Bos días queridos lectores
Tralo parón da semana pasada por mor da ponte da constitución, volve a competición de Vigo en Xogo, xa na súa décima xornada. Un décimo encontro que lle depara ós nosos a cita máis compricada do campionato o partido contra o todopoderoso Vanesma Peluqueras, que levan dous anos arrasando en tódalas competicións que disputan en Vigo en Xogo.
E é que tan só analizando os números desta temporada a súa superioridade sobre o resto de rivais queda de manifesto. Obtivo a vitoria nas 9 xornadas que levamos de competición, con 73 goles a favor, o que fai unha impresionante media de 8,11 goles a favor por partido, e tan só 15 na contra, 1,6 goles en contra por partido. De feito son o equipo máis goleador con moita diferenza co segundo clasificado que ten 26 goles a favor menos, e o menos goleado cifra na que avantaxa ó Matiz Vigo en 1 gol. O partido máis axustado foi oque gañou por 4-6 ó Endulco, e o máis desigualado o que lle gañou 16-1 ó Catracroker United.
Pola súa banda o Matiz Vigo segue arrastrando moitas baixas neste tramo de campionato, se ben nesta xornada contará coa boa nova de Emi que regresa ós terreos de xogo tras dúas xornadas de ausencia. Nestas últimas tres xornada nas que o equipo xogou cun plantel moi axustado, o equipo foi quen de obter 3 empates o que lle serviu para distanciarse en 3 puntos respecto ó cuarto clasificado, o Cafetería Danais, que está a atravesar unha pequena crise de resultados. Polo tanto o Matiz Vigo chega terceiro clasificado na táboa cuns números impresionantes tendo en conta as condicións adversas que sufriu ata o momento. O Matiz Vigo é terceiro con 5 vitorias, 3 empates e tan só 1 derrota, cuns números que reflicten o tipo de equipo que é, no que as tarefas defensivas teñen unha importancia clave, 27 goles a favor (3 goles por partido) e 16 en contra (1,77 por partido). Nos últimos partidos a clave do éxito do equipo estivo en saber que a súa concentración defensiva tiña que ser máxima, e esta semana deberá acontecer o mesmo, o equipo de negro sabe o que é puntuar contra equipos punteiros na clasificación grazas a súa intensidade defensiva, nun partido rachado ten as de perder, pero nun partido intelixente no que o rival non teña o seu mellor día pode ser quen de puntuar. O equipo da Oliveira de Vigo debe apelar ó espírito do seu concidadán de Balaídos quen foi quen de gañar nun campo históricamente adverso como era o Camp Nou, o que nos deixou ver que hai partidos moi difíciles pero nunca se pode dicir que sexan imposibles.
A convocatoria para este partido será tamén moi axustada como comentamos con anterioridade. Jorge estará na porta, nun partido no que seguro que terá traballo a arreo, Vare e Chap deberán seguir demostrando o nivel da pasada xornada, Pani e Emi deberán facer unha aportación defensiva notable e intentar aproveitar as ocasións que de seguro xerará o Matiz Vigo. Por úlitmo pecha a convocatoria Davo quen volverá a ser un valioso comodín que sempre rende ó máximo nivel. Son baixa para o partido Xmon que segue a súa recuperaición do nocello danano, Yago, Pablo e Quique que por motivos estudiantís ou laborais se atopan fora da cidade. Precisamente é probable que para a vindeira fin de semana o equipo poida contar con todo o seu plantel para o partido fronte ó Avispas de la Arena (6º clasificado), polo que os xogadores hoxe presentes no encontro deben facer un último esforzo antes da chegada de reforzos dende diversos puntos da xeografía mundial.
O partido será esta tarde nun magnífico escenario o pavillón municipal de Coia, pavillón de ampla calidade e con asentos de palco para que os seareiros poidan sentarse cómodamente a ver un partido que promete espectáculo. Non o perdán hoxe ás 16:00 h todos a Coia!. IMOS que nos IMOS, IMOS MATIZ VIGO F.S.
No hay comentarios:
Publicar un comentario