sábado, 27 de abril de 2013

Arrière de la Course. Deportes Carlos Miguel vs El Rincón del Poucho.

Bos Días /tardes/noites queridos lectores,



Nos atopamos unha semana máis para analizar o que vai a ser unha nova xornada da primeira división de Vigo En Xogo. 

O DCM chega a esta xornada na cola do pelotón ligueiro, ou o que é o mesmo na arriere de la course. E atópase en plena ascensión do Tourmalet. O equipo chega xustiño de forzas a esta ascensión e o señor do mazo parece que está moi pegadiño ós nosos e que lle pode dar en calquer momento. Nos primeiros quilómetros de ascensión, cunha pendente do 10%, chamados a rampa Hannover, o equipo non foi quen de manter o ritmo do pelotón e comezou a descolgarse un pouco, trala súa derrota por 6-0. Agora chega a rampa máis dura da ascensión a rampa El Rincón del Poucho cun 18% de pendente, á que o equipo chega xusto de forzas, pero no que ten que intentar no descolgarse do pelotón, o que conseguirá obtendo algún punto fronte ó lider da competición. En principio pode parecer imposible que nesta rampa o equipo poida estar máis forte que o Maillot Amarelo da competición, pero non debemos esquecer que non hai nada imposíbel e que xa o ano pasado o equipo conseguiu sacar un vailioso punto contra este rival. 

Precisamente foi no pavillón onde se vai disputar este encontro, no pavillón municial do Berbés, onde o equipo foi quen de conseguir un punto ante El Rincón del Poucho. Un pavillón que o ano pasado foi talismán para o equipo DCM'ista onde sempre sacou boas puntuacións. E é que cada vez que o equipo Carlista xoga nun pavillón pouco habitual, como o Berbés, Navia ou o Pavillón Central das Travesas o seu rendemento se multiplica, ó igual que cando soga sobre parquet onde obtén mellores resultados que noutras superficies coma o pavillón municipal da Mina. 

Polo tanto o equipo ten que chegar plenamente convencido das súas posibilidades, e cada un dos xogadores mentalizados de que deben de ser moi importantes e que a súa aportación individual vai a ser básica para poder obter os 3 puntos. O plantel de xogadores ten que saír plenamente concentrado ó partido para poder obter un gran rendento individual e aportar ó colectivo. A convocatoria deste partido está formada por, Jorge na portería, Vare e Chap para as posicións defensivas, Pablo e Emi para os postos máis adiantados e David de comodín para ámbalasdúas zonas da campo debido a súa condición de xogador polifunconal. Con estes 6 xogadores o equipo ten que intentar sacar o máximo rendemento, agardando que a vindeira semana se poidan incorporar a convocatoria, Yago e Xmon que serán baixas esta xornada ó igual que Pani. 

Esta semana chega cargada de polémica polas decisións dos diversos comités da Agrupación Deportiva Vigo. En primiero lugar o comité de competición decidía expulsar ó Ishaya, para que posteriormente o comité de Apelación rebaixara a sanción a reducción de 6 puntos na clasificación, nunha decisión que non lle favorece ó DCM, xa que se a expulsión se fixera efectiva, descenderían tan só 3 equipos, pero coa nova decisión a salvación do equipo carlista, segue a estar moi complicada, e necesita non dar por perdido ningún partido de antemán, xa que un punto pode ser vital no desenvolvemento do campionato.

O partido se disputará ás 14.00 h no pavillón do Berbés, unha hora un tanto complicada para a afluencia dos seareiros, pero que confiemos que sexa positiva en canto a recadación de puntos por parte do equipo rosiña. 

Imaxe do pavillón obtida de worlchangas.blogspot.com



No hay comentarios: