miércoles, 22 de septiembre de 2010

Nova Temporada, Novidades Blog

Coa nova temporada o equipo que dirixe o blog deste equipo, fixo unhas pequenas reformas no mesmo para tratar de seguir sendo un blog onde se xunten tódolos seareiros que teñan interese pola segunda división grupo "B" en particular e por Vigo En Xogo en xeral. Para acadar este obxectivo modernizouse o aspecto da páxina web, grazas as novas ferramentas que facilita bloguer.

Entre as novidades máis destacadas ademáis do cambio de aspecto do blog, cabe salientar a introdución no menú, dunha ferramenta que permitirá a tódolos lectores estar informado das novidades do resto de blogs da segunda división "B" e tamén doutras categorías. No intre que o blog actualízase na nosa páxina poderedes ver o título da nova entrada e un enlace para acceder a mesma (esta ferramenta aínda non está totalmente desenvolvida, xa que nos resta coñecer quen estará neste grupo da segunda división, grupo "B").

Ademais desta mellora, agardamos contar con toda a vosa colaboración para poder seguir coñecendo os diversos resultados da nosa división, e desta maneira poder ter actualizada a clasificación antes de que remate cada fin de semana.

Por suposto, seguiremos coas previas e crónicas de cada un dos partidos, ademais de coa nosa porra (Vai-á Porra), que xa dará comezo a vindeira semana.

Xa para finalizar agradecervos a vosa fidelidade durante a pasada temporada, e desexar a maior das sortes a cada un dos diversos equipos de Vigo En Xogo.

No hay comentarios: