Incapaz de
superar ó colista da división. Así sentíuse o DCM na mañá do domingo ante un
Gamusinos que atopouse cun regaliño de tres goles nos instantes iniciais de
partido que lle permitiron despois facer un soberbio partido baseado nunha
intensísima defensa e en contras letais.
O DCM
tentouno, deixou todo no campo, pero hoxe, nesta circunstancia de ir sempre por
detrás no marcador, foi inferior a un Gamusinos que deixou moi boa imaxe e que
apura as súas case inexisistentes opcións de salvación.
A decepción
dcmista contrarréstase cos resultados dados esta xornada, e é que tralas
derrotas de Wapichi e UrbaOsCabazos, os nósos estarán matemáticamente na
primeira división a tempada que ven. Ambos equipos, que marcan a permanencia, quedan
a 12 puntos do DCM, con 12 todavía por desputar, pero co golaveraxe particular
a favor dos nósos en ambos casos. Noraboa a parroquia Dcmista por acadar o
obxectivo.
Semellaba
un encontro ideal para pechar a permanencia con victoria e bo xogo, e con esa
idea na mente saíu o DCM ó pavillón de lavadores este primeiro domingo de maio.
Enfronte un Gamusinos con pé e medio en 2ª división e que tan só lograra 3
victorias e 3 empates ata este momento.
Pero pronto
víuse que a distancia clasificatoria non era tal distancia no campo. Gamusinos
non saíu de vítima nin especulou. Defendeu con fortaleza dende o primeiro
minuto e buscou o gol en cada acción de ataque. E nas tres primeiras que
tiveron anotaron tres goles que encheron de autoestima ós celestes. Continuaba
así a sangría de goles que sufren os Dcmistas nesta tempada. Pero os nósos non
se afundiron. Confiaban nas súas opcións de remontada. Pero hoxe, ademáis de
estar moi febles en defensa, tampocou foi o día do equipo en ataque. Os
defensas de Gamusinos superaban en altura e forza ós atacantes dcmistas, que
apenas eran quen de entrar en contacto co esférico. Aínda así, co 0-3, o equipo
creou algunha que outra ocasión clara, pero o esférico non atopaba porta. Tras
varias oportunidades erradas, chegaría preto do descanso o 1-3 por mediación de
Emi.
Semellaba o
rexurdir Dcmista, e máis cando a volta do descanso e tras insistir durante
varios minutos e errar de novo ocasións claras, Pablo facía o 2-3. Incluso
tería o equipo a oportunidade de empatar o partido, pero de novo, mostrouse que
a pólvora estaba hoxe mollada.
E entón,
Gamusinos volveu saír da cova, e ó igual que en defensa, tirou de superioridade
física para superar ós defensores locais, que víronse superados no intento de
defensa individual. Así chegaba o 2-4.
O encontro
seguíu coa mesma tónica. Boa defensa dos visitantes, e esforzo inútil dos
Dcmistas. Remaron e remaron pero agora xa nin creaban claras ocasións.
Gamusinos
defendía con moita comodidade vendo como pasaban os minutos e como o DCM,
desesperado ó verse incapaz de superalos, estaba cada vez máis lonxe de poder
achegarse no marcador.
Cando os
nósos xa acusaban o desgaste de tentar unha e outra vez superar a boa defensa
celeste, sacaron dous novos contragolpes que deixaban o partido no 2-6
definitivo.
Gran
partido do colista que ensinaba de novo unha lección que xa todo o mundo coñece
por esta liga; calqueira pode gañar a calqueira.
Coa permanencia matemática no peto, o DCM dispón de 4 xornadas para correxir erros e sentar as bases da súa idea de xogo para a vindeira tempada. Mellorar as prestacións defensivas e incrementar a porcentaxe de acerto de cara ó gol, antóxanse fundamentais.
Ademáis, recordamos que o equipo segue na desputa do trofeo da deportividade, tanto o da liga como o xeral.
Na vindeira xornada o equipo visita ó Matamá Vel´Arte, o conxunto que máis xornadas estivo no máis alto da clasificación este ano, e que non pode errar para recuperar o 1º posto, agora en mans do Hannover. O DCM tentará poñerlle en moitos apretos.
Imos rapaces!! A corrixir erros e noraboa pola permanencia!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario