miércoles, 30 de marzo de 2011



Estes son os partidos seleccionados para a 21ºxornada de VAI-Á Porra (22º do campionato 2010/2011)

BarCocedero Vs. Deportes Carlos Miguel
Ponte a Pintar Vs. Parquets Eloy
Wapichi Vs. FrutasNieves


Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo


E a continuación a clasificación xeral actualizada:



Moitas xornadas por diante, todo pode pasar; sigan participando en Vai-á-Porra!!

domingo, 20 de marzo de 2011

"A solidez soñada" DCM 8-1 Acerón

O DCM supera a derrota ante Wapichi da mellor maneira posible, realizando un partidazo e goleando a un dos equipos máis perigosos da liga.
A diferenza doutros anos, o equipo está seguro de sí mesmo e amosa unha solidez que bloquea ós rivais e permítelle vencer os partidos con solvencia.

Con esta intensidade e seriedade é como o DCM sabe gañar os partidos. Hoxe aplicouno de novo, e baseándose nun traballo enorme de todo equipo en defensa sacou a diante un partido marcado como moi perigoso no calendario.

Cos 8 goles de hoxe (5 de Yago, 2 de Quique e 1 de Pani), superouse a cifra de 100 goles a favor, con todavía moitas xornadas por diante; algo impensable noutras tempadas.
Karr anotou o gol do Acerón.

Agora semana de parón ligueiro pola Reconquista e despois regreso ante BarCocedero, rival que vapuleou ós nósos na primeira volta.


Regresar con outra vitoria permitiría comezar a crer que o ascenso non só é un soño senón unha posibilidade real.

Reciban un cordial saúdo!

Poden disfrutar do partido en imaxes por cortesía da nosa querida fotógrafa Lúa Gil en: https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/110320DCMAceron?authkey=Gv1sRgCKTGv9yRvY7xiwE#

sábado, 19 de marzo de 2011

MiniPrevia: "Nova edición do derby da deportividade"

De novo enfróntanse Acerón e DCM, dous vellos coñecidos que sempre deixáronnos grandes encontros, con moita igualdade e rivalidade pero sempre sumidos nun ambiente de deportividade que os convirten en exemplo de enfrontamento entre dous equipos da VigoEnXogo.

Nesta ocasión hai cousas moi importantes en xogo.
Acerón, que chega despois de 3 empates consecutivos, necesita gañar para permanecer todavía na loita pola 3ª posición e é que ganando ó DCM situaríase a 7 puntos desa praza e cun partido por desputar (xa que xa descansou).
E DCM (que é o único equipo da categoría que non empatou ningún partido) chega tralo tropezón ante Wapichi e non pode permitirse outra cousa que non sexa a victoria se quere permanecer enganchado a Parquets e Wapichi.

Agárdase que o DCM conte cunha convocatoria moi ampla aínda que será unha incógnita ata o momento do partido.

Así que xa saben, o domingo ás 16:00 no pavillón de Lavadores, partidazo entre dous grandes equipos. Non o perdan!

jueves, 17 de marzo de 2011


Estes son os partidos seleccionados para a 20ºxornada de VAI-Á Porra (21º do campionato 2010/2011)

Deportes Carlos Miguel Vs. Acerón
Zeus Vs. Bar Cocedero
FrutasNievesVs. Caf.Castelao


Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo


E a continuación a clasificación xeral actualizada:
Xornada moi complicada para os nósos participantes de Vai-Á-Porra. Ninguén foi quen de prever o empate de Acerón ante Zeus e moitos erraron o prognóstico de Wapichi-DCM. Quique foi o gran beneficiado da xornada ó acertar de pleno o 8-1 de Parquets-NK, sumando así 5 puntos que o levan á 1ª posición onde atópase empatado con Migui.



Moitas xornadas por diante, todo pode pasar; sigan participando en Vai-á-Porra!!

domingo, 13 de marzo de 2011

“Pousa eríxese protagonista dun encontro que non defraudou” Wapichi 6-5 DCM


O Wapichi lévase 3 puntos vitais nun encontro igualadísimo no que o empate houbese sido o resultado máis xusto, pero a actuación dun colexiado cun incrible afán de protagonismo empañou o encontro, desquiciando a ambos equipos e inventándose tres penaltis, 2 para Wapichi e 1 para DCM, que á postre serían decisivos para decantar o encontro.

Horrible pavillón, pésimo colexiado e partidazo de dous grandes equipos que merecen o ascenso.
Non sei por onde comezar. O bo facer de ambos equipos merece ocupar o groso desta crónica. Wapichi é un gran equipo, que sabe ó que xoga e sabe aproveitar ó máximo ós seus xogadores. DCM leva un ano incrible, e nada se lle pode recriminar do encontro de onte, puido haber erros, pero non faltou actitude que é o que se pide.
O que realmente sorprendeu onte foi un colexiado necesitado de atención. Pode parecer unha excusa para a derrota dcmista, pero nada máis lonxe da realidade. O DCM sabe perder, Wapichi sabe que os felicitamos ó rematar o encontro e a verdade é que un encontro tan igualado podía decantarse de calqueira lado, e por iso aceptamos a derrota. Pero cando alguén adquire tanto protagonismo nun encontro é imposible pasalo por alto. E xa que agora non ten remedio, démoslle protagonismo tamén na crónica para que poida vivir tranquilo alomenos ata o vindeiro fin de semana.
Perxudicou a todos. Desquiciou a propios e a extranos e conseguíu o seu obxectivo, ser o foco de atención durante os 50 minutos de encontro.
O Show de Pousa comezou cun número insuperable, unha actuación estrela. ¡¡Un colexiado botando a outro árbitro da competición da zona de banquillos!! Incrible pero certo. Con semellante inicio de actuación, xa todos sabían que o espectáculo non ía defraudar. ¿Como un árbitro pode botar a un compañeiro seu, a outro colexiado da competición que está a ver o partido? ¿imaxinan a un colexiado de 1ªdivisión botando da zona de banquillos ó 4º árbitro?. Insuperable.
Recibíu os aplausos durante 20 minutos, e entón decidíu que era momento de volver a levantar ó público dos seus asentos. Mera escorado en banda esquerda regatea a Xmon que recula un pasiño cara atrás, o excelente dianteiro do Wapichi, coñecedor de que Pousa necesitaba máis protagonismo, nota contacto e cae. Non é penalti. Nin sequera en baloncesto sería falta. Fai falla moito máis contacto para que exista acción punible e moito máis para derrubar a un home da corpulencia do máximo goleador de Wapichi. Pousa non o dubida. Falta un minuto para o descanso e era o momento de aparecer de novo. Penalti e non se admite diálogo.
Tempo de refrixerio para o monologuista Pousa. Que regresa ó campo para firmar unha segunda parte de éxitos. Primeiro tira de manual de colexiado protagonista e comeza a parar o partido: unha, dúas, tres, catro veces. Encárase continuamente co banquillo de Wapichi, quen observa atónito ó colexiado. Cambiamos de rexistro. Falta inventada en ¾ de campo e gol de Wapichi. Despois, Pani cae dentro da área rival, dúas opcións para o árbitro, pitar penalti ou non, pois para Pousa hai unha terceira, pitar falta fora da área!. O listón estaba altísimo. Os xogadores sabían que todavía quería máis protagonismo. Quique nota contacto dentro da área e tamén cae. Penalti. De novo o mesmo que na primeira parte, non é. E inxusta amarela a Mera por pedir explicacións, amarela que houbese sido máis propicia nunha falta posterior do 14 sobre Emi. Máis amenazas ó banquillo de Wapichi. Dobre penalti a favor do DCM e gol. E completamos a actuación cun novo penalti que só el puido imaxinar. Un dianteiro rival encara ó gardamallas dcmista quen se tira ó chan, toca o esférico cos pes e queda co balón no seu poder; claramente penalti xd.
Agardemos que o colexiado considere suficientes as liñas que hoxe lle adicamos.

Do resto partido moi entretido. A igualdade foi máxima, tal e como se agardaba nun campo tan pequeno no que ningún equipo pode desplegar o seu xogo habitual.
Wapichi sorprendería nos primeiros instantes de partido coas dúas armas que empregaría no partido. Disparos lonxanos de Mera e calidade no regate dos seus homes ofensivos. Armas que na primeira vez que as empregaron sorprenderon ó DCM que despois aprendería a lección. O primeiro gol, disparo potente e lonxano do 14 de Wapichi, Jorge rexeita e o outro dianteiro azulón empurra a pracer 1-0.
Sen case tempo para asimilar o gol, xogadón en banda de Txotxe que marcha de Emi e de Pali e 2-0.
En calquera outro campo, un 2-0 é unha distancia enorme, pero non nun pavillón tan pequeno. Así, en escasos segundos o partido ía a igualarse de novo. Primeiro Vare tiraba a parede con Quique que devolvía de tacón e no punto de penalti o 5 dcmista metía a punteira e o balón superaba por debaixo das pernas ó porteiro rival 2-1.
E acto seguido intento de despexe da defensa dcmista que Quique intercepta e o balón sae rebotado e cólase na portería do Wapichi. 2-2.
Tranquilizouse un pouco o ritmo frenético nos seguintes minutos. Wapichi esperaba atrás e seguía empregando os disparos lonxanos e a calidade dos seus homes de ataque. O DCM tiña máis posesión e tamén boas ocasións coma un disparo ó longueiro.
E cando xa a primeira metade chegaba ó seu fin, a xogada xa comentade de penalti sobre Mera e 3-2.

Na segunda metade o DCM comezaba horrible. Ninguén era quen de sacar o balón xogado e o Wapichi tiña continuas ocasións. Nunha desputa de balón, Pousa inventaba falta e aínda que era moi lonxana, o disparo raso superou a barreira e a un Jorge que non tivo o seu mellor día, pero que non debe preocuparse, xa que se cada vez que algún do equipo non ten o seu día ten que pedir perdón, non remataríamos nunca. Ademáis que él é peza fundamental deste equipo e protagonista indiscutible na maior parte dos puntos que conseguíu o equipo na súa historia.
O 4-2 tampouco afundíu ó DCM que buscaba enrabietado o empate.
Chegaría entón a acción de Pani dentro da área rival que Pousa sinalaba incriblemente fóra da mesma.
O DCM non obtería recompensa noutro disparo ó longueiro pero sí noutra xogada na que tras moitos rexeites, Yago conseguía introducir o balón na portería rival, 4-3.
Despois, Txotxe nun xogadón persoal facía o 5-3.
O partido era un ir e vir fantástico de dous equipos que loitaban con todo. Quique transformaría o 5-4 de penalti. Mera o 6-4 tamén dende o punto fatídico e de novo Quique en lanzamento de dobre penalti facía o 6-5.
Tería o DCM o empate nun disparo dende a banda de Vare que petaba en varios xogadores e a piques estaba de entrar. Houbese sido xusto pero non puido ser.

Felicidades ó Wapichi pola vitoria. A este nivel dificilmente perderán encontros.
E felicidades ó DCM pola actitude. Rapaces, podemos seguir gañando moitos encontros. Conseguíramos un colchón de puntos que nos permitía pinchar un encontro e o gastamos, non pasa nada, a pensar xa no Acerón e a ver cada xornada como unha auténtica final. Podemos!

jueves, 10 de marzo de 2011

“Inmellorable oportunidade para abrir oco” Wapichi-DCM

Partidazo o que nos trae a vixésimo xornada de campionato. O 3º clasificado (Wapichi) recibe ó 2º (DCM), nun encontro onde a victoria é case unha obrigación para o Wapichi e unha oportunidade extraordinaria para o DCM.

E é que os nósos conseguiron chegar a este tramo de tremenda dificultade da competición sacando 3 puntos máis golaverage ó seu inmediato perseguidor. Iso fai que incluso perdendo (salvo histórica goleada por 14 goles de diferenza), os nósos manterán a 2ª praza da táboa.
O encontro é por tanto para o DCM unha magnífica ocasión para abrir un pequeno oco na clasificación entre os dous primeiros postos (que significan o ascenso directo) e os equipos que aspiran a sacar ós dcmistas deses postos privilexiados.
Pola contra, para Wapichi, o encontro adquire uns tintes algo máis dramáticos, xa que unha derrota ante DCM os deixaría a 6 puntos máis golaverage, polo que terían que agardar alomenos dous futuros tropezos dcmistas para poder superalos na táboa.

O Wapichi é o equipo menos goleado da categoría e tamén o que menos coñece a derrota (xunto co P.Eloy) e é que só perdeu 3 encontros polos 4 nos que caeron os dcmistas.

As cábalas que se poderían facer sobre o encontro, de pouco valen polo terreo de xogo elixido para a organización para a desputa deste partidazo.
E é que o pavillón de balaídos polo reducidas das súas medidas fai que dificilmente os equipos poidan desplegar o seu xogo habitual e todos os encontros sexan moi similares. Encontronanzos, rexeites, moitas desputas de balón e goles que acaban entrando na portería tras unha serie de carambolas.
Neste tipo de campos, os gardamallas soen adquirir unha importancia todavía maior á que teñen normalmente, e é que os disparos cara as súas porterías soen ser sempre moi cercanos e tapados por unha maraña de pernas que se convirten en auténticos pinballs antes de chegar ata os porteiros.

Aínda así o DCM debe saber que Wapichi é un deses rivais que non gustan ós nósos. Equipo que basea os seus bos resultados na súa seriedade (de ahí que sexan os menos goleados). Seriedade que xa demostrou no encontro de ida, no que Wapichi foi madurando o encontro e sen desplegar un xogo que encandilase, puido levarse a vitoria ó cometer menos erros que os Dcmistas.
Por iso, o DCM que tamén é un equipo que acostuma a vivir da súa maior colocación e seriedade no campo, perde ahí unha das súas mellores armas, e deberá conxugar unha defensa perfecta (invocando a realizada fai unhas xornadas na victoria ante ParquetsEloy) con un ataque demoledor (que misture a efectividade dos nosos dianteiros de transformar todo o que lles chega (véxase a segunda metade ante PonteAPintar), e tamén por momentos co bo facer dos nosos medios trenzando xogadas e facendo xogar a todo o equipo (estilo ós encontros ante FrutasNieves e Caf.Castelao na última xornada)).
En definitiva, o DCM se quere gañar, ten que unir o mellor que fixo en cada un dos encontros de esta tempada nun único partido, de maneira que non cometa apenas erros. Só de esa maneira poderá imporse a un dos mellores conxuntos do campionato.

Así que se queren acudir a un encontro cheo de tensión e emoción (non se garantiza bo fútbol), o sábado ás 19:00 horas na pista2 do Estadio Municipal de Balaídos.

Aliñación prevista:
--------Jorge--------
--Vare----Quique--
-------Pani----------
-------Emi-----------

Agárdase que completen a convocatoria todos os membros Dcmistas. Yago será dúbida ata o último intre, puidendo incluso chegar só para a segunda metade ou causar baixa definitiva.

Un saúdo!
PD: DEBAIXO DA PREVIA, NOVA XORNADA DE "VAI-Á-PORRA"

miércoles, 9 de marzo de 2011


Estes son os partidos seleccionados para a decimo novena xornada de VAI-Á Porra (20º do campionato 2010/2011)

Wapichi Vs. Deportes Carlos Miguel
Parquets Eloy Vs. NK
Acerón Vs. Caf.Zeus


Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo


E a continuación a clasificación xeral actualizada:
Moita igualdade na 18º xornada de Vai-Á-Porra na que DCM#5 e DCM#10 sacan un puntiño máis cos seus rivais ó acertar os dous goles do Lecer na súa derrota ante Parquets. Non houbo sorpresas e todo continúa igual de emocionante.




Moitas xornadas por diante, todo pode pasar; sigan participando en Vai-á-Porra!!

lunes, 7 de marzo de 2011

“Amosando fortaleza” DCM 9-0 Caf.Castelao


O DCM solventa pola vía rápida un encontro difícil sobre o papel e suma tres novos puntos que lle permiten chegar a un tramo decisivo da tempada por riba das previsións máis optimistas. Os dous vindeiros encontros valen moito máis que tres puntos.

Ben sentados sobre o sillín, con xesto de concentración, mirada na carreteira, sen ver cara atrás e pedaleando cun ritmo alegre. Así superou o DCM o 19º kilómetro de etapa. Apenas pareceu sufrir desgaste, nun encontro que prevíase complicado (o rival chegaba de golear a Caf.Zeus), pero que os nósos arranxaron en escasos minutos.
Coa convocatoria de gala presentábase o DCM no pavillón de Manuel Antonio. Jorge formaría baixo paus, Emi e Vare en defensa, Pani de enganche e Yago en labores defensivas. Quique completaba no banco un dos mellores sextetos do campionato (para eles, a fotografía da crónica de hoxe).
Polas cabezas dos nósos homes pasaban dúas ideas, respeto ó rival e necesidade de traballar. Suficiente para que amosasen o mellor de sí mesmos e sorprenderan a un Caf.Castelao que saíu demasiado relaxado ó campo.
As axudas defensivas dcmistas eran continuas e a presión un arma que noqueou ó rival nos primeiros intres. Transcorridos os primeiros minutos de encontro e sen que Jorge tivese todavía que intervir, Pani en xogada individual convertiría o primeiro gol do encontro. 1-0.
Continuou o DCM superando ó rival en tódalas facetas de xogo e así seguirían chegando goles nesta primeira metade ata o 5-0 e incluso errando un dobre penalti.

Caf.Castelao estaba superado e non atopaba a forma de frear a un DCM que saíu a por máis na segunda metade. Sabedores do que ocorrera meses atrás contra Frutas Nieves nese mesmo pavillón, onde o equipo tamén vencía 5-0 ó descanso e compricouse a vida na segunda metade, desta vez a lección estaba aprendida e saíron como se o partido comezase de novo. O rival tivo máis posesión e máis ocasións que na primeira parte, pero o DCM tiraba contras letais que acabaron por sentenciar o partido ata o 9-0 definitivo.
Emi en catro ocasións, Pani e Quique en dúas e Yago cun tanto foron os goleadores. Ademáis, por terceira vez nesta tempada o equipo remataba coa súa porta a 0, algo que levaban perseguindo os nósos nos últimos encontros.

O equipo continúa á roda do Parquets Eloy (que venceu 9-2 a Lecer) e semella ser a mellor roda para chegar ó máis lonxe posible.
No partidazo da xornada, o próximo rival do DCM, o Wapichi saíu vencedor por 7-5 ante Caf.Zeus que suma a segunda derrota consecutiva.
Así Wapichi aúpase ata a 3ª posición e sitúase a 3 puntos dos dcmistas, otorgando ó encontro do vindeiro fin de semana un interés especial.
Analizaremos todo con máis detalle na previa.

Ata entón reciban un cordial saúdo e boa semana!
Fotografías do encontro:
Por cortesía da nosa fotógrafa LúaGil

jueves, 3 de marzo de 2011

“A manter o ritmo” DCM-Caf.Castelao

Chega a décimo novena xornada de liga.
A situación do campionato nestes intres pode explicarse aplicando o símil dunha gran etapa ciclista. E é que superados xa máis da metade dos kilómetros desta gran etapa (19 dos 30) os ciclistas de cabeza de carreira (Parquets Eloy, DCM, CafZeus e Wapichi) están a impor un altísimo ritmo, constante e sen tregua. Ningún mira cara atrás, tan só tentan esgotar ós rivais, sacalos de punto.
Caf.Zeus que viña comandando a teté de la course nas últimas xornadas, tivo que abrirse a un lado no km 18 de ascensión, dando paso de novo ó favorito dende o inicio da carreira, o ParquetsEloy que retoma o maillot amarelo da competición. Tamén pasoulle un DCM que chegou ó grupo de cabeza dende atrás e por agora non baixa o ritmo. Wapichi que sufrira un esvaecemento xornadas atrás colle de novo a roda do grupo tralo pinchazo de Zeus (e esta xornada ambos enfréntanse nun interesantísimo encontro; un dos dous pode perder uns segundiños moi importantes).
O grupo de favoritos amplía cada vez máis a distancia cos persuivants, un Acerón e BarCocedero que semella non entenderse ós relevos.

A carreteira “pica” cada veiz máis cara arriba, aumenta o desnivel e os catro primeiros pretenden manter o ritmo para ver se algún deles é visitado polo home do mazo (monsieur mazó) nos vindeiros kilómetros e descólgase deste cuarteto que forma a cabeza de carreira.

O DCM debe por tanto manter o ritmo. Fixo o máis difícil chegando ata a roda do Parquets Eloy e agora non debe ceder terreo. Debe mostrar fortaleza, e seguir sacando puntos xornada a xornada agardando que os seus compañeiros de fuga vaian caendo.

Para superar este 19º kilómetro da etapa, debe vencer a un difícil Caf.Castelao que chega coa moral polas nubes tras golear 5-1 ó poderosísimo Caf.Zeus.
É un vello coñecido dos dcmistas no seu paso pola 3ªC. Un equipo moi irregular durante os campionatos, capaz do mellor e do peor segundo os xogadores dos que dispoña en cada partido.
Polo tanto o DCM debe estar precavido, agardar a un rival moi perigoso e saber que ten que xogar ó máximo nivel para poder obter a vitoria.
No encontro de ida o DCM venceu por 4-7 nun encontro tolo, no que adiantáronse os nósos por 0-2, empataría o rival 2-2 xa na segunda parte, e con ocasións para ambos lados o DCM tivo a fortuna de que acabasen en gol máis das súas ocasións que do rival.

O partido é fundamental para os intereses dcmistas. A carreira endurecerase todavía máis nas vindeiras xornadas, polo que hai que chegar ó pé de porto da montaña na mellor posición posible.
A cita, o sábado ás 20:00horas no pavillón de Manuel Antonio. Como diría o gran IagoAspas, “Haberá que sudar tinta gorda” para gañar o partido.

Imos DCM!!!

Última hora:
Aliñación probable:
------Jorge------
--Vare----Emi--
------Pani-------
------Yago------

Última hora: Quique chegará tocado por un proceso gripal. Chape é dúbida. O resto baixas.

miércoles, 2 de marzo de 2011

18º xornada de Vai-Á-Porra e clasificación xeral


Estes son os partidos seleccionados para a decimo oitava xornada de VAI-Á Porra (19º do campionato 2010/2011)

Deportes Carlos Miguel Vs. Caf.Castelao
Lecer Vs. Parquets Eloy
Caf.Zeus Vs. Wapichi


Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo


E a continuación a clasificación xeral actualizada:
A 18º xornada de liga correspondente coa 17º de Vai-Á-Porra deixounos o acerto completo de Karr do partido do DCM que o aúpa ata a 4ª posición. O empate do Acerón non foi quen de adiviñalo ninguén. Ademáis dito empate déixanos a curiosidade de que o DCM é actualmente o único equipo do grupo que non empatou ningún partido esta tempada.
Nota: Por solicitude do participante DCM#8, pasa a ser renomeado con DCM#10 ó trocar de dorsal este ano na súa equipación.



Moitas xornadas por diante, todo pode pasar; sigan participando en Vai-á-Porra!!