lunes, 31 de enero de 2011

Sobriedade, o camiño cara a regularidade. DCM 6 - 1 Lecer

Benqueridos lectores, reciban un cordial saúdo, nesta a miña primeira crónica como cronista oficial do blog. Por mor de motivos profesionais que me obrigan durante a semana a traballar na prensa do ámbito económico, vinme obrigado a solicitar a Lino un cambio de posto. Sendo el quen se ocupará das previas e eu das crónicas, a lo menos até finais de abril, onde pode que todo volva a como estaba antes. Sen máis dilación intentaremos contarvos o que foi o partido do DCM, pedíndolles que sexan comprensivos porque nesta primeira crónica non seremos quen de acadar o nivel de Lino, xa que para iso faranos falla moita experiencia.


O DCM disputaba esta domingo, nun escenario inmellorable como é o pavillón de Bembrive, un partido que se antollaba complicado para os nosos, xa que o rival o Lecer é un deses equipos que ós nosos dánselle especialmente mal debido a súa seriedade defensiva. O Lecer é un equipo que gusta de xogar á contra buscando as costas dos defensas rivais, pero os nosos advertidos deste feito, e facendo gala dunha moi boa organización defensiva non deixou lugar as dúbidas e dominou de comezo ó fin o partido.

O Comezo do partido foi positivo para o DCM, o equipo dominaba sen crear excesivas ocasións de gol pero chegando con certa asiduidade ás inmediacións do meta rival, e era quen de manter a súa portería allea ó perigo como xa o fixo nas primeiras partes dos partidos contra o Frutas Neves e o Doble de Cordero sen Cebolla. E iso que o equipo DCM'ista tivo que afrontar este partido con tan so dous defensas na convocatoria e un deles, Chapela que tan só estaba dispoñible para algúns minutos. Como diciamos o DCM dominaba no campo pero non era que de concretar os goles, porén o equipo non caeu na precipitación e con moito oficio e paciencia foi quen de atopar dous goles que farían as delicias das seareiras que onte se atopaban no municipal de Bembrive. Co resultado de 2-0 chegaríase ó descanso, un resultado non moi avultado pero ó que se chegaba con boas sensacións, xa que o Lecer tan só foi quen de crear unha ocasión de perigo, aínda que a piques estivo de ter outra por cortesía do porteiro do DCM, Jorge, que tras evitar que un balón saíse de fondo, fixo por segunda xornada consecutiva un mal pase cara o centro estando el escorado no córner. Por sorte Quique foi quen de emendalo erro e incluso de crear unha ocasión á contra.

Na segunda parte o terceiro gol tardaría en caer, pero unha vez que chegou o Lecer viuse abaixo defensivamente e finalmente caeron goleados. Nesta segunda parte o DCM ademais de seguir mostrando unha sobriedade defensiva que lle pode reportar moitas ledicias nas vindeiras xornadas, mostrou un importantísimo arsenal ofensivo cunhas xogadas que ata o de agora so se podían ver nalgún adestramento e que por segunda xornada consecutiva déronse cita nun partido oficial de Vigo En Xogo. Porén a pesar desta gran segunda parte que faría que os nosos marcasen por terceira xornada consecutiva máis de 5 goles (6 nesta ocasión), a mala nova foi que nunha xogada illada nun erro na saída do balón o Lecer faría o gol da honra, con algunha dose de fortuna xa que rexeite caíalle a un rival que marcaría gol a porta baleira. O Resultado final por tanto foi de 6-1, con 3 goles de Emi, 2 de Quique (moi criticados polos seareiros no comezo do partido pola súa invernal vestimenta, pero que finalmente foise aplaudido polo seu bo rendemento tanto en ataque como en defensa) e 1 gol de Vare.

Polo tanto moi bo partido do DCM, que fan que por unha vez na historia do equipo, o mes de xaneiro sexa un mes de confirmación e non de dores de cabeza. Con este resultado o equipo DCMista mantén a súa posición sen obter ningunha vantaxe xa que os 6 primeiros clasificados gañaron os seus partidos (o Wapichi non xogaba esta xornada pero gañou o seu partido aprazada), pero confírmase como candidato ó ascenso, e arranxa unha primeira volta que ata o de agora estaba sendo irregular pero que finalmente pode pechar con 10 vitorias e 4 derrotas. Pero para iso o equipo DCM'ista deberá superar ó N.K. un rival que como contaravos Lino na previa non lle porá as cousas nada sinxelas ós nosos. Polo tanto boa xornada para o DCM que aínda que non lle permite recortar puntos na clasificación, si que supón un reforzo na autoestima dos nosos que logran encadear 3 partidos a un moi bo nivel, o que fan soñar ós seareiros máis optimistas co ascenso a primeira división. Soñar é gratis, pero a competición é moi dura, polo que de momento tan só nos queda ir partido a partido.

Un saúdo a todos.

viernes, 28 de enero de 2011

“A continuar a xeira ante o mataxigantes da liga”



O DCM buscará nesta decimo cuarta xornada do campionato prolongar a súa boa xeira de resultados neste ano 2011, onde suma dúas victorias en outros tantos encontros.

Enfronte terá a un rival que destaca pola súa experiencia e polo seu bo facer defensivo (é o 3º equipo menos goleado da división). O Lecer, un dos equipo máis veteranos da competición chega a este encontro 10º na táboa, con 4 victorias, 4 empates e 4 derrotas e amosando ser un mataxigantes; foi o único equipo capaz de vencer ó líder, Parquets Eloy, conseguíu empatar co Wapichi e tamén venceu a Acerón, amosando así ser un equipo que ten opcións de victoria ante calqueira rival. Caracterízase ademais por rendibilizar moito os seus goles, xa que cun golaveraxe de -2 (33 a favor por 35 en contra) tan só perdeu 4 dos 12 partidos xogados. Eses goles chegan na súa maior parte en contragolpes que buscan constantemente; cada ataque errado do rival, convírtese en ocasión de perigo para Lecer, que con gran celeridade busca o saque longo do seu gardamallas para buscar as costas dos defensas e o despiste rival para plantarse na portería rival cunha ocasión clara de gol.
Datos que deixan constancia da gran dificultade do encontro.

Deberá por tanto o DCM buscar a fórmula para superar a unha das mellores defensas do campionato (a velocidade de circulación de pelota e as paredes serán claves) e deberá estar moi atento a eses saques rápidos e en longo que tanto cústalle defender ó noso equipo.

Para logralo, Ratkovic contará cunha convocatoria de 6 ou 7 xogadores, da que causan baixa segura Yago (de viaxe en Londres) e Xmon (de exames en Santiago) e será dúbida Chape.
Así, a alineación probable será:
-------------Jorge--------------
-----Vare-------------Pali-----
--------------Emi--------------
------------Quique-------------

De novo tres puntos fundamentais para seguir con máis aspiracións que o trofeo á deportividade.

Agardamos a súa asistencia o domingo ás 20:00 horas no pavillón de Bembrive.
Reciban un cordial saúdo!

jueves, 27 de enero de 2011

Xornada 13 Vai-á-Porra


Estes son os partidos seleccionados para a decimo terceira xornada de VAI-Á Porra 2010/2011

Deportes Carlos Miguel VS. Lecer
Acerón VS. Caf.Castelao
Bar Kubi VS. Ponte a Pintar

Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo
En canto Xaime teña un intre publicará a clasificación xeral, non desesperedes e seguide participando!

domingo, 23 de enero de 2011

“15 minutos de ensoño foron suficientes” Frutas Nieves 3-5 DCM


O DCM suma a segunda victoria consecutiva neste 2011 grazas a unha saída en tromba cara a portería rival nos primeiros 15 minutos de encontro, onde amosaron o seu mellor fútbol (cicáis dos mellores minutos do equipo na liga) que se traducíu nunha vantaxe de 4 goles a favor que á postre serían decisivos. Tralo 0-4 o DCM desapareceu da pista, comezaron os patadóns en longo sen sentido e Frutas Nieves chegou a meter o medo no corpo a falta de 8 minutos para o final co 3-5. Por fortuna os 3 puntos quedaron no peto dcmista.

Presión, recuperación e saída con paredes. Tres pilares deste deporte que onte o DCM soubo empregar nun arranque fulgurante de encontro que sorprendeu a propios e extranos. O que en ocasións o equipo é quén de facer nos adestramentos, onte por primeira vez foi quén de levalo á cabo na competición. As ocasións sucedíanse e o rival víase impotente ante tal intensidade dos dcmistas. Ós 15 minutos o marcador reflectía un contundente 0-4. Os anotadores foron Yago por partida dobre, Emi e Vare.
Con ese resultado, Frutas solicitaba un tempo morto para curtar a sangría goleadora, e conseguíronno. O DCM trabucouse por completo nas formas ó voltar á pista. Non pode achacarse á relaxación, xa que o equipo estaba desfrutando co xogo despregado nos primeiros intres e quería máis, pero esquecéronse do que ata o momento fixeran de marabilla para caer nos erros de sempre. Comezaron os pases en longo a ningures que ninguén é quén de comprender, deixouse de presionar encima ós rivais, deixándolles recibir e pensar, deixáronse de ofrecer desmarques e opcións de pase en curto para comezar a pedir o balón moi lonxe do pasador e así o partido pasou dun dominio absoluto, a un encontro no que o Frutas comezaba a ter o balón e un par de boas ocasións (balón ó pau incluido) e o DCM limitábase a algunha contra esporádica.

O descanso só servíu para confirmar eses últimos minutos da primeira metade. Por fortuna chegou un 5º gol de Yago que permitíu non sufrir de máis nos intres finais, nos que Frutas conseguíu recurtar distancias ata o 3-5 e todavía con oito minutos por diante. Por sorte, apenas houbo perigo neses derradeiros minutos e o pitido final do colexiado Eladio confirmaba unha victoria dcmista baseada nuns primeiros minutos para enmarcar e emborronada cos habituais vicios negativos do xogo dcmista no resto do encontro.

Este partido deixa moi claro o que se debe facer e o que non se debe facer. O equipo sabe como ten que xogar e cada xogador ten claro cáles son os seus acertos nese xogo colectivo fantástico dos primeiros minutos e cáles son os erros que comete e que perxudican ese xogo colectivo rápido e de precisión.
Só queda estar sempre ó 100% metido no partido é ó servicio do equipo para facer o correcto.

Dous encontros para rematar a primeira volta contra dous equipos da zona media-baixa da táboa; Lecer, un rival cun xogo ó que os nósos cústalles afrontar e finalmente NK.

Despídome ata a próxima, que cicáis sexa a vindeira Previa e non a Crónica, xa que dende o foro estúdiase unha restructuración dos servizos informativos para mellorar a eficacia e a eficiencia desta web.
Reciban un cordial saúdo!

jueves, 20 de enero de 2011

Xornada 12 Vai-á-Porra


Estes son os partidos seleccionados para a duodécima xornada de VAI-Á Porra 2010/2011

Frutas Nieves VS.Deportes Carlos Miguel
Lecer VS. Caf.Zeus
Silvafresh VS. Acerón

Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo
Non nos esquecemos da clasificación xeral! Pronto a publicaremos!

lunes, 17 de enero de 2011

Comezo ilusionante. DCM 5-0 DobleDeCordero




O 2011 principia cunha contundente victoria do DCM que unida ó esvarón de Wapichi e Acerón devolven a ilusión á parroquia dcmista.
Tralas dúbidas existentes dende a última xornada de 2010 coa vergoñenta derrota ante Caf.Zeus e trala súa xornada de descanso, os nósos necesitaban unha victoria para devolver a confianza en si mesmos e comezar o ano cunha nova perspectiva da tempada.
O equipo conseguiuno cun partido moi serio e traballado que custoulle sacar adiante xa que ata ben avanzada a 2ª metade non sería quen de sentenciar o encontro.

A duodécima xornada levábanos ó campo da Mina onde o DCM recibía ó Doble de Cordero sin Cebolla baixo a arbitraxe do máis que discutido Berto.
Chape causaba baixa por unha gripe e Xmon entraba no seu lugar, para completar unha ampla convocatoria.
A primeira metade deixounos escasas ocasións, un tímido dominio dcmista que buscaba o gol e atacaba máis que o rival pero con demasiado respeto, e sen chegar a asoballar ó rival, pero un pequeno dominio que traduciríase nun único gol que chegaba tras un saque de porta de Jorge que finalizaba Yago con algo de fortuna, facendo un importante 1-0. O Doble de Cordero cunha importante baixa, non daba entrado no partido, limitábase a defenderse e non conseguíu inquedar a porta dcmista en todo o primeiro periodo.

Tralo descanso o DCM saía moito máis solto, con máis intensidade e máis convencido de ir decididamente a polo partido.
Os primeiros 10 minutos desta segunda metade desputáronse íntegramente en campo do Cordero, que defendía como podía as continuas acometidas dos dcmistas, que unha vez tras outra estaban moi preto do gol pero a gran actuación do gardamallas rival e a falta de fortuna facían que o marcador mantivésese inalterado. Unha gran presión de todo o equipo permitía recuperar o balón moi cedo, co que se evitaban os ataques rivais e conseguíanse continuas ocasións, mais cun resultado tan curto calquera cousa podía pasar e os nervos comezaban a aparecer.
Por fortuna o 2-0 chegaría mediada esta segunda metade, nunha xogada na que Quique recurtaba ó seu defensor e cun potente disparo cruzado que petaba en ambos paus antes de introducirse na portería rival.
Ese gol levou moita tranquilidade e abriu a lata para que foran chegando máis tantos.
O 3-0 foi obra de Yago; Pani cun gran traballo de esforzo e presión conseguía recuperar un balón preto da área contraria, pasaba cara Vare e este tiraba de recursos para entregar de tacón a Yago que libre de marca batía cun bo disparo ó porteiro rival.
Co 3-0, Cordero tería as súas únicas dúas ocasións en todo o encontro pero ahí aparecía Jorge para deixar a súa portería a 0.
Unha falta en campo rival que o DCM sacaba rápido e marcaba pero o colexiado anulaba o tanto por dicir que era 5 centímetros máis cara diante, era convertida en gol finalmente por Yago cun disparo directo. 4-0.
E Quique redondearía o resultado co 5-0 final tras pase de Emi.

Conseguía así a primeira victoria do ano o DCM nun partido bastante sinxelo pero que o equipo traballou dende o principio ó final para que non se complicase en ningún momento. Con estes 3 novos puntos, o DCM ata a 4ª praza, a un punto do 3º (Zeus) e a 3 do Wapichi que é 2º pero cun encontro máis.
Frutas Nieves, Lecer e NK para rematar a primeira volta, así que vaiamos partido por partido para lograr bos resultados.

Reciban un cordial saúdo e ata a próxima.

viernes, 14 de enero de 2011

Ano novo, ¿vida nova?. DCM Vs. Doble de Cordero



O 2011 sexa benvido. Comezou o quinto ano de vida do DCM. Un ano que a diferenza de outros, e do que soe ser habitual para a maioría da xente que se plantexa co inicio dos anos novos retos e obxectivos, non deixa no seo dcmista novas esperanzas, novas ilusións, novos proxectos… senón máis do mesmo.
Preténdese alongar un ano máis un proxecto que ata o de agora deu moi bos resultados, a marxe do ascenso e dos títulos, deu 4 anos de desfrutar cada fin de semana do equipo e da competición que é ó fin e ó cabo o fin último deste equipo.
Cinco anos son moitos, polo que só o 2011 diranos se é o mencionado proxecto segue dando froitos ou esgótase e fai necesario cambios na vida dcmista.

Polo momento, o DCM terá que retomar a competición tralo parón navideño e tras cumprir a súa xornada de descanso, polo que sen dúbida o equipo que tan só tivo tres días de preparación durante todo este longo periodo sen liga (un amigábel co Acerón, a copa loiola desputada baixo o nome de Gotream, e o adestramento deste xoves), acusará a falta de ritmo.
Enfronte terá a un vello coñecido, o Doble de Cordero Sen Cebola, un rival temido cando se enfrontaban na 3ª división e que deu lugar a bonitos partidos de moita igualdade e tensión, pero que agora parece estar a acusar a adaptación a unha nova división, xa que tan só foi quen de sumar 4 vitorias nos 11 partidos que desputou ata o momento, que o sitúan na undécima posición da táboa.

A única boa nova para os Dcmistas é o regreso de Emi ós terreos de xogo trala súa lesión de longa duración. O xogador chegará con moitas gañas que agardemos sexa quen de transmitir a un equipo todavía deprimido pola última derrota ante Caf.Zeus nun partido que nunca puido deixarse escapar.
Polo tanto para este encontro o adestrador sen contrato Ratkovic Varela contará previsiblemente con todos os seus efectivos agás Xmon (que terá difícil a súa asitencia por compromisos laborais na capital galega), aínda que a situación de cada un deles é moi particular:
- Jorge chegará tras unha semana de moito desgaste na cidade condal por motivos laborais e tan só terá unhas horas para preparar o partido.
- Chape continúa no parte médico do equipo e o adestrador sabe que non debe empregalo demasiados minutos. Este xoves completou a intensa sesión de adestramento e rematou acusando o esforzo.
- Emi como diciamos regresa trala súa lesión e o seu nivel ó igual que o de Oubiña é unha incógnita.
- Quique volta trala súa depresión futbolística e tralo seu paso polos servicios psicolóxicos do clube que o convenceron para non colgar as botas xd. Onte víuselle plenamente recuperado e mentalizado para o partido do domingo.
- E o resto do plantel (Pali, Pani, Yago e Vare) chegan algúns inmersos na dura época de exames e todos eles moi faltos de ritmo de competición.

Con todo, a aliñación probábel será:
---------Jorge--------- (aínda que ben podería xogar Quique xd)
---Vare-------Pali----
---------Pani----------
---------Emi----------- (imaxinen a cara de felicidade de Emi ó verse de dianteiro aínda que só sexa sobre o papel xd. A outra opción na punta de ataque sería Jorge, pero é menos probabel xa que ten facilidade para mancar os nocellos cando xoga de campo. Os dous teóricos dianteiros do plantel terán que demostrar que comezan o 2011 moito mellor do que remataron o 2010 xd)

Polo tanto partido moi complicado para os nósos, non só polo indiscutible nivel do rival, pola rivalidade entre ambos equipos e sobretodo pola falta de ritmo do equipo tras este longuísimo parón invernal. O DCM terá que superar estas complicacións e sacar os 3 puntos se quere seguir optando a algo máis que o premio da deportividade nesta liga.

Nada máis, agardámosvos a todos o vindeiro Domingo ás 18:00 horas no (como diría Xaime) máxico pavillón do Monte da Mina.


NOTA: SEGUIDE PARTICIPANDO EN VAI-Á-PORRA NA ENTRADA DE ABAIXO

miércoles, 12 de enero de 2011

Xornada 11 de Vai-á-Porra


Estes son os partidos seleccionados para a undécima xornada de VAI-Á Porra 2010/2011

Deportes Carlos Miguel VS. Doble de Cordero sin Cebollla
Bar Codedero VS. Parquets Eloy
Acerón VS. Ponte a Pintar

Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo

A clasificación será actualizada próximamente.