O DCM disputaba esta domingo, nun escenario inmellorable como é o pavillón de Bembrive, un partido que se antollaba complicado para os nosos, xa que o rival o Lecer é un deses equipos que ós nosos dánselle especialmente mal debido a súa seriedade defensiva. O Lecer é un equipo que gusta de xogar á contra buscando as costas dos defensas rivais, pero os nosos advertidos deste feito, e facendo gala dunha moi boa organización defensiva non deixou lugar as dúbidas e dominou de comezo ó fin o partido.
O Comezo do partido foi positivo para o DCM, o equipo dominaba sen crear excesivas ocasións de gol pero chegando con certa asiduidade ás inmediacións do meta rival, e era quen de manter a súa portería allea ó perigo como xa o fixo nas primeiras partes dos partidos contra o Frutas Neves e o Doble de Cordero sen Cebolla. E iso que o equipo DCM'ista tivo que afrontar este partido con tan so dous defensas na convocatoria e un deles, Chapela que tan só estaba dispoñible para algúns minutos. Como diciamos o DCM dominaba no campo pero non era que de concretar os goles, porén o equipo non caeu na precipitación e con moito oficio e paciencia foi quen de atopar dous goles que farían as delicias das seareiras que onte se atopaban no municipal de Bembrive. Co resultado de 2-0 chegaríase ó descanso, un resultado non moi avultado pero ó que se chegaba con boas sensacións, xa que o Lecer tan só foi quen de crear unha ocasión de perigo, aínda que a piques estivo de ter outra por cortesía do porteiro do DCM, Jorge, que tras evitar que un balón saíse de fondo, fixo por segunda xornada consecutiva un mal pase cara o centro estando el escorado no córner. Por sorte Quique foi quen de emendalo erro e incluso de crear unha ocasión á contra.
Na segunda parte o terceiro gol tardaría en caer, pero unha vez que chegou o Lecer viuse abaixo defensivamente e finalmente caeron goleados. Nesta segunda parte o DCM ademais de seguir mostrando unha sobriedade defensiva que lle pode reportar moitas ledicias nas vindeiras xornadas, mostrou un importantísimo arsenal ofensivo cunhas xogadas que ata o de agora so se podían ver nalgún adestramento e que por segunda xornada consecutiva déronse cita nun partido oficial de Vigo En Xogo. Porén a pesar desta gran segunda parte que faría que os nosos marcasen por terceira xornada consecutiva máis de 5 goles (6 nesta ocasión), a mala nova foi que nunha xogada illada nun erro na saída do balón o Lecer faría o gol da honra, con algunha dose de fortuna xa que rexeite caíalle a un rival que marcaría gol a porta baleira. O Resultado final por tanto foi de 6-1, con 3 goles de Emi, 2 de Quique (moi criticados polos seareiros no comezo do partido pola súa invernal vestimenta, pero que finalmente foise aplaudido polo seu bo rendemento tanto en ataque como en defensa) e 1 gol de Vare.
Polo tanto moi bo partido do DCM, que fan que por unha vez na historia do equipo, o mes de xaneiro sexa un mes de confirmación e non de dores de cabeza. Con este resultado o equipo DCMista mantén a súa posición sen obter ningunha vantaxe xa que os 6 primeiros clasificados gañaron os seus partidos (o Wapichi non xogaba esta xornada pero gañou o seu partido aprazada), pero confírmase como candidato ó ascenso, e arranxa unha primeira volta que ata o de agora estaba sendo irregular pero que finalmente pode pechar con 10 vitorias e 4 derrotas. Pero para iso o equipo DCM'ista deberá superar ó N.K. un rival que como contaravos Lino na previa non lle porá as cousas nada sinxelas ós nosos. Polo tanto boa xornada para o DCM que aínda que non lle permite recortar puntos na clasificación, si que supón un reforzo na autoestima dos nosos que logran encadear 3 partidos a un moi bo nivel, o que fan soñar ós seareiros máis optimistas co ascenso a primeira división. Soñar é gratis, pero a competición é moi dura, polo que de momento tan só nos queda ir partido a partido.
Un saúdo a todos.
lunes, 31 de enero de 2011
Sobriedade, o camiño cara a regularidade. DCM 6 - 1 Lecer
Benqueridos lectores, reciban un cordial saúdo, nesta a miña primeira crónica como cronista oficial do blog. Por mor de motivos profesionais que me obrigan durante a semana a traballar na prensa do ámbito económico, vinme obrigado a solicitar a Lino un cambio de posto. Sendo el quen se ocupará das previas e eu das crónicas, a lo menos até finais de abril, onde pode que todo volva a como estaba antes. Sen máis dilación intentaremos contarvos o que foi o partido do DCM, pedíndolles que sexan comprensivos porque nesta primeira crónica non seremos quen de acadar o nivel de Lino, xa que para iso faranos falla moita experiencia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario