Moi bos días queridos lectores
Unha semana máis nestas liñas
analizaremos o que vai ser a xornada número 21 para o Matiz Vigo FS, que esta 15
de marzo recibe ó Vet. Ars Canis tras caer a semana pasada ante o penúltimo
clasificado, o Librería Hollandia, por 1-2, nun partido feo, cun rival que foi
quen de sacar ós nosos do xogo.
Esta semana o Matiz Vigo se
enfrontará a outro equipo da zona baixa da táboa clasificatoria, o Veterinaria
Ars Canis. A escadra veterinaria se atopa na décimocuarta posición, tras
empatar a semana pasada contra o Bar Secundino (actual penúltimo clasificado
trala vitoria do Librería Hollandia a pasada xornada) por 1-1. O equipo
visitante conta con 4 vitorias, 1 empate e 15 derrotas, con 33 goles a favor (o
segundo equipo menos goleador tralo Bar Secundino) e 53 na contra. Pola súa
banda o Matiz Vigo chega en plena caída clasificatoria con 10 partidos gañados,
4 empatados e 6 perdido. Actualmente se atopa na quinta posición, empatados a
puntos co cuarto clasificado, o Explovi que ten un partido menos, e cun punto
máis que o Cafetería Danais e o Avispas de la Arena que tamén teñen un partido
menos. Polo tanto importantísimo encontro para os nosos que teñen o descenso a
4 puntos tralo mal comezo da segunda volta (onde conta con 1 vitoria, por 1-11
ante o Catacroker, 1 empate e 3 derrotas).
Na ida o Matiz Vigo foi quen de
superar ó Vet Ars Canis por 1-4, seguindo coa xeira de vitorias que o equipo da
Oliveira de Vigo ten cos veterinarios, xa que nos tres enfrontamentos que se
deron ata o momento entre estes dous equipos os maticistas sempre saíron
vencedores, cun parcial de 12 goles a favor e 4 goles na contra.
Para intentar reverter esta
situación o Matiz Vigo debe volver a súa esencia de xogo, garantindo unha
seriedade defensiva que a semana pasada non se plasmou sobre o terreo de xogo, onde
a veteranía e as prácticas pouco ortodoxas do rival foron quen de sacar ós
nosos mentalmente do partido e non ser quen de demostrar a superioridade
clasificatoria sobre o terreo de xogo.
Para lograr reverter esta situación e volver ser o equipo sólido e efectivo de principio de liga o Matiz contará cunha convocatoria máis xusta que nas últimas xornadas. Jorge ocupará a súa posición baixo os paus e terá que intentar recuperar a regularidade perdida nos últimos partido onde encaixou goles que eran evitables, Xmon e Vare terán que darlle a solidez defensiva que sempre foi característica do Matiz Vigo e Emi e Pani loitarán por ser o máis efectivos posibles e ademais axudar nas labores de contención. Por último Davo debe ser ese pulmón do equipo que pode render a un gran nivel en calquera parte do campo. Yago é posible que acuda o Pavillón de Candeán para probar o estado do seu nocello, que xa lle impediu xogar a semana pasada. De tódolos modos non se agarda que poida xogar de xeito regular neste partido. Serán baixa Chap, Pablo e Quique.
Polo tanto moi importante que os
xogadores sexan conscientes da importancia do partido, xa que unha derrota lle
condenaría a ter que loitar por salvar a categoría no que resta de campionato,
porén unha vitoria lle permitiría manterse preto desa terceira praza que se as
circunstancias acompañan poderían dar dereito ó ascenso de cara a máxima
categoría. E é que o deseño desta segunda división non deixa marxe para a
tranquilidade, descenso e ascenso están moi preto un de outro, e os pequenos
detalles e un par de partidos poden poñer a diferenza entre militar o ano que
ven na primeira ou na terceira clasificación.
O partido se disputará a unha
hora inmellorable, ás 19:00 h, nun precioso e moderno pavillón como é o de
Candeán. Non se perdan a oportunidade de sacarse o mal sabor de boca que deixou
onte o Celta no seu partido de liga, e veñan a animar ós nosos que nestes
momentos o necesitan máis que nunca. Xa o saben, Imos que nos Imos, Imos Matiz
Vigo!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario