Benvidos queridos lectores
Nos atopamos este sábado día 08/11/2014 nestas liñas para analizar o que
vai ser a sexta xornada de liga competición recreativa máis importante da
cidade Vigo en Xogo.
O Matiz Vigo FS recibirá nesta xornada a un vello coñecido dos nosos, o Veterinaria
Ars Canis F.S., que esta temporada non está comezando con bo pe a competición
ligueira, xa que nas 5 primeiras xornadas non foi quen de estrear o seu
casilleiro de puntos. Porén esta estatística pode resultar moi enganosa, xa que
se analizamos os resultados deste equipo no que vai de campionato, veremos que
en moitos partidos estivo cerca de obter a lo menos un punto. Vexamos a súa
traxectoria no que vai de campionato.
- 1ª Xornada: Avispas de la Arena 4-1 Vet. Ars Canis. foi a súa derrota máis contundente no que vai de campionato, ante un dos equipos punteiros do grupo, que ocupa a quinta posición, xusto por debaixo do Matiz Vigo F.S. con 3 vitorias e dúas derrotas.
- 2ª Xornada: Vet. Ars Canis 1-2 Explanada F.S. aquí vemos que o equipo veterinario estivo moi cerca de sumar os seus primeiros puntos ante un rival que mantivo en alerta ó Matiz Vigo ata os derradeiros minutos de partido onde conseguiu despegar no marcador. Actualmente o Explanada F.S. ocupa a novena posición con 2 vitorias e 3 derrotas.
- 3ª Xornada: Bar Lobishome 3-1 Vet. Ars Canis. Este foi o segundo partido, e último, onde o equipo canino perdeu por máis de 1 gol ante un Bar Lobishome que se atopa a tan só 3 puntos do equipo dos homes da oliveira, ocupando a sexta posición na táboa clasificatoria.
- 4ª Xornada: Vet. Ars Canis 1-2 Librería Hollandia. Nesta xornada perdeu por tan só un gol ante un dos rivais que nestes intres ocupa a zona baixa da clasificación e que se enfrontou a semana pasada ó equipo do Matiz Vigo F.S.
- 5ª Xornada: Bar Secundino 3-2 Ver. Ars Canis. Outra vez o equipo que nos visita esta xornada quedouse co mel nos beizos, e caeu por tan só 1 gol ante un Bar Secundino que ocupa a oitava posición con 2 vitorias e 3 derrotas.
Imaxe obtida do Facebook do Ver.Ars Canis |
Polo tanto obsérvase que se trata dun equipo que sempre logra competir en
tódolos partidos e, que agás no primeiro, púxolle as cousas moi difíciles ó
seus rivais, polo que se o Matiz Vigo F.S. cae no exceso de confianza seguro
que sae mal parado deste encontro, máis aínda se temos en conta os
enfrontamentos do ano pasado entre ambos equipos, onde se ben na volta o Matiz
Vigo F.S conseguiu impoñerse por 6-2 ó equipo veterinario, na ida tan só foi
quen de obter unha vitoria por 2-1 nun axustado partido.
Unha vez analizado ó noso rival, chegou a hora de analizar ó noso equipo. O
Matiz Vigo F.S. chega ó partido enchido de moral tras lograr unha importante
vitoria por 7-1 ante o Librería Hollandia, nun partido onde tan só contaba con
5 xogadores, por mor das diferentes circunstancias que fixeron que o equipo non
puidera contar coa metade do seu cadro de xogadores. Para este partido as
previsións son máis positivas, xa que o equipo olívico poderá contar con dous
reforzos respecto ó pasado partido, estes serán Pani que volverá ós terreos de
xogo tralos seus compromisos empresariais e Pablo quen debutará esta xornada
tras poder escaparse da capital española para disputar un partido na cidade máis
bela do noroeste español. Pablo volverá a enfundarse a elástica do equipo tras
unha temporada e 5 xornadas. A pasada campaña Pablo tiña que abandonar a
disciplina do conxunto maticista para emigrar cara Polonia para a finalización
dos seus estudos. Este ano a pesar da súa residencia na capital española, a
directiva conseguiu pechar un contrato, para que cando o xogador estea por
terras galega poida disputar partidos co equipo maticista. Non vamos agora a
descubrir o alto nivel competitivo de Pablo, tan só nos espera agardar que tal
se adaptará ó xogo do Matiz Vigo FS, un xogo que é moi similar ó que se
propoñía fai dous anos cando o equipo militaba na primeira división da
competición.
Polo tanto a convocatoria estará formada por Jorge na porta, Davo, Chap e
Vare para posicións defensivas e Emi, Pani e Pablo para as posicións en ataque.
Serán baixa Quique quen segue ó outro lado do Atlántico, Xmon que aínda estará
preto de dúas semanas máis de baixa por mor da súa torcedura de nocello e Yago
quen se atopa en Manresa, pero quen se nada se torce estará a disposición do
adestrador nas dúas vindeiras xornadas de liga, o que compensará as previsibles
baixas de Pablo e de Emi que non poderá estar a vindeira xornada onde o equipo
visitará ó Explovi.
O partido xa o saben o vindeiro domingo día 9 de novembro deste 2014 que xa
está rematando, no pavillón do Berbés ás 17:00 horas. Unha hora moi futboleira
nun céntrico e ben dotado pavillón de deportes onde o Matiz Vigo xa ten feito
xestas asombrosas como gañar e empatar a equipos punteiros da primeira división
de Vigo en Xogo.
Non se o perdan, o equipo necesita o seu apoio! xa saben! imos que nos
imos! Imos Matiz Vigo!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario