O equipo rosiña non puido co Panadería Travesía de Vigo nesta 20º xornada.
Os nósos, chegaron con tan só 5 xogadores ao encontro (Jorge, Vare, Xmon, Pani e Emi), incorporándose Davo antes do descanso do mesmo. O equipo plantexou o encontro en base a esa escaseza de efectivos, baixando a liña de presión a campo propio e deixando a posesión en mans dos líderes da categoría.
Así, os locais dominaban o esférico pero apenas creaban ocasións de perigo. O DCM buscaba saír á contra.
O 1-0 chegaría nun dos puntos febles do sistema defensivo Dcmista, cun balón ás costas dos defensores, que o atacante rival controlaba e enviaba ao fondo das redes. Despiste defensivo que semellaba deixar o encontro en bandexa para os panadeiros.
Pero o DCM non se precipitou, seguíu agardando a súa oportunidade, e ésta chegaría nun roubo de balón en campo propio de Vare que lanzaba o contragolpe e anotaba cun disparo dende fóra da área. 1-1.
O Travesía de Vigo semellaba dormido, e os nósos gozaron dunha fantástica oportunidade de pórse por diante xusto antes do descanso pero o balón marchaba por riba do longueiro.
Tralo descanso, as forzas Dcmistas só duraron 5 minutos máis. Ata que o dianteiro rival, recibía, marchaba da súa marca cun gran movemento e batía a Jorge de tiro cruzado. 2-1.
Nese intre o DCM xa non soubo agardar máis e comezou a esquecer a súa idea de xogo en busca de tentar empatar o encontro. Isto abríu grandes ocos que o líder aproveitaría en 4 ocasións máis ata o 6-1 definitivo.
Na anterior xornada, (desculpámonos por non ter realizado crónica) os nósos vencían por 5 a 3 a Explanada FS con goles de Emi, Pani, Vare, Davo e Selu.

As fotos do encontro as podedes atopar no seguinte enlace:
Un cordial saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario