Por primeira vez
na historia Dcmista, o resumo final de tempada versa sobre un descenso de
categoría. E é que ata este ano, o DCM sempre foi dando pequenos pasos cara
adiante e progresando nas divisións ata alcanzar a máxima categoría de Vigo en
Xogo. Mais esta tempada, cando todos agardaban que o equipo se consolidase
entre os mellores equipos da competición, chegou un descenso a todas luces
inagardado, pero que agardemos supoña un pequeno paso atrás para dar dous cara
adiante.
As claves da
tempada:
- Un comezo prometedor: Trala campaña de fidelización de siareiros do Presidente Rodríguez e cunha bagaxe de 3 vitorias, 1 empate e 1 derrota nas 5 primeiras xornadas, o DCM ilusionaba e incluso chegou a ter a oportunidade de situarse líder da categoría.
- Iníciase a debacle: Nas restantes 9 xornadas da 1ª volta, o equipo só fixo 3 míseros puntos en sendos empates. A dureza do calendario primeiro, a baixa de Pani despois, e sobretodo a mala fortuna dos derradeiros minutos de cada encontro (nos que se perderon moitísimos puntos), deixaron ó equipo tocado e sen rumbo, mais dende o entorno do clube seguía a respirarse tranquilidade, agardando unha melloría na segunda volta que nunca chegou.
- Espellismo de resurrección: O regreso de Yago axudaba ó equipo a retornar á senda da vitoria. Un traballadísimo 2-1 contra Siho que semellaba significar a saída do túnel e de novo repetíanse os bos números iniciais da primeira volta. 10 puntos nas 5 primeiras xornadas que daban moito osíxeno ó equipo, pero con outras sensacións, xa que a primeira derrota chegou co colista da división (que non tiña vencido ningún encontro ata o momento).
- A debacle definitiva: Semellaba imposible pero conseguíronse empeorar os números da primeira volta. Tan só 2 tristes puntos nas últimas 9 xornadas de liga foron aval dabondo para que o DCM ocupase merecidamente unha das prazas de descenso. A Mina convertíuse no cemitierio Dcmista, a afección abandonou ó equipo á súa sorte, mais os nósos non perderon en ningún momento a compostura. Non cambiaron as súas ideas, tentárono en cada encontro e estiveron moi preto de conseguir bos resultados que os mantivesen na pelexa, pero non puido ser e finalmente o equipo centrouse únicamente no obxectivo da deportividade.
- Descenso e Títulos da Deportividade: Consumouse o descenso de categoría, pero o equipo estivo un ano máis (e xa van 5 consecutivos) na gala final da liga, recollendo o premio á Deportividade da 1ª división e o trofeo de Campión de Campións da Deportividade de todas as ligas, e acompañado novamente pola súa afección amosando así a reconciliación co equipo.
Os números da
tempada:
- 12º clasificado con 25 puntos tras 6 vitorias, 7 empates e 15 derrotas
- 71 goles a favor (33 menos co ano pasado) e 97 en contra (mellorando en 16 os tantos recibidos a tempada anterior (113))
- Pablo Santos reeditou a súa condición de máximo anotador con 28 tantos (os mesmos ca tempada pasada). Emi 20, Davo 8, Pani 6, Vare 6, Yago 1, Xmon 1.
- Asistencias: Pablo 21, Emi 12, Vare 7, Davo 6, Pani 2, Chap 1, Yago 1.
- 4 amarelas (2 Pablo, 1 Davo, 1 Xmon)
- Jorge, Vare e Pablo desputaron tódolos encontros da tempada.
- Xmon foi a mellor noticia deportiva do equipo, ó cumprir por fin (e con creces) o número de encontros obrigatorios a xogar por contrato.
Agora tempo de
vacacións no clube, e pronto terá que iniciarse a planificación da tempada
vindeira. Danse por feitas (a falta de confirmación oficial) as renovacións de
Jorge, Chape, Xmon, Davo, Vare, Pani e Emi)
A marcha ó
estranxeiro de Pablo, será moi difícil de cubrir, aínda que o clube xa ten
sobre a mesa o nome do seu substituto, un home de características moi
diferentes ás de Pablo pero que chegaría
coa recomendación e o aval do entorno dos irmáns Santos.
E de novo o clube
deberá decidir cos representantes de Quique e Yago se tramitar as fichas de
dous homes que non residirán na cidade. Polo de agora podemos avanzar unha boa nova, e é que se todo marcha segundo o previsto, Yago poderá desputar moitos
encontros esta tempada, ó poder realizar as súas prácticas na cidade olívica;
agardemos que todo se concrete para ben.
O clube traballa
tamén cos seus contactos sanitarios para tentar que o xeonllo de Vare chegue
apto ó inicio do campionato.
O Sr. Rodríguez
segue ó fronte da directiva dcmista e non se agardan eleccións a curto prazo.
Unha estabilidade totalmente inagardada tralo peor ano deportivo da historia do
clube co descenso de categoría.
Seguiremos
informando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario