O Matiz
reencóntrase coa vitoria e curta unha senda negativa de resultados, nun
encontro moi traballado polos 6 homes convocados, que tiveron que remar
moito para remontar o 0-1 adverso para acabar impoñendo a súa
superioridade.
Necesitaba o equipo os tres puntos en xogo desta vixésimo primeira xornada de campionato, e é que a oitava posición que marca o teórico descenso estaba xa a tan só 4 puntos.
O encontro, desputábase no pavillón de Candeán e era asubiado por Arango.
Os nósos, presentaron unha convocatoria xusta, de tan só 6 xogadores. E unha vez máis, o equipo demostrou que case sabe competir mellor nestas situacións, aínda que iso requira un gran esforzo físico.
O Matiz comezou demasiado estático. Controlaba o partido, mais non remataba de levar verdadero perigo sobre a meta rival. O ArsCanis apenas inquedaba a un seguro Jorge.
Pero mediada esta primeira metade, e de novo a balón parado (igual que na pasada semana) os visitantes atopaban o gol. Grave erro defensivo dos nósos que non souberon reaccionar ao saque en curto da falta e permitiron o disparo sen oposición. 0-1.
Reaccionou entón o Matiz, comprendendo que debían xogar con máis movilidade para crear ocasións, pero varios xogadores acusaban xa o cansanzo. Aínda así, chegaron as mellores ocasións. Primeiro nun pase longo cara Vare, que saía a tapar o gardamallas, e aínda que o nóso 5 atopaba a Pani, os defensas rivais tapaban moi ben o disparo do atacante dcmista que non podía introducir o balón nas redes. E posteriormente un par de boas accións individuais de Emi, na segunda e tras un barullo na área, o balón remataba nos pés de Xmon que cunha boa reviravolta conseguía o tan ansiado empate 1-1.
Antes do descanso, puído incluso remontar o Matiz cun saque de falta de Emi cara Davo e devolución deste ante a saída do cancerbeiro, que de novo tapaba moi ben a defensa para impedir que o disparo traspasase a liña de fondo.
Tralo descanso, mellorou todavía máis o Matiz. Moveuse e circulou o balón con moito máis criterio, e aínda que pasaron por momentos de cansazo, pódese dicir que estiveron máis frescos que na primeira metade.
O 2-1 sería de novo obra de Xmon, que anotaba o seu dobrete e daba a volta ao electrónico tras unha boa xogada na que Pani pelexaba o balón ata que éste acababa no segundo pau nos pés de X que transformaba en gol.
Defendeu moi ben a súa renda o equipo, sen conceder apenas ocasións claras, e agardou a súa oportunidade para ampliar vantaxe. Ésta chegaría nun saque de porta en longo de Jorge, quen con precisión milimétrica superaba ao defensa rival e puña o balón na cabeza de Emi, para que éste nun gran xesto cruzase o esférico o suficiente para bater ao porteiro rival. 3-1.
Remataba así un gran encontro dos nósos que acadaron tres importantísimos puntos con moito traballo e recuperando grandes sensacións de xogo. Chega agora unha semana de descanso. Desfruten dela. Voltarmos coa previa do difícil encontro ante o Explovi (actualmente 4ºclasificado). Un saúdo!
Por primeira vez na tempada o Matiz encadea dúas derrotas consecutivas e tan só suma 1 punto nas tres últimas xornadas. O equipo perde parte do colchón de puntos adquirido sobre o oitavo clasificado, pero segue nunha boa posición na táboa.
A derrota de onte, chegou nun deses encontros, que por desgraza teñen que xogarse unha ou dúas veces por tempada e que empobrecen o campionato.
O rival cimentou a súa vitoria no balón parado e en protestas, provocacións e insultos (dende o campo e dende a bancada) que unha vez máis sacaron ao Matiz dun encontro no que o equipo non estivo cómodo en ningún momento. A chegada de Pablo provocou unha sobremotivación nos nósos que se traducíu incorrectamente en precipitación e présas. Os nósos quixeron conseguir a vitoria demasiado pronto e desperdiciaron os primeiro minutos do partido (os únicos que se puído xogar de maneira algo fluida), e é que tralo primeiro gol rival, tras unha contra moi mal defendida, o Hollandia optou por esas estrataxemas xa comentadas e que o colexiado non foi quen de penalizar adecuadamente.
E radicalizarían posturas tralo seu segundo gol que chegaría de disparo lonxano no que o gardamallas maticista non estivo afortunado.
Iso unido a moitos máis erros do Matiz, tanto en ataque como en defensa, acabaron por decantar o encontro. Os nósos chegaron a lograr o empate a 4 goles, pero cada vez que recurtaban distancias ou empataban chegaba un gol a balón parado dos rivais.
Non merece máis comentario un encontro que os nósos agardan deixar no olvido cunha vitoria a vindeira fin de semana, antes de entrar nun calendario tolo onde alternarase xornada de encontros con xornada de descanso (polo San Xosé e Semana Santa).