viernes, 22 de marzo de 2013

Bar o Cruce Vs DCM. A Recuperar sensacións

Moi bos días/tardes/noites queridos lectores



Atopámonos unha semana máis, aquí para analizar o que vai a ser un partido crucial no devenir da traxectoria DCM'ista.

O DCM chega a este partido tras unha dolorosa derrota ante o colista da categoría, o Bar Clavel, nun partido no que o equipo confirmou as malas sensacións que tiña dado a semana anterior ante o penúltimo clasificado, onde obtivo un punto. Polo tanto dúas xornadas ante os dous últimos clasificado e tan só un punto obtido, un rédito moi pobre para poder acadar o obxectivo da salvación. Ademáis estas dúas xornadas deixan dúas baixas de longa duración para o conxunto rosiña, a xa comentada a semana pasada de Pani, agora se lle suma a de Emi, que estará de baixa ó redor de un mes e medio por mor dunha rotura fibrilar de entre un e dous centímetros no abductor. Dentro da desgraza a boa nova e que neste periodo de baixa o DCM ten que descansar dous fins de semana, o domingo de pascual, cando non hai liga, e o segundo fin de semana de abril onde lle toca a xornada de descanso ó equipo rosiña. Ademais esta xornada o equipo contará coa presenza de Yago, polo que dese mes e medio de competición que se vai perder Emi, que podería corresponderse aproximadamente con 5/6 fins de semana, o equipo ten cubertas a metade entre as xornadas de descanso e a presenza de Yago para reforzar os mermados postos de ataque. E é que se esta semana non estivese Yago o equipo tan so contaría con un xogador natural da zona ofensiva que sería Pablo.

A pesar de todas estas malas novas, o certo é que queda todavía moita competición e que o equipo DCM'ista aínda non caeu nos postos de decenso, polo que ten abertas tódalas posibilidades de salvación. Ademais cabe destacar que o rival de esta semana, un rival moi ben clasificado, xa caeu na ida contra o DCM nun partido no que os nosos demostraron todo o xogo que teñen nas súas botas. Respecto a aquel partido o equipo conta coa baixa de Pani pero coa presenza de Yago, polo que o equipo que se presentará na pista, esta vez do Calvario, será de total garantías. Naquel partido xogado en Navia o equipo superou con total autoridade a un dos equipos mellor clasificados do campionato, e polo tanto o DCM ten que saír coa total confianza de que a vitoria é totalmente factible (tan factible como necesaria) pero que deberá pór todo a carne no asador, e tratar de facerse fortes en defensa para aproveitar as oportunidades que teña o equipo DCM'ista. E é que a semana pasada o equipo encaixou 3 goles, 1 gol menos que nas 3 xornadas anteriores xuntas.

O partido se disputará no pavillón do Calvario, unha moi boa pista para a práctica deste deporte, ás 16.00 do Domingo de Ramos, agardemos que os searerios volvan responder como a semana anterior, e se pode ser en maior número, e gocen dunha boa sobremesa no pavillón municipal do Calvario.

HORA: 16
DÍA: 25/03/2013
PAVILLÓN: CALVARIO (LAVADORES / SANTA CRISTINA).

miércoles, 13 de marzo de 2013

DCM VS Bar Clavel. Cos 5 Sentidos.


 
Moi bos días/tardes/noites queridos lectores

Atopámonos unha semana máis, e esta vez tan pronto como coñecemos os horarios dos partidos de esta semana, para analizar o que vai a ser o encontro entre o Deportes Carlos Miguel e o Bar Clavel. O partido disputarase no pavillón de Bembrive, un dos mellores que se pode atopar na competición de Vigo En Xogo. Situado nos montes da entidade local menor viguesa, é de grato recordo para os nosos, xa que nel produciuse o debut do equipo, actualmente rosiña, na competición. Trátase dun pavillón cunha superficie de parqué, polo que o equipo non terá os problemas que lle achacan os xogadores ó esvaradío terreo do Monte da Mina, o único problema que se poden atopar é, se fai mal tempo o domingo, como parece ser o caso segundo nos informan os nosos compañeiros de Meteogalicia, goteiras nas proximidades de ámbalas dúas porterías, e é que o pavillón de Bembrive non é alleo ós múltiples problemas que teñen case todas as instalacións deportivas viguesas, sumidas nun lamentable estado de deterioro, comezando polo Estadio Municipal de Balaídos, onde os seareiros da grada de Río teñen múltiples goteiras, pasando polas pistas situadas nestas mesmas gradas que tras ser baleiradas de escombros e pechadas, seguen a ter graves problemas coa auga da chuvia, seguindo pola piscina municipal de Lavadores que ten unha pista de Squash pechada por mor da humidade, e outra que ten o teito en no moi bo estado... e así un longo etc. Agardemos que estas deficiencias se arranxen máis pronto que tarde e que a estas instalacións se lle unan cedo outras como o pavillón da ETEA e o polideportivo de Candeán, cando os trámites burocráticos o permitan.

Centrándonos xa no partido o DCM recibe ó colista da clasificación coa obriga de conseguir os 3 puntos. A semana pasada o equipo non foi quen de pasar do empate contra o Urba, un patido que estaba marcado no calendario como necesario sumar os 3 puntos para chegar con certa folgura ó tramo final do campionato. Porén o equipo fixo un mal partido no que non atopou o seu xogo, e non foi quen de xerar ocasións de certo perigo até o tramo final do partido. É máis o gol do conxunto rosiña tivo que chegar de falta directa. Pola contra é preciso salientar, que se ben no pasado partido o equipo non logrou o seu mellor nivel ofensivo, é certo que a nivel defensivo o equipo ten mellorado moito nos últimos partidos, o que é básico para lograr a melloría clasificatoria que está buscar o noso conxunto. Nas 3 últimas xornadas o DCM tan só encaixou 4 goles, o que fai unha media de 1,33 goles por partido, unhas cifras ó alcance de moi poucos equipos, e que se se prolongasen no tempo de seguro que garantirían a permanencia da escuadra rosiña unha temporada máis na primeira división da competición recreativa máis importante da cidade olívica. 

O rival chega ó encontro situado na derradeira posición da táboa clasificatoria, é último con tan so 3 puntos, os obtidos en 3 empates. Tras a reacción que está a protagonizar o Urba Os Cabazos, nesta segunda volta está xa a 4 puntos deles, quererán obter a vitoria para non verse descolgados totalmente da penúltima posición, e para intentar esgotar as súas últimas opcións de permanencia que pasan por gañar dende xa. Polo tanto o DCM non debe confiarse, xa que a semana pasada xa puido vivir nas súas propias carnes que non é nada fácil gañar os equipos que están máis abaixo na táboa clasificatoria e para os cales cada punto dos que resta de liga é vital para intentar obter a milagre da permanencia. Ademais cabe destacar que o DCM ten a tiro a 2 equipos como son o Parquets Eloy e o Talleres Cahersa que a semana pasada non conseguiron pasar do empate nos seus compromisos e polo tanto seguen a un punto dos nosos. Por outra banda o Moho, equipo que marca o descenso está a tan só 3 puntos dos nosos e cun partido menos, tras empatar o seu compromiso a semana pasada precisamente contra o Parquets Eloy. O único dos equipos que foi quen de lograr a vitoria foi o Decoraciones Jesús Cao que tras moitas xornadas sen gañar obtivo os 3 puntos ante o rival do DCM desta semana, o Bar Clavel (2-5).

Para este partido e para o que resta de temporada o DCM terá unha baixa moi sensíbel na zona de ataque e que obrigará ós nosos a restruturar a organización do equipo a metade da competición e agora que se acerca o tramo importante de liga. A semana pasada un sorprendente comunicado oficial, chegaba ós nosos o xoves pola tarde, cando nos informaban que o xogador Antonio Paniagua abandonaba de maneira temporal pero indefinida a disciplina do equipo rosiña, para buscar novas experiencias nas terras orixinarias do fútbol, a Inglaterra. Desta maneira se converte no segundo membro do DCM que decide emigrar para buscar novos retos profesionais, como está a facer moita xente debido a crise que está a golpear o noso país e as "marabillosas" políticas que están a levar a cabo os gobernantes nacionais. Debido a esta baixa o equipo terá que, polo menos nos partidos onde non estea Yago, recolocar a un xogador das posicións defensivas nas ofensivas. O candidato máis probábel é David quen xa actuou en posicións ofensivas en algún partido como por exemplo contra o Bar Clavel tal e como recolle Lino na súa crónica (AQUÍ para ver a mesma).

Polo tanto para este partido o DCM contará coa baixa de Pani a que debemos unir a de Yago, quen xa estará para a vindeira xornada. Polo tanto 7 son os xogadores que haberá dispoñíbeis con certa regularidade de aquí ó final do campionato, coa a axuda de Yago cando lle sexa posible nas súas viaxes programados a terras galegas. Isto implicará un esforzo a maiores para os nosos que deberán chegar ó partido moito máis concentrados co rival e da mellor maneira física e mental posíbel. Para este encontro estará Jorge na portería, Vare, Xmon e Chap para posicións defensivas e David, Emi e Pablo para os postos máis adiantados do equipo.

Como xa dixemos o partido se disputará no pavillón Municipal de Bembrive ás 12:00, unha moi boa hora para erguerse e gozar dunha perfecta xornada de domingo, na que o DCM se xoga moito no seu camiño cara a salvación. Fin de semana clave para os equipos vigueses que teñen que gañar os seus compromisos se queremos o ano que ven ter equipos na elite do deporte. Polo tanto animamos a todos a que o venres animen ó Real Club Celta de Vigo dende as bancadas de Riazor ou dende as súas casas, que o sábado animen ó Academia Octavio no seu partido contra o Guadalajara, e que para finalizar unha fin de semana, agardemos que feliz no ámbito deportivo, veñan ó pavillón de Bembrive para animar ós nosos e axudarlles a conseguir unha nova vitoria que supoña a 4ª xornada consecutiva sen perder, e despois gozar dunha preciosa tarde de domingo coa sensación do deber cumprido.


Xa o saben lles agardamos, IMOS DCM!!!

PAVILLÓN: BEMBRIVE
HORA: 12.00 
DÍA: 17/03/2013 - DOMINGO 

(imaxe do pavillón de Bembrive obtida de autoescuelamiluchofs.blogspot.com)

jueves, 7 de marzo de 2013

Urba La Galia Vs Deportes Carlos Miguel. A Proseguir a Xeira



imaxe obtida de: autoescuelamiluchofs.blogspot.com

Moi bos días/tardes/noites queridos lectores

Atopámonos unha semana máis aquí para analizar o que vai a ser o partido que esta semana enfronte ó Deportes Carlos Miguel contra o Urba La Galia. Esta semana o partido se disputará no pavillón do Monte da Mina, un escenario habitual para os nosos, que tras disputar a semana pasada o seu partido no Pavillón Central de As Travesas, volverán a pisar un escenario que este ano non está a ser moi propicio para os nosos. Os xogadores soen queixarse do esvaradío do chan do polideportivo vigués, se ben este feito non pode ser escusa, xa que o terreo de xogo e o mesmo para ámbolos dous equipos.

O rival, como xa dixemos será or Urba La Galia, equipo que ata a semana pasada non tiña conseguido ningunha vitoria e que tan so contaba con 3 puntos na táboa clasificatoria, obtidos ó ser quen de obter tres empates. Porén a semana pasada foi capaz de sumar a súa primeira vitoria ante un deprimido Decoraciones Jesús Cao que nas derradeiras xornadas está a obter uns números moi negativos, descoñecendo as circunstancias polas que se están a producir estes feitos. Polo tanto o DCM deberá ter coidado con este equipo que chegará coa moral polas nubes tras lograr a súa primeira victoria na competición, e quen sabe se con algún reforzo invernal. 

Pero tamén chegará o DCM repleto de moral, tras lograr a pasada fin de semana, no maxestoso escenario do Pavillón Central de As Travesas, a súa segunda victoria consecutiva, que materializouse neste caso contra o Talleres Caheresa. O Equipo tras rachar a súa mala xeira a xornada anterior ante o Siho, recuperou parte da moral perdida e conseguiu comezar a dar mostras do seu xogo ante o Talleres Caheresa, e demostrou unha fortaleza mental importante, xa que o equipo non se viu abaixo cando o Talleres Cahersa foi quen de remontar o tanto inicial do DCM e situarse cun resultado favorable de 2-1 no descanso do partido. Un DCM moi serio na segunda parte foi quen de endosarlle un parcial de 3-0. O equipo con esta victoria lograba mellorar a súa bagaxe de puntos con respecto a primeira volta en +5 puntos, xa que o equipo DCM'ista tiña sumado nas dúas primeiras xornadas do campionato 1 punto, o logrado na primeira xornada ante o Siho, polos 6 que suma agora tras estas dúas victoria consecutivas.

O DCM ten ante si o obxectivo de prolongar a súa xeira de victoria consecutivas, para sumar canto antes o número necesario de puntos para obter a salvación e evitar apuros cando cheguen as derradeiras xornadas da competición. O equipo parece que ten medrado mentalmente e o feito de ser conscientes da importancia de cada partido estalle a dar un plus sobre os seus rivais, polo que o equipo debe seguir moi centrado e sendo moi conscientes da importancia que teñen estes 3 puntos, xa que o equipo tan so está 3 puntos por riba do descenso, ó que hai que sumarlle o feito de que o equipo que marca os postos vermellos, o Moho, ten un partido menos, polo que a renda do DCM a pesar destas dúas victoria consecutivas, segue a ser moi xusta. Por outra banda unha victoria suporía meterlle moita presión e incluso alcanzar a algún dos equipos que preceden ó DCM na clasificación, e é que o Parquets Eloy, o Decoraciones Jesús Cao e o Talleres Cahersa están tan so un punto por encima dos nosos, polo que están a menos de un partido de distancia.

De conseguir a victoria neste partido o DCM xa tería igualado o número de victoria obtidas na primeira volta, e é que na parte inicial do campionato o equipo DCM'ista tan só conseguiu obter 3 victoria (a obtida ante o propio Urba La Galia, ante o Bar Clavel e ante o Bar o Cruce no pavillón de Navia), polo tanto o equipo vai na boa liña para obter os puntos necesarios para a salvación pero o equipo ten que saír 100% concentrado a cada encontro, xa que non pode deixar a ocasión de sumar os 3 puntos en cada partido, se quere o ano vindeiro seguir gozando da primeira división e as vantaxes que esta categoría conleva, xa que a maioría dos partidos disputados en pavillóns de "postín" como o Pavillón Central de As Travesas ou o Pavillón de Navia se corresponderon a partidos da máxima categoría.

O precedente da primeira volta como xa tiñamos comentado é favorable ó Deportes Carlos Miguel, quen conseguía a primeira victoria do campionato, tras derrotar por 5-3 ó Urba La Galia. Aquí vos deixamos a ligazón da CRÓNICA deste partido firmada por Lino. Como podemos observar será clave manter a seriedade defensiva dos dous últimos partidos. O DCM ven de reducir nestes encontros o seu promedio de goles encaixados, so recibiu 3 goles en dous partidos, o que fai un promedio de 1,5 goles encaixados por encontro, unhas estatísticas notables para o fútbol sala.

Para este partido o equipo vai contar con Jorge na portería, con Davo, Vare, Chap e Xmon en tarefas defensivas e con Emi e Pani para a parcela ofensiva do equipo, Será dúbida até o derradeiro intre Pablo, quen chegará xusto para o horario do partido e será baixa Yago quen non volverá até dentro de dúas xornadas, na fin de semana de Ramos.  

Agardemos que o equipo acade a súa terceira victoria consecutiva e comece a despegarse dos postos perigosos da táboa clasificatoria. Para este obxectivo será coma sempre de axuda a presenza de seareiros nas bancadas, o partido dispútase esta fin de semana nun horario moi comercial, ás 18.00 horas da tarde, polo que agardemos una boa presenza dos afeccionados DCM’istas, para que gocen dunha estupenda fin de semana deportiva, que agardemos remate coa victoria do equipo buque insignia da Cidade o Real Club Celta de Vigo, ante o Real Madrid CF. 

PAVILLÓN: MONTE DA MINA
HORA: 18.00
DÍA: SÁBADO - 09/02/2013