viernes, 10 de diciembre de 2010

A decantar a balanza. DCM Vs. Lobis Home


Chega a novena xornada de liga coa sensación de que é o momento de que o DCM decida se vai a loitar polos tres primeiros postos da clasificación ou pola contra terá que conformarse cun obxectivo inferior, tentando estar entre o 4º e o 6º.

Moitos pensarán que é cedo para decidir esta cuestión, sobretodo observando que o equipo ten mellores rexistros ca tempada pasada (a pesares de acusar algunha baixa de importancia), onde todo parecía que ía estupendamente a estas alturas, os nósos suman 15 puntos polos 14 do ano anterior tras estas oito xornadas. Porén, existe un ruxe ruxe no entorno do clube que parece obrigar ó equipo cada xornada a demostrar que todo vai ben e a transmitir tranquilidade.
Por todo iso, o equipo buscará unha victoria este sábado no pavillón de Moledo, onde xa disputou un encontro esta tempada que rematou cunha importante malleira para os nósos, 3-10 ante o Bar Cocedero.

O rival, o bar Lobis Hombe, ocupa unha máis que discreta undécima posición na táboa clasificatoria, que resulta enganosa, xa que dos 7 puntos que teñen no seu haber, todos os conseguiron nos últimos 3 encontros, con victorias ante Caf. Zeus (partido que seguiron os nosos oxeadores e que tomaron boa nota do nivel de ambos equipos), ante Bar Kubi e un empate ante Cocedero La Piedra.

Polo tanto, nesta ocasión e a diferencia do 3-10 ante BarCocedero, xa non haberá sorpresas sobre o nivel do rival, o DCM terá enfronte un gran equipo polo que se quere sacer algo positivo deberá empregarse ó 100%.

Os informes dos que dispón o clube falan dun rival que defende no seu campo e busca o gol nas contras, con xente de calidade arriba, un sistema de xogo que non gusta ós intereses dcmistas pero que non pode ser escusa para un equipo que quere loitar por obxectivos ambiciosos.
O equipo chega ó encontro coa baixa de Emi que xa ve a luz ó final do tunel e tras recibir a alta médica tan só espera ir collendo de novo a forma para reaparecer a inicios do vindeiro 2011. Probablemente Yago tamén causará baixa, o que deixaría as posicións ofensivas do equipo moi mermadas, polo que presúmese un DCM moi defensivo que tente basear a súa victoria nunha gran defensa. Vare chegará ó partido aínda que xogará infiltrado por mor dun golpe nas costelas sufrido no adestramento da semana pasada, e Chape tamén estará a disposición do adestrador (se é que o hai) aínda que co seu habitual parte médico. Completan a convocatoria: Jorge, que semella agárdalle un partido onde as súas actuacións poden ser decisivas, Pali e Xmon na defensa e Pani e Quique na parcela ofensiva, onde ambos terán ración doble de traballo, deberán aportar en defensa e mostrar efectividade en ataque.

A resolución mañán sábado ás 18:00 no pavillón de Moledo.
E como dixo hoxe Paco Herrera ós seus pupilos "Señores póñanse as pilas que mañán hai 3 puntos en xogo e como non estemos a tope vannos comer os collóns"

Reciban un cordial saúdo e ata a crónica.

Aliñación probábel:

------Jorge------


-Vare-------Pali-


------Pani-------


-----Quique-----
PD: Non esquezan participar en Vai-Á Porra na entrada de abaixo

No hay comentarios: