Mellores
sensacións que en xornadas pasadas, pero de novo unha derrota.
O DCM fixo
un partido serio, que tivo controlado durante 22 dos 25 primeiros minutos, pero
dúas xogadas desafortunadas xusto antes do descanso, deron moita vantaxe a un
Matamá que tivo un segundo tempo máis placentero ante o baixón físico dos
dcmistas. Tres encontros para o final, nos que os nósos queren volver a gañar e
asegurar a deportividade.
Con
probatura de posible novo balón para a tempada que ven en VigoEnXogo,
principiou o encontro entre o DCM e un Matamá VelArte que xogábase as súas opcións
de campionato.
O DCM saíu
moi concentrado para evitar goles tempraneiros como nas últimas xornadas. O
equipo estaba ben situado defensivamente e Matamá non conseguía crear perigo. Ademáis
nestes primeiros minutos trenzou algunha boa xogada o DCM e tivo opcións de
adiantarse no marcador, pero a fortuna non acompañou.
Ademáis,
como pediamos na previa, os nósos defensores mostráronse fortes, (David fixo
uns 20 primeiros minutos moi destacados), e o traballo dos homes ofensivos era
encomiable.
Pero cando
o descanso semellaba chegar co resultado de 0-0, nas dúas últimas xogadas desta
primeira metade, Matamá ía atoparse con dous golpes de fortuna decisivos. Primeiro
cun disparo lonxano que petaba o xusto nas costas dun defensor Dcmista para
coarse pola escadra da portería de Jorge, 0-1, e instantes despois intento
fallido de despexe de David que coábase chorando na porta Dcmista 0-2.
Excesivo
castigo para os nósos polo visto no terreo de xogo.
E por se
fose pouco, nada máis principiar a segunda metade, unha falta lanzada sen
demasiada intención polo Matamá, convertíase nun golazo cun disparo de unlla á
cepa do poste do DCM, 0-3.
A partir de
entón o DCM remaría, pero as forzas xa escaseaban nun día tan caluroso. Ademáis,
enfronte estaba o 2º clasificado da liga, que defende moi ben e ten un gran
cancerbeiro que evitou, xunto co longueiro, que o DCM recurtase distancias.
Co equipo
asfixiado, o Matamá aproveitou para facer os restante dous goles e levar o
electrónico final a 0-5.
A pesares da
derrota e do abultado do resultado, o equipo logrou competir e desfrutar do
partido durante moitos minutos, ese é o obxectivo rapaces! Noraboa Jorge, David, Vare, Pablo, Pani e Emi polo
esforzo! Ademáis o equipo continúa sen ver cartóns amarelos e a deportividade
xa está só a 3 encontros.
A vindeira
xornada o equipo visitará a un Navia que se xoga a permanencia na categoría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario