Moi bos días queridos lectores.
Nos atopamos unha semana máis nestas liñas para analizar o que vai ser o
partido do Matiz Vigo FS, na xornada número 20 da temporada 2014/15 de Vigo en
Xogo.
O Matiz Vigo intentará sobrepoñerse da derrota ante o Explanada FS obtendo un resultado positivo ante o Librería Hollandia. O Matiz Vigo debe intentar recuperar a regularidade perdida, e comezar unha xeira de resultados positivos continuados. Pero antes de analizar ó noso equipo coma sempre comezamos co rival.
O Librería Hollandia se atopa na
penúltima posición da táboa clasificatoria, conta con 4 vitorias a favor,
ningún empate e 15 derrotas, 38 goles a favor e 85 na contra. O Matiz pola súa
banda chega a este partido con 10 vitorias, 4 empates e 5 derrotas 58 goles a
favor e 46 na contra. Na ida o Matiz Vigo foi quen de superar a escadra
Hollandista por 1-7, porén estes números non deben levar a engano ó equipo
Maticista, xa que das 4 vitorias que o Librería Hollandia ten no seu casilleiro
2 se produciron nas dúas últimas xornadas, tras superar 3-1 ó Explanada (equipo
que a pasada semana superou ó Matiz) e 4-2 ó Vet. Ars Canis, polo que non se
pode descartar que nesta segunda volta o equipo libreiro se fixera con algún
reforzo invernal.
Polo tanto máxima concentración a
que debe ter o Matiz se quere sacar adiante estes 3 puntos e manter a tiro dun
partido ó terceiro clasificado, que agora mesmo é o Camping Cangas. Para iso o
equipo da Oliveira de Vigo deberá volver atopar a súa mellor versión e obter
deste xeito 3 puntos que lle sirvan ademais para aumentar a distancia cos
postos de descenso, que nestes intres están 7 puntos.
Para acadar este obxectivo o
Matiz Vigo terá unha baixa de relevancia, como é a de Yago na dianteira, que no
partido contra o Explanada se fixo unha escordadura de nocello que lle está
dando máis problemas dos inicialmente previstos. Esta importante baixa do home
referencia dos postos ofensivos, será cuberta por Pablo que nesta xornada chega
dende terras madrileñas para axudar ó equipo a recuperar a senda das vitorias.
Pablo xa xogou un partido esta temporada coa camiseta Maticista, obtendo o
equipo negribranquivermello unha axustada vitoria no pavillón do Berbés.
Agardemos que esta xornada Pablo poida traer para os nosos a mesma sorte.
O resto da convocatoria será a
seguinte, Jorge baixo os paus, Vare, Chap, Xmon para os postos
defensivos, Emi, Pani e Pablo para os ofensivos e Davo como ese valioso comodín
que pode xogar en calquera dos postos do terreo de xogo.
O partido será ás 16:30 horas no
pavillón de Bembrive, unha perfecta hora para gozar dunha boa sobremesa neste
primaveral día de marzo, e quecer motores para o partido que o Celta xogará en
Vilarreal ás 19:00
Amigos xa o saben, o equipo
necesita o seu apoio nas gradarías, Imos que nos Imos! Imos Matiz Vigo FS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario