O DCM remata a súa primeira andaina na 2ª división cunha contundente vitoria da que desfrutaron xogadores, corpo técnico e afección. O equipo consegue así acabar con máis victorias que derrotas nun ano no que se cumpriron tódolos obxectivos; permanencia na categoría sen pasar apuros e moitas posibilidades de optar ó premio á deportividade da categoría, o que faría sumar ó equipo o seu 5º título en 4 anos; nos vindeiros días saberase o resultado.
Na derradeira xornada de liga, o DCM soltou a melena e fixo un partido cara a galería, con boas xogadas, fermosos goles e con moitísimas ocasións para ámbolos bandos. Os nósos chegaban coas baixas de Pali, Chape e Xmon o que compricaba o encontro e ademáis o ParquetsCorcoba que xa vencera ós nósos na ida, amosou que non é para nada un mal equipo, pero a pegada dcmista de hoxe os barreu do encontro ós poucos minutos de principiar, e é que os rivais comezaron ben prantados e as dúas primeiras ocasións foron para eles, pero en dúas chegadas os nósos farían os dous primeiros goles. Recurtaría distancias o 7PK2 nunha xogada desafortunada entre Vare e Jorge, pero nada máis sacar de centro o DCM retomaría o mando do partido para non deixalo ata o final. 5-1 ó descanso e 8-3 cando o colexiado Paulo deu por finalizado o encontro e a tempada para os nósos. Anotaron Emi en tres ocasións, Pani por partida dobre e completaron a conta Yago, Quique e Vare.
Destacar dos goles o fermosísimo tanto anotado por Yago quen dende fóra da área recibía un pase de costas á portería e ante a saída do cancerbeiro deixaba un toque sutil perfecto para superalo e anotar un dos mellores goles da tempada. Emi tamén quixo deixar o seu selo ó partido cunha xogada individual que comezou en campo propio e rematou el mesmo tras deixar atrás a varios rivais. E por último Quique, quen na última xogada do encontro anotaba un dobrepenalti e declaraba que estaba moi ledo por ser o primeiro que transformaba nestes catro anos.
Ademáis dos tres puntos, o DCM conseguía así o obxectivo de non recibir cartóns neste último encontro (tan só sacouse un amarelo para o rival), polo que optará ó premio pola deportividade con tan só 4 cartóns marelos en toda a tempada (se algún equipo da división levou menos, pode informarnos no chat).
Desta maneira remata o primeiro ano do clube na 2ª división, e as espectativas de cara a vindeira tempada son moi optimistas, e agárdase loitar polos postos máis altos da división.
Cicáis entre un servidor e Xaime, pronto podemos ofrecervos un pequeno resumo do que foi a tempada, pero non prometemos nada :)
Agora a desfrutar das vacacións os que as teñan… e moita sorte para o resto!
Coma sempre grazas a afección presente hoxe no pavillón e a fotógrafa por deixar constancia do equipaxe 2009-2010.
Un cordial saúdo para todos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario