en gol finalmente por Yago cun disparo directo. 4-0.
E Quique redondearía o resultado co 5-0 final tras pase de Emi.
Conseguía así a primeira victoria do ano o DCM nun partido bastante sinxelo pero que o equipo traballou dende o principio ó final para que non se complicase en ningún momento. Con estes 3 novos puntos, o DCM ata a 4ª praza, a un punto do 3º (Zeus) e a 3 do Wapichi que é 2º pero cun encontro máis.
Frutas Nieves, Lecer e NK para rematar a primeira volta, así que vaiamos partido por partido para lograr bos resultados.
Reciban un cordial saúdo e ata a próxima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario