Benqueridos lectores outra semana
máis nos atopamos neste espazo que nos facilita o Matiz Vigo F.S. para plasmar
o que vai ser a quinta xornada de competición da temporada 2014/15 de Vigo en
Xogo.
Coma sempre comezaremos falando
do noso rival o Librería Hollandia, que é un auténtico descoñecido para os
nosos. O equipo académico ven de firmar un titubeante comezo de liga o que lle
fai ocupar os postos baixos da táboa clasificatoria. Porén na última xornada
encontrou por fin o camiño da vitoria e está por ver cómo afectará isto ó seu
rendemento nas vindeiras xornadas. Podemos dicir, á vista dos seus números que
o equipo libreiro trátase dun equipo cunha moi boa produción ofensiva pero que
encaixa moitos goles. Así o amosan os seus números no que vai de
competición. O Librería Hollandia ocupa a décimo terceira posición con 3 puntos
(9 o Matiz), 1 vitoria (3 o Matiz), 3 derrotas (1 o Matiz), 10 goles a favor
(11 o Matiz) e 19 en contra (9 o Matiz). Polo tanto vemos que os seus números
ofensivos son positivos, case similares ós do Matiz cunha media de 2,5 goles a
favor por partido (2,75 o Matiz) pero pola contra se trata dun equipo que encaixa
moitos goles, 4,5 por partido (2,25 o Matiz). Polo tanto a defensa o equipo da
Oliveira de Vigo deberá estar moi atento e manter o nivel defensivo que está a
mostrar en case todos os partidos, cun estilo máis definido que o pasado ano e
que lle está a dar moi bos resultados. Na faceta ofensiva coma sempre deberá
intentar aproveitar as súas oportunidades, das que ata o momento está a gozar
de moitas, pero lle falta un chisco para ser un dos equipos con máis pegada do
campionato.
A tarefa de enfrontarse ó
Librería Hollandia non será doada, xa que o equipo de negro chegará ó partido
moi minguado polas baixas, dos 10 xogadores cos que conta no equipo so poderá
contar con 5, é dicir cos xustos para afrontar este partido. Isto se debe a
diversos motivos. Pablo e Quique seguen sen participar no que vai de campionato
como xa estaba previsto, e tan só se agarda a súa participación en partidos
puntuais, que no caso de Pablo podería ser incluso na vindeira xornada. Yago
atópase en Manresa e o equipo deberá tratar de soportar a súa ausencia en
ataque dúas xornadas máis, xa que dentro de dúas fins de semana o poderemos ver
outra vez nos terreos de xogo defendendo as cores maticistas. A estas baixas
que foron habituais nas dúas últimas semanas se lle suma a baixa de Xmon que se
lesionou a pasada semana cunha escordadura de nocello e que estará
aproximadamente tres partidos máis de baixa e a de Pani que por mor de motivos
empresariais non poderá acudir ás instalacións de Candeán onde se disputa o
partido. Polo tanto 5 baixas que farán que os 5 asistentes teñan que poñer todo
da súa parte para formar unha aliñación competitiva e realizar un partido intelixente
no que non arrisquen máis do debido e no que saiban dosificar os seus esforzos.
Estes 5 xogadores que son os que formarán a convocatoria serán Jorge na porta,
Vare e Chap para os posicións defensivas e Emi e Davo para as ofensivas.
Será de moito valor por tanto o
apoio dos seareiros dende a bancada, que xa a pasada semana lle deron un plus ó
equipo que lle permitiu gozar dun final de partido plácido, cando todo parecía
indicar o contrario xa que o equipo chegaba con menos efectivos que o rival e
polo tanto podería acusar o cansazo ó final do encontro. Polo tanto a situación
de equipo axustado non lle será nova ó Matiz Vigo, quen se sabe manexar ben
nestas lides e de seguro que é quen de plantarlle cara a un difícil rival como
é o Librería Hollandia.
O partido se disputará no
pavillón de Candeán ás 11:00 horas do Domingo, unha boa hora para gozar dun bo
partido de fútbol sala e despois gozar dun marabilloso e longo domingo. Imos
que nos Imos! Imos Matiz Vigo!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario