jueves, 28 de febrero de 2013

DCM Vs Talleres Cahersa. Debut nun Escenario Histórico.


 Imaxe obtida en: www.moiceleste.com

Moi Bos días/tardes/noites benqueridos lectores.

Por fin chegou o día, será o día 3 de marzo do 2013, é dicir o 3/3/13, a xornada escollida para que o DCM debute no pavillón con máis historia, con máis soleira, con máis maxia, e o que chea de orgullo a tódolos e tódalas vigueses e viguesas. Ás 10.00 da mañá o DCM pisará por fin ó parqué do Pavillón Central de As Travesas, o pavillón central da cidade olívica dende fai anos, e que ó contrario que moitas outras instalacións deportivas da cidade presenta un estado de mantemento moi axeitado, xa que non fai moitos anos foi sometido a un profundo remozamento. 

Neste pavillón xogaron e xogan equipos históricos da cidade, como por exemplo son o Vulcano que enchía as gradas con seu marabilloso nivel de Balonmán, o Academia Octavio que a pesar de tódalas dificultades económicas segue a xogar na máxima división, na Asobal, con Javier Rodríguez ó fronte da nave, o Celta de Baloncesto Feminino (cos seus diversos nomes, Celta Banco Simeón, Celta Vigo Urban, Celta Selmark...) e un longo etc. E tamén disputaron partidos no Central outros equipos menos históricos e que non duraron moito ó longo do tempo, pero que si que conseguiron encher as gradas do pavillón (cunha capacidade de ó redor de 4.500 espectadores) como foron o Real Club Celta de Vigo de Fútbol Sala (equipo non pertencente a estrutura do Real Club Celta de Vigo S.A.D. pero que si que por un acordo ostentaba o seu nome) ou o Baloncesto Vigo, na súa aventura na LEB, onde conseguiu encher o pavillón co seu plantel de xogadores chegados dende tódolos puntos do mundo. Tamén neste máxico pavillón teñen xogado seleccións españolas de diversas disciplinas como balonmán ou fútbol sala entre outras, e competicións de importancia internacional como Copas do Rei, Copas Asobais, competicións paralelas ó mundial de hockei, Cidades de Vigo etc.

En definitiva xunto co Estadio Municipal de Balaídos, son os puntos máxicos do deporte vigués, onde se viviron a consecución de moitos títulos, sobre todo grazas ó Celta feminino de Baloncesto, que agora pasa polas dificultades económicas propias do momento dunha cidade que vive da súa industria e non das subvencións oficiais das entidades públicas, como o si fan outras. Non é o único equipo que está a pasar por estas penurias, xa que a crise fai que o deporte vigués se vexa afectado máis fortemente, que outros, pero grazas a labor incansable de moitas persoas dedicadas de forma altruísta ó deporte da cidade, fai que incriblemente, ano tras ano, equipos con moitas dificultades económicas como o Vigo Voleibol, o Academia Octavio, o Anfiv, ou ou Vigo Rugby entre outros poidan competir nas máximas divisións dos seus campionatos. 

Pois ben neste escenario máxico xogará o Deportes Carlos Miguel, quen estivo xa a piques de participar nun partido nel, cando proclamouse campión de terceira división grupo "C", pero que tivo a mala sorte de que ese ano o torneo de campións de campións coincidía en data coa celebración dun partido da selección española de balonmán, o que obrigou ós nosos a xogar no pavillón do frontón o único partido que tería disputado nese torneo.

Porén este magnifico escenario non nos debe cegar e facer perder de vista a importancia que ten o partido deste domingo para os intereses do Deportes Carlos Miguel. E é que tras o bo partido da semana pasada, onde os nosos a base de traballo e esforzo conseguiron reverter a mala xeira de resultados, e obter unha vitoria despois de nove xornadas de liga, o equipo non se debe relaxar, xa que a vitoria do Moho fronte ó terceiro clasificado a semana pasada, fai que o equipo siga fora dos postos de descenso pero tan só pola golaveraxe, xa que segue empatado a puntos con Moho, se ben é certo que consegue distanciarse en dous puntos do Piedrajoya, quen o fin de semana pasado empatou con Hannover no partido aprazado da semana anterior, pero que perdeu o partido correspondente a xornada 16ª de liga. Esta xornada ademais descansa o Moho co que o DCM depende de si mesmo para coller unha vantaxe de a lo menos dous puntos con respecto ós postos de descenso (2 en caso de que gañe o Piedrajoya e 3 en caso de que perda ou empate) co que conseguiría rachar, aínda que de maneira provisional, esa barreira de verse empatado a puntos cos postos de descenso. E ademais de para distanciarse dos postos de descenso, este partido é moi importante xa que o Talleres Cahersa, quen a semana pasada gañou ó Decoraciones Jesús Cao, está 4 puntos por enriba dos nosos, co que se o DCM é quen de superar ó equipo do concesionario, recortará a distancia a tan so un punto e meterá de cheo a un equipo máis na pelexa pola salvación da categoría. Ademais pode aproveitarse de un tropezón do  Decoraciones Jesús cao ou do Parquets Eloy que están tamén con 4 puntos máis cos nosos, e desta forma abrir o abano de equipos que están a loitar pola salvación.

Polo tanto é o intre de seguir dando un paso ó fronte, e facer ver, como a semana pasada, que o equipo necesita máis eses 3 puntos que o rival, e unha vez quitada a ansiedade de esa mala xeira que perseguía ó equipo,  e que foi rachada con orde e sacrificio por parte dos nosos, e grazas ó apoio dos seareiros na bancada, ir a máis e grazas a confianza obtida cos tres puntos ante o cuarto clasificado a semana pasada, comezar a elaborar o xogo característico do noso equipo, e aproveitar as dimensións do Central de As Travesas para intentar chegar con máis fluidez á portería rival, pero sen perder de vista que o Talleres Cahersa é un equipo moi ordenado e que xa superou ós nosos na ida, nun partido igualado (2-1 perdeu o DCM) por orde e rigor defensivo. Polo tanto promete ser un partido moi axustado entre dous equipos que veñen con boa moral tras rachar o DCM a súa mala xeira ante o cuarto clasificado, e tras o Talleres Cahersa golear ó Decoraciones Jesús Cao por 6-2. 

Para este partido será moi importante que outra vez o equipo saia coa máxima concentración ó terreo de xogo, e que a pesar da hora do partido, 10.00 do domingo, os xogadores cheguen o máis espertos e o máis activos posíbeis, despois dun bo quecemento polas instalacións do Pavillón Central de As Travesas, para que dende o minuto un o equipo intente gañar en concentración e intensidade ó equipo rival. A consecución dos 3 puntos sería dar un paso de xigante nas aspiracións á salvación do equipo DCM'ista quen debe acumular os máximos puntos posíbeis canto antes para non chegar ó final do campionato coa presión de ter que puntuar. 

Os xogadores que estarán en principio convocados para este partido son: Jorge na portería, Chap, Vare e Davo para a parcela defensiva, Pani, Pablo e Emi para os postos ofensivos. É dúbida Xmon que non se sabía se este fin de semana podería acudir ó Central de As Travesas. En caso de asistir, as diferenzas con respecto a semana pasada, sería a recuperación de Chap para reforzar a retaguardia e a baixa de Yago, que será baixa esta e dúas xornadas máis, e que reaparecerá na fin de semana de Ramos.

O partido xa o saben o domingo ás 10.00 no Pavillón Central de As Travesas, unha magnífica oportunidade para os seareiros DCM'istas, que tanto apoiaron ó equipo a semana pasada dende as bancadas, de gozar dun partido do equipo rosiña coas comodidades dun pavillón da máxima categoría, que mellor maneira de aproveitar un domingo pola mañá que apoiar ós nosos coas camisolas-mantas dos seareiros.

Non o dubiden a mellor forma de aproveitar o domingo é erguerse para apoiar ós nosos e de gozar dunha magnifica xornada domincal. 

Un saúdo e IMOS DCM!!!

HORA: 10.00
DÍA: 03/03/2013
PAVILLÓN: CENTRAL DE AS TRAVESAS

jueves, 21 de febrero de 2013

Comeza o Segundo Asalto. Siho Vs Deportes Carlos Miguel


Moi bos días, tardes ou noites queridos lectores.

Atopámonos unha semana máis aquí para analizar un partido do Deportes Carlos Miguel, partido que supón dar o pistoletazo de saída á segunda volta da competición, na que o equipo DCM'ista vai ter que mellorar os números da primeira se é que quere continuar unha temporada máis na máxima división da competición recreativa non federada máis importante da cidade. 

O rival que se atopará o Deportes Carlos Miguel será o Siho, que a priori non parece que sexa o rival máis axeitado para iniciar a escalada clasificatoria, xa que se atopa nos postos sobranceiros da mesma. Pero antes de entrar na análise do rival cómpre pararnos a analizar cómo chega o DCM a este partido. 

O DCM chegatocado na táboa clasificatoria, xa que atópase empatado a puntos cos postos de descenso, onde se atopa o Piedrajoya, equipo que ten un partido menos xa que o seu partido contra o Distribuciones Rivas Hannover ven de ser aprazado e se xogará esta mesma fin de semana. E é normal que o equipo atópese metido no pozo da táboa clasificatoria, xa que leva dende o 25 de Novembro do ano pasado sen saber o que é unha vitoria, ou o que é o mesmo dende a xornada número 5, é dicir, leva 9 partidos sen coñecer o que e sumar 3 puntos (non son 10 xa que unha xornada entre medias foi de descanso). Era un domingo ese 25 de Novembro cando o equipo xogaba no maxestoso pavillón de Navia e onde superaba sen moitas dificultades ó Bar o Cruce, despregando un xogo alegre e vistoso, que viña inducido polo clima de confianza no que se atopaba o equipo. Nas seguintes xornadas o DCM tamén xogou con ese xogo alegre o que lle permitiu facerlle fronte ós equipos altos da táboa clasificatoria, obtendo algúns empates importantes, porén estes puntos ou derrotas pola mínima ante rivais da zona alta, lonxe de fortalecer a moral dos nosos foi debilitándoa tan pouco a pouco que ninguén se foi percatando, e o porqué desta baixada moral ven polo xeito de encaixar as derrotas ou os empates que sempre chegaban nos derradeiros minutos cando o equipo se botaba atrás por medo a perder a renda obtida. Isto unido a longa travesía de partidos sen gañar, nos levan a situacións como as do domingo pasado onde o equipo a pesar de facer un bo partido, ten eses detalles que denotan que está na zona baixa da táboa, se o DCM estrela o balón ata 3 veces no pau, o equipo rival aproveita case que todas as súas ocasións incluso aproveitando a madeira (salvo nunha acción). Ademais do obxectivo clasificatorio o equipo leva 3 cartóns amarelos nos últimos 3 partidos do campionato, poñendo en perigo un dos obxectivos primordiais e nos que se basea a estabilidade económica do equipo, que non é outro que o de obter o prestixioso galardón de campión de campións da deportividade, polo que debemos facer mención a este obxectivo para que estea sempre presente no guión do equipo, e na medida do posible se eviten os cartóns que sexa posible que non se dean (tendo en conta que algúns son necesarios no transcurso normal dun partido). 

A pesar de esta situación, non todo é negativo no equipo, tras tocar fondo no partido contra o Parquets Eloy, o DCM foi quen de lograr un punto ante o Piedrajoya e non facer un mal partido contra o San Xoan. Porén isto non debe ser suficiente, porque o equipo xa demostrou nos primeiros partidos de liga que ten moito máis potencial do que está amosar nos últimos partidos de competición. A recuperación de parte do xogo do equipo no último partido ten que ser un sinal positivo, pero non debe deixar satisfeito a ninguén, xa que o DCM ten que aspirar a intentar rabuñar puntos de tódolos partidos se quere salvar a categoría, porque ten potencial para iso, e agora tan so falta trasladalo ó terreo de xogo.

Para este importante partido, o equipo contará con todo o seu plantel ó completo, para intentar mellorar dende xa os números da primeira volta, e para iso, ten que superar o empate conseguido no primeiro partido de competición. Para este encontro o equipo polo tanto contará, con Jorge na portería, Xmon, Vare, Davo e Chap para a parcela defensiva, e Yago, Emi, Pani e Pablo para os postos máis avanzados do equipo. A seriedade posicional do equipo e a competitividade defensiva van ser claves para que o equipo poida aproveitar e sacar petróleo das oportunidades que soe crear ó longo do partido. Para este envite tamén será clave a presenza da afección nas bancadas, unha afección moitas veces maltratada polo xogo DCM'ista e polos horarios intempestivos, ten agora a oportunidade de lucir as camisetas coas que agarimosamente lles agasallou o club, nun horario moi comercial e nun moi bo pavillón tanto para os xogadores como para os seareiros grazas a disposición das súas bancadas, que permiten seguir tódolos puntos do campo obtendo unha boa visión da proposta de xogo de ámbolos dous equipos. 

En canto o rival ó que visitamos esta xornada, o SIHO, como diciamos se atopa nos postos altos da táboa clasificatoria, 4º clasificado con 9 vitorias, 4 derrotas en tan só un empate, punto obtido precisamente na primeira xornada contra o DCM, cando os dous equipos empataron a douses no pavillón do frontón situado no complexo deportivo das Travesas. Un rival sen dúbida moi complicado para que os nosos sumen a cuarta vitoria da temporada, pero chegados a esta situación xa non hai que ver ó rival, tódalas xornadas o equipo debe saír a polos 3 puntos dende o minuto un, con intensidade e sabendo que cada xogada pode ser importante, cada un facendo a perfección o seu traballo e colaborando para que o traballo dos demais se concrete da mellor forma posíbel, e todo iso sen perder de vista o obxectivo de conquerir o título da deportividade ó final desta temporada.

Polo tanto seareiros xa o saben, este fin de semana non hai escusas, perfecto pavillón, perfecto horario, camisetas postas e animar ó DCM para que o vindeiro ano podamos seguir gozando do equipo rosiña no máis alto da competición recreativa non federada máis importante da cidade e da comunidade. 

HORA: 21:00
PAVILLÓN: LAVADORES (CALVARIO)

IMOS DCM!

viernes, 8 de febrero de 2013

Obxectivo: Parar a Hemorraxia. DCM Vs Piedrajoya


Moi bos días queridos lectores

Tras moito tempo de inactividade do blog do DCM, volvemos a darlle uso para dar cobertura ó que vai a ser un dos partidos máis importantes do que vai de campionato para o DCM, xa que ten ante si a obriga de parar a hemorraxia de puntos acumulada nas derradeiras xornadas, e que ten levado ó equipo a descender dende a quinta posición até postos de descenso, onde empata a puntos co rival de esta semana o Piedrajoya.

O equipo DCM'ista se presenta a este partido tras fracasar no seu asalto ós equipos da zona nobre da clasificación. Se ben o equipo chegaba ó Tourmalet da liga con unha boa situación ligueira e enchidos de moral, pouco a pouco tanto a situación ligueira como a moral dos nosos se foron apagándo co paso dos minutos. O Tourmalet comezou non demasiado mal, xa que o equipo era quen de empatar, ante ate o de aquela intratable Decoraciones Jesús Cao, porén nese partido se deixaría ver un dos graves problemas que levou o equipo á posición ligueira na que actualmente se atopa, que é a de postos de descenso a segunda división. E é que o partido contra o Decoraciones Jesús Cao comezaría moi positivamente para os nosos, xa que obterían unha renda de 0-2 no comezo do partido, pero nos derradeiros instantes do partido o equipo aqueixaría esa inseguridade de estar loitando contra un equipo grande e tras ser acurralado polo rival nos minutos seguintes cedeu dous puntos. Nos seguintes partidos, e salvo a avultada derrota contra o lider (El Rincón del Poucho), a tónica seguiría sendo a mesma, coa diferenza de que tan so se obtivo un punto máis, nun partido que o equipo tiña gañado ate a última xogada e na que o equipo contrario xogaba cunha desestructurada estratexia de porteiro xogador que o equipo non foi quen de aproveitar. Noutros dous partidos perdería os seus compromisos no derradeiro minuto e incluso na última xogada nun partido no que o equipo tiña dous goles de vantaxe a falta de dous minutos. 

Estes paus nos derradeiros minutos viñeron a baixar a moral dos nosos, que xa debilitados na clasificación, se enfrontaban a dous equipos da zona media baixa da clasificación, intentando recuperar os réditos obtidos e sumar uns puntos que lle permitiran afrontar o final da primeira volta e a segunda, cunha certa tranquilidade. Poren o equipo mostrouse incapaz de obter un resultado positivo, e caeu derrotado 4-1 contra o Moho, nun partido no que o equipo DCM'ista tivo 5 minutos negros na primeira parte onde encaixou 3 goles, e 6-3 ante o Parquets Eloy nun partido no que foi por diante no marcador ate en dúas ocasións (1-0 e 2-1). 

Por iso chegou o momento de concienciarse, de que o equipo entenda da importancia dos puntos desta fin de semana, de perder o equipo quedaría tocado moralmente, e aínda que queda moita liga, comezaría a por en seria cuestión a permanencia do equipo nunha división, que recordemos, custoulle ó equipo DCM'ista 5 anos alcanzar, e o momento de dar o do de peito para intentar salvar esta situación, e non facer que 5 anos de inversión tan so deran 2 de gozo. O nivel competitivo da primeira división e superior ó da segunda, xa que todos os partidos son igualados, e sería unha pena perder a categoría por unha mala xeira que emborcase ós nosos nunha dinámica onde non son quen de adiviñar a fórmula para a victoria. 

Polo tanto dende aquí arengamos ós nosos para que o sábado ás 18.00 h, no campo do Calvario, saian enrabietados, defendan con intensidade e ataquen con soltura, que xa que este ano os horarios non están a ser favorecedores para ver ó Celta, que polo menos o equipo faga que esa perda do partido se compense coa obtención dos 3 puntos na táboa clasificatoria. Polo tanto o equipo terá que dar o 100% para obter os 3 puntos, ante un equipo o Piedrajoya, que non pasa polo seu mellor momento, ó non ter nada que ver a súa clasificación actual, empatado co DCM coa que tiña o ano pasado nos postos máis sobranceiros da categoría. 

Para este partido, onde o equipo debe saír concentrado dende o minuto un, e ate o minuto 50, para evitar minutos de perda de intensidade, e onde o único que debe importar, non debe ser nin o rival nin o árbitro nin nada, senón só o xogo que este a despregar ó equipo, o adestrador contará en principio con tódolos membros do plantel, polo que o equipo debe aproveitar este feito, para conservarse coa maior frescura ó longo de todo o partido. Polo tanto o equipo contará con Jorge para a portería, Vare, Davo, Xmon e Chap para a parcela defensiva, e con Emi, Yago, Pani e Pablo para as posicións ofensivas. Con estes 9 xogadores, cos que o ano pasado conseguiu o equipo salvar a categoría con cerca folgura, enfrotarase mañá ás 18.00 no calvario, en medio do entroido e do partido do Real Club Celta de Vigo, o Deportes Carlos Miguel nun partido clave para saír canto antes dos postos de descenso, e recobrar unha boa dinámica de resultados que lle permita chegar ó vindeiro tourmalet do campionato cunha certa marxe de manobra. 

Polo tanto, dende aquí dar todo o noso ánimo ó equipo, e que no partido de este fin de semana, saiamos todos concentrados 100% no partido, porque de ser así seguro que obtemos a tan necesaria victoria que faga para a sangría de puntos á que estamos a facer fronte nos derradeiros partidos.

Un saúdo.

Asinado: Xaime Estévez.