O
Matiz encadea o seu terceiro empate consecutivo, tras tres xornadas nas
que só dispuxo de 5 xogadores. En principio, o equipo
supera así con boa nota esta difícil situación de dúas baixas por
lesión, e é que se ben as sensacións non foron nada boas no primeiro
enfrontamento contra Explovi, melloraron un chisco a semana pasada ante P.Corcoba e consolidáronse neste encontro no que os nósos remataron por
disfrutar do seu extenuante traballo no campo. O premio puido ser maior, pero o empate debe darse por bo.
No pavillón do Berbés e baixo a batuta dun novo colexiado, Jorge, disputouse esta 9ª xornada de liga. Os nósos chegaban con Jorge R. baixo paus, Chap e Vare en defensa e Pani e Davo para o ataque.
Con só estes cinco xogadores, o partido semellaba complicado para os branquivermellos. E peor pintou a cousa, cando o equipo víuse obrigado a gastar o seu tempo morto, escasos intres despois de principiado o encontro por un máis que inoportuno despiste cunhas canilleiras.
Mais a diferenza dos dous encontros pasados, os nósos conxuráronse para, dentro do posible, ter algo máis de posesión de balón. O conseguiron en parte grazas a que o rival non presionaba tanto a saída de balón como o da xornada anterior, e en parte grazas a mellora de rendemento individual dos nósos respecto da semana pasada. Se ben é certo que a esta posesión faltoulle movilidade derivada da falta de frescura, e iso fixo que as ocasións cara a porta rival foran escasas e baseadas fundamentalmente en disparos lonxanos.
Tampouco os visitantes gozaron de ocasións, ante, unha vez máis, o gran traballo defensivo do equipo. Mais, nun dos escasos erros dos Maticistas, unha contra ben levada polos Transportistas remataría no 1-0, a pesares de que o disparo final a porta baleira foi defectuoso, e só atopou portería tras petar con moi mala fortuna en Jorge.
Púñase costa arriba o encontro para os nósos, mais o empate chegaría cedo, nun libre indirecto na frontal da área, que Davo tocaba para que o lanzamento de Vare, tras tocar o longueiro, rematase no fondo das redes rivais. 1-1.
Tralo descanso, os visitantes adiantaron a súa liña de presión, porén o Matiz, aínda que non tan cómodo, seguiu atopando interesantes posesións de balón e algunha que outra boa triangulación que lles permitía respirar e non correr detrás do esférico.
E o gran esforzo que o equipo estaba a realizar, atoparía premio nunha gran xogada individual de Davo, quen con gran forza, arrancaba en medio campo, superaba a dous rivais e con algo de fortuna tamén a saída do cancerbeiro quedando o esférico morto para que o propio Davo remachase a súa xogada facendo o 2-1. Reafirmaba así a súa vital importancia para este equipo, adaptándose as necesidades do plantel, anotando 3 goles nas últimas dúas xornadas, cando o equipo máis necesitou aportación ofensiva.
Ese esforzo extra, obrigou de novo ao equipo a adiantar o seu segundo tempo morto, con tan só 9 minutos da segunda metade desputados.
Quedaban 16 para o final, un mundo cando as forzas xa estaban moi xustas. Pero se algo saben facer os nósos é defender. De novo Pani cun encomiable traballo, contaxiaba o esforzo defensivo do equipo, a quen sumouse novamente Chape cun gran encontro sen erro algún. O rival comezou a desesperarse e a descentrarse con protestas ao colexiado.
Os nósos todavía tiveron forzas para saír nun par de boas contras que non atoparon gol por pouco.
Pero cando a vitoria xa parecía factible, chegaría o empate dos visitantes. Foi intres despois da outra gran ocasión da que dispuxeron nesta segunda metade e que Jorge desbarataba cunha crucial intervención. Pero non puido facer o mesmo, nesta segunda opción, na que o balón, morto en área pequena era rematado polo atacante rival e coábase con fortuna por debaixo do noso gardamallas que chegou a tocar ata en dúas ocasións. 2-2.
Finalizaba así un traballadísimo partido dos olívicos, que superaban unha vez máis as baixas esquivando a derrota.

Agora chega o parón polo día da Constitución. O equipo espera recuperar efectivos nestes 15 días, antes de enfrontarse ao todo poderoso Vanesma e posteriormente encarar a última xornada do ano 2014.
Aproveitando a xornada de descanso, recibirán máis información deste primeiro tramo ligueiro; promesa de Xaime.
Ata a vindeira xornada. Reciban un cordial saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario