Grazas de novo polo voso apoio, e polo voso interese neste club de amigos. E ós xogadores grazas por seguir ahí outro ano máis, e xa van cinco.
jueves, 23 de diciembre de 2010
O DCM Vos Desexa Felices Festas
Grazas de novo polo voso apoio, e polo voso interese neste club de amigos. E ós xogadores grazas por seguir ahí outro ano máis, e xa van cinco.
domingo, 19 de diciembre de 2010
“Ridículo”. Caf.Zeus 5-2 DCM
O partido comezaría cun 0-2 a favor dos dcmistas debido á insultante pasividade defensiva do equipo rival, que dende o inicio e ata o final estivo en Bembrive botando unha “pachanga” para pasar o rato, da que ó final saíron victoriosos. Vare nunha contra faría o primeiro, 0-1 e Pani tras un saque dende o curruncho sería o autor do segundo cunha fermosa resolución ante a saída do porteiro, 0-2.
O Zeus xogaba camiñando, é un equipo que non semella preocupado pola clasificación nin polos resultados. Onte, o DCM tampouco. A moitos dos nósos supúñalles o mesmo a victoria que a derrota; nada. E un equipo baseado na mentalidade e nas gañas e non na calidade como é o DCM, cando non se te va a vida pola victoria… é moi difícil gañar.
Caf.Zeus recurtaría distancias nunha das súas múltiples chegadas ó trote cun disparo cruzado que petaba en Vare e introducíase na porta. 2-1.
Tralo descanso, empate do Caf. Zeus 2-2. Despois un feixe de ocasións para os Dcmistas en contragolpes, saques dende o curruncho e disparos lonxanos, onde unha e outra vez escollíase a opción menos axeitada. Continuou camiñando o Zeus, continuou facendo todo mal o DCM. E a falta de 5 minutos para rematar, unha, dúas e tres contras dos locais que supuñan o 3-2, 4-2 e 5-2.
Remataba así o encontro, remata así o ano 2010.
Reciban un cordial saúdo e as crónicas da liga despídense ata 2011!!
Recorden que antes o equipo desputará a habitual copa loiola.
Boas festas para todos!! E Hala Celta!!
viernes, 17 de diciembre de 2010
Acoso ós postos de ascenso. Cafetería Zeus Vs Deportes Carlos Miguel
Esta semana o DCM vai enfrontarse a un equipo xa coñecido polos nosos, e que todos recordarán polo famoso incidente do penalti. Fai dúas temporadas, cando o DCM militaba en 3ªC e o Cafetería Zeus (antigo Vanesma) tamén, na primeira volta unha acción provocaría que o partido se tivera que repetir a partir dun determinado instante da segunda parte. Foi unha cousa curiosa, o DCM gañaba o partido por 2-1, cando o colexiado do partido sinalou unha pena máxima a favor do Vanesma. O Vanesma marcaría o penalti, pero un xogador do equipo franxivermello adiantouse antes de tempo, e o colexiado anulou o gol e cedeulle o balón ó gardamallas do DCM. Porén a aplicación do regramento non foi de todo axeitada, xa que a decisión correcta tería sido anular o gol pero volver a proceder ó lanzamento de penal. O Vanesma presentou unha queixa e o comité decidiu repetir parte da segunda parte do partido (que o DCM tivo que xogar inmediatamente despois dun partido) con 2-1 no marcador e iniciándose o partido cun penalti a favor do Vanesma. O Vanesma marcaría o penalti e o resultado foi o mesmo que se non te tivese repetido o partido 2-2 no marcador. Na volta o partido xa non tivo este tipo de incidencias, e o DCM foi quen de gañar por 2-0, nun partido onde amosou unha forte seriedade defensiva e aproveitou e moi ben as súas oportunidades á contra.
O Cafetería Zeus chega a este partido nunha xeira moi negativa, xa que dos últimos 4 partidos perdeu 3 e tan só foi quen de derrotar ó colista da competición ó Bar Kubi. E é que o Zeus comezou moi ben a liga con 3 victorias consecutivas, pero a partir de aí foi desinflándose xa que nas seguintes 5 xornadas tan só obtería 4 puntos, iso si, un deles ante o actual líder da competición o Wapichi United. Con todo isto o equipo, que actuará como local esta semana, atópase na oitava posición con 5 puntos menos que os nosos, pero cun partido menos.
Pola súa banda o DCM chega a este partido coa intención de afianzarse nas primeiras posicións da táboa, e demostrar que a boa segunda parte feita a semana pasada non foi froito da casualidade. Ademais a necesidade de gañar acentúase tendo en conta que se o Zeus gaña ó DCM, na seguinte xornada, na que os nosos descansan, terían a oportunidade de pórse por riba dos nosos. Polo tanto 3 puntos moi importantes en xogo, tendo en conta que agora ven para o DCM un longo parón, que fará que estea case un mes sen competir (xa que non volverá a xogar até o 15/16 de xaneiro xa que ó equipo lle toca descansar a xornada posterior a reis- 7/8 de xaneiro). Unha vitoria ademais permitiríalle ós nosos acercarse ós postos de ascenso, xa que os dous primeiros clasificados xogan entre eles. O Wapichi e o Parquets Eloy mediranse nun bonito partido no pavillón do estadio municipal de Balaídos, onde sobre o céspede unha hora despois xogará o equipo referente da cidade, o Real Club Celta de Vigo.
Para este partido Ratkovic Varela poderá contar con case que tódolos seus efectivos. Xa inicialmente non hai ningunha baixa garantida. Seguro estarán (salvo incidencia de última hora), Jorge na portería, Vare, Pali e Xmon en defensa, Pani, Yago e Quique en ataque. Ademais e posíbel a presenza de Emi, quen xa se adestrou co grupo esta semana, e a de Chapela. Polo tanto podería darse o caso de contar cos 9 xogadores do plantel para este importante partido. Iso si, moitos destes xogadores chegan con certas molestias ó partido. Jorge non adestrou con normalidade por mor dunhas molestias nas cosas, que non deberían causarlle ningún tipo de problema durante o partido, Vare segue a recuperarse do seu problema nas costelas, Quique segue coas súas doenzas no pe que lle fan xogar cunha aparatosa protección interior e non lle permiten golpear con total comodidade e Emi aínda retornou os adestramentos esta semana, como xa sinalamos con anterioridade.
Polo tanto importante partido para o DCM, que terá unha boa oportunidade para pechar o ano cun sabor moi doce e pegadiño ós postos de ascenso á primeira división, uns postos que este ano parecen estar máis disputados que nunca xa que a igualdade na categoría é máxima. O partido xa o saben, o sábado ás 21:00 h no pavillón de Bembrive, unha magnífica hora para gozar do que vai ser, case de seguro, un gran espectáculo do fútbol sala de Vigo en Xogo. Non o perdan, o equipo lles necesita.
Aliñación probábel
------Jorge-------
--Vare-----Pali---
------Pani--------
------Yago--------
Banco: Quique, Xmon, Emi (?), Chap (?).
?= Dúbida
miércoles, 15 de diciembre de 2010
Xornada 10 de Vai-á Porra
Cafetería Zeus Vs Deportes Carlos Miguel
Wapichi United Vs Parquets Eloy
Acerón Vs N.K.
Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo
Migui sigue líder aínda que ve reducida a súa gran vantaxe. Clasificación Vai-á Porra Xornada 10
domingo, 12 de diciembre de 2010
“Un cambio de actitude que ben vale unha victoria” DCM 2-1 BarLobisHome
O encontro ante Lobis Home deixounos de todo, un DCM lento e apático na primeira metade, un cambio radical de actitude tralo descanso que fixo saír ó campo a un equipo enrabietado e ansioso polos tres puntos e sobretodo moita, moitísima emoción ata o asubío final.
A novena xornada de liga desprazábanos ata Moledo, un pavillón onde os nosos sempre sufren e non acaban de encontrar victorias sinxelas. O rival un BarLobisHome mal situado na clasificación pero que viña de sacar sete puntos dos últimos nove posibles. E en xogo, unha victoria con moito significado para os nósos, necesitados de amosarse a sí mesmos xornada tras xornada se poden loitar cos de arriba ou non.
O DCM entraría o partido co freno de man posto, como no 90% dos encontros deste ano. O equipo mantiña as posicións pero non tiña movilidade, nin velocidade, nin ideas ofensivas. Por sorte para os nósos, o rival semellaba igual de durmido, ou incluso máis, xa que as primeiras ocasións ían caer do noso lado. Non eran por xogadas, nin por desmarques… senón pola inercia de ir gañando metros e chegar cerca da zona de disparo. O único positivo a destacar nestes minutos e que a diferencia doutros días, hoxe os nósos tentaba tocar dende atrás, con paciencia, aínda que ante a falta de movementos, de pouco servía dominar a posesión.
Pero o partido era tan lento, que o primeiro xogador que decidise rachar a compostura cun desmarque a través dunha carreira ía a dispor dunha ocasión clara de gol.
Esa lectura debeu facer o LobisHome, que cun sinxelo movemento de desmarque sen balón ían crear superioridade en ataque e plantarse ante Jorge para facer o 0-1 con disparo cruzado. Foi un grave erro defensivo dos dcmistas, personificado na figura de Yago que deixaba marchar moi só a súa marca pola banda oposta a onde atopábase o balón e recibir un balón a pracer para cargar o disparo e enviar o balón ó fondo das maias. Por fortuna Yago resarciríase con creces dese error na segunda metade, sendo o goleador do equipo nun día no que ó outro dianteiro, a Quique, pasoulle factura as súas dores no pé.
Ese gol trocou algo o encontro, máis na mentalidade dos equipos que no tipo de xogo que se observaba sobre o campo, xa que agora xa había un que tiña que atacar e outro que atopábase cómodo defendendo.
O DCM seguíu acumulando ocasións por inercia, pero sen chegar con demasiada claridade sobre a portería rival.
Por fortuna chegou o descanso e os nósos souberon ler o que estaba a pasar. O equipo non tiña intensidade, non tiña a actitude necesaria para ir a polo partido. Os rivais recibían cada balón con tres metros de espacio antes de atoparse cun defensor e en ataque faltaba loitar con máis garra cada acción.
Hoxe por sorte o equipo soubo reaccionar e o tempo foi suficiente para acabar por dala volta ó resultado, pero isto non debería volver a ocorrer, o equipo ten que saír así dende o inicio dos partidos, e desgraciadamente só mostrou estas ansias de victoria contra o Acerón e na segunda metade de onte.
Estes segundos 25 minutos foron un acoso e derribo dos dcmistas. O rival non tiña a posesión máis de 5 segundos, e é que agora sí os xogadores branquivermellos estaban enriba das súas marcas, que non podían recibir o esférico, e se o facían enseguida víanse presionados e obrigados a errar.
E coa posesión do balón, o equipo mostraba máis intención que na primeira metade. Lobis Home defendía con todo no seu campo, polo que o correcto sería anchear o máximo o terreo de xogo, e o DCM soubo facelo. Sen presa pero sen pausa organizaba cada ataque buscando os balóns ás bandas e tentaba (dentro das nosas limitacións) ir dando máis ritmo a cada ataque.
Agora si que había clarísimas ocasións de gol, pero agora a gran actuación do porteiro rival e a falta de fortuna non permitían conseguir o empate. Pani, Yago, Vare e Chape disporían de pelotas de gol, pero a máis clara estivo nos pés de Pali, quen remataría ata en dúas ocasións consecutivas contra a madeira da portería rival a tres metros da liña de gol. Pero isto encendeu todavía máis as ansias dos dcmistas que non baixaban o listón.
E sería en dúas xogadas a balón parado, dende a mesma posición e con idénticos protagonistas onde chegarían os dous goles.
O empate, mediada esta segunda metade foi tras un saque dende a banda esquerda do ataque dcmista, o balón remataba nos pés de Yago quen dende a frontal conectaba un potente chut que golpeaba no longueiro do marco rival, botaba enriba da liña e tocaba nas costas do gardamallas do Lobis Home para rematar de entrar nas redes.
Co empate o LobisHome ía tentar algunha que outra contra, pero o partido seguía sendo dominado polos nósos. Aínda así os rivais tiveron unha ocasión estupenda na que Jorge sacou unha man salvadora para despexar a corner cando xa todos vían o balón na escadra da súa portería.
O rival pedía un tempo morto a falta de catro minutos para o final. O DCM conxurábase para conseguir o gol da victoria, e este chegaría no derradeiro minuto de encontro.
Sería nun saque de esquina. O banco dcmista erguíase para marcar a berros a xogada de estratexia a realizar, e a execución saíu á perfección. Vare botaba dende o curruncho e Yago conectaba dende a frontal para facer o 2-1 e levar a ledicia a toda a parroquia dcmista.
Quedaban apenas 30 segundos de encontro, polo que non deu tempo para máis.
O DCM sacaba os 3 puntos in extremis, tras un cambio de mentalidade e de actitude no descanso que servíu para mostrar un equipo totalmente diferente.
Agardemos que ese sexa o equipo que vexamos de aquí a final de liga, xa que só desta maneira poderase loitar polo obxectivo.
A euforia que sempre provoca gañar no último minuto debe pasar xa, gañouse pero nada máis, debemos mostrar a serenidade do Sireno, que chova ou faga sol sempre está na Porta do Sol (verso cedido polos Beathos e a SGAE).
Queda un encontro para rematar o ano 2010, ano da confirmación do DCM na segunda división e que merece rematar cunha nova victoria. Pero non será sinxelo, enfronte un Caf.Zeus, antigo Vanesma, que sabemos que é un potente conxunto. Actitude rapaces!!
Tras esa xornada, tan só quedará despedir o ano coa Copa Loiola que este ano adianta a súa edición a finais deste mes de Nadal en lugar de comezos de Xaneiro, e que segundo as informacións desputarase o domingo 26. Agárdase que sexa a volta de Emi ós terreos de xogo. Pero iso queda todavía moi lonxe, agora a pensar na vindeira xornada: actitude, actitude, actitude, actitude, actitude, actitude. Unha victoria sería sensacional para os nósos intereses.
Despedímonos ata entón. Reciban un cordial saúdo e boa semana!
viernes, 10 de diciembre de 2010
A decantar a balanza. DCM Vs. Lobis Home
jueves, 9 de diciembre de 2010
Xornada 9 de Vai-á Porra
Deportes Carlos Miguel Vs Bar Lobis Home
Frutas Nieves Vs Bar Cocedero La Piedra
Parquets Eloy Vs Cafetería Castelao
Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo