domingo, 19 de diciembre de 2010

“Ridículo”. Caf.Zeus 5-2 DCM



Os xogadores dcmistas despiden o ano con cara de parvos tras perder eles mesmos un encontro que o rival en ningún momento tivo intención de gañar. Por terceira vez os nósos chegaban á xornada na 3ª posición da táboa coa opción de afianzarse como equipo punteiro e por terceira vez fixeron o ridículo. Vaia forma de rematar o ano…

O partido comezaría cun 0-2 a favor dos dcmistas debido á insultante pasividade defensiva do equipo rival, que dende o inicio e ata o final estivo en Bembrive botando unha “pachanga” para pasar o rato, da que ó final saíron victoriosos. Vare nunha contra faría o primeiro, 0-1 e Pani tras un saque dende o curruncho sería o autor do segundo cunha fermosa resolución ante a saída do porteiro, 0-2.
O Zeus xogaba camiñando, é un equipo que non semella preocupado pola clasificación nin polos resultados. Onte, o DCM tampouco. A moitos dos nósos supúñalles o mesmo a victoria que a derrota; nada. E un equipo baseado na mentalidade e nas gañas e non na calidade como é o DCM, cando non se te va a vida pola victoria… é moi difícil gañar.
Caf.Zeus recurtaría distancias nunha das súas múltiples chegadas ó trote cun disparo cruzado que petaba en Vare e introducíase na porta. 2-1.

Tralo descanso, empate do Caf. Zeus 2-2. Despois un feixe de ocasións para os Dcmistas en contragolpes, saques dende o curruncho e disparos lonxanos, onde unha e outra vez escollíase a opción menos axeitada. Continuou camiñando o Zeus, continuou facendo todo mal o DCM. E a falta de 5 minutos para rematar, unha, dúas e tres contras dos locais que supuñan o 3-2, 4-2 e 5-2.

Remataba así o encontro, remata así o ano 2010.

Reciban un cordial saúdo e as crónicas da liga despídense ata 2011!!
Recorden que antes o equipo desputará a habitual copa loiola.
Boas festas para todos!! E Hala Celta!!

No hay comentarios: