lunes, 27 de septiembre de 2010

O DCM renova patrocinio con Deportes Carlos Miguel e pecha por sorpresa unha fichaxe.

A semana pasada foi moi intensa na sede do DCM, a proximidade da temporada fixo que a sede do club vigués estivera chea de actividade para pechar os derradeiros "flecos" antes de comezar esta ilusionante campaña.

En primeiro lugar tras unhas xestións que se iniciaron o sábado día 18 deste mes e que se prolongaron até ben entrada a noite o club comezou a barallar a posibilidade de facer a segunda fichaxe da súa historia. O motivo desta fichaxe é a lesión de Chapela, quen por desgraza aínda non está en plenas condicións e que vai traballar para fortalecer a súas costas para así poder xogar con total tranquilidade nun futuro agardemos que cercano. Chapela comunicoulle o club que non podería xogar moitos partidos e que prefería estar de reserva polo menos nun comezo, e xogar tan só cando o club o necesitara por causas de forza maior, ou cando se atopase ben. Ante esta situación o club pensou que podería afrontar a temporada con 8 xogadores maís Chapela, xa que este ano Xmon, vai xogar moitos máis partidos que en tempadas anteriores se todo vai ben. Porén na noite de devandito sábado ó club se lle puso a tiro un xogador moi interesante e que cumpría as premisas da dirección deportiva para cubrir esa baixa.

Este xogador é "Toño", e é un xogador dun perfil similar ó do resto do equipo, xa que recorden qu este equipo é froito da fusión do CUVJ e do Paghatinaikos, equipos que militaban na Liga Loiola e que decidiron unir os seus camiños para formar un equipo competitivo en Vigo En Xogo. Pois ben Toño era un dos integrantes do Paghatinaikos e polo tanto pódese considerar coma un xogador de canteira. Cómpre recordar que esta é a segunda fichaxe que fai o DCM, que xa leva 4 tempadas na competición (esta será a quinta). A primeira incorporación que fixo o equipo da tenda de deportes da Avenida de Castrelos foi Yago quen tamén tiña pasado na liga Loiola, xa que tiña xogado no Frenagol (equipo do cual saíu o CUVJ un ano despois, pero no que non estaba Yago xa que ese ano non estaba vivindo na nosa cidade), naquel intre a contratación fíxose para cubrir a baixa de Iago (Kokinho) quen iniciaría unha nova etapa en Vigo En Xogo ó convertirse nun dos membros fundadores do Balance F.S. (o ano pasado Galecoi Motor Club).

Desta maneira e por primeira vez, o equipo vai superar a cifra de 9 xogadores, veremos que tal se adapta a esta situación o equipo, aínda que vai ser difícil que os 10 xogadores coincidan no mesmo partido. Todos os seareiros DCM'istas agardan que a adaptación de Toño ó marcado estilo de xogo do DCM sexa rápida, neste senso temos a boa nova de que xa xogou nun dos dous equipos dos que é froito o DCM e a mala nova de que os seus estudos na cidade de A Coruña, non lle van permitir acudir ós adestramentos semanais.

Noutra orde de cousas, o DCM pechou o pasado venres un acordo de colaboración un ano maís, e xa van 5 (6 se contamos que tamén foi patrocinador do CUVJ), coa tenda Deportes Carlos Miguel que outra vez voltará a dar nome ó equipo a cambio de material deportivo para o equipo. Dende este blog queremos agradecer a confianza que ten posta en nós, que fai un pouco máis sinxelo cadrar o presuposto DCM'ista ó non ter que afrontar ningún pago por equipaxe.

A Súa páxina web é a seguinte http://www.deportescarlosmiguel.com/

No hay comentarios: