
Tamén logran unha boa posición aínda que non son quen de meterse dentro das 3 primeiras prazas, Quique (DCM) que remata moi ben a temporada tras un comezo dubitativo e Lafuente que cedeu na derradeira xornada a súa 4ª praza. Na quinta posición empata con Lafuente DCM#8 quen ó igual que DCM#5 rematan nunha liña ascendente a temporada, Karr pola súa banda pecha o grupo de cabeza con 32 puntos.
Xa máis afastados deste grupo de cabeza están o resto de participantes, a quen a irregularidade (non participaron en todas as xornadas) lles impide optar a unha mellor clasificación.
Dende a organización desta Porra, agradecemos moito a tódolos participantes o seu interese, e agardamos que o vindeiro ano teñamos un maior número de participantes, e especialmente agardamos que fora do voso gusto.
Un saúdo, e vos agardamos a vindeira temporada. Bo Verán e Noraboa a DCM#3.
No hay comentarios:
Publicar un comentario