jueves, 9 de septiembre de 2010

Arranca o DCM 2010-2011


Tras un longo período estival, comeza un novo proxecto Dcmista, baseado na tradición e na confianza; na continuidade dun proxecto iniciado fai xa cinco anos e tan só retocado trala primeira tempada coa fichaxe de Yago.

O verán deu moito que falar, e xurdíu un debate ata o de agora desaparecido no seo do equipo. ¿Necesita o equipo un novo fichaxe? ¿Quédase curto o actual plantel? ¿O equipo non pode aspirar a nada máis sen incorporacións de calidade?
Houbo opinións para tódolos gustos, partidarios dunha nova incorporación pero tamén detractores da mesma, e ante un tema de tal importancia, os Estatutos do clube establecen o requisito dunha maioría absoluta dos votos para tal modificación, ou alomenos a maioría simple e abstencións do resto dos membros.
Como non acabou de consolidarse un acordo maioritario, semella que salvo sorpresón de última hora, serán os mesmos nove os que defendan a zamarra dcmista; Jorge en portería // na defensa Pali, Vare, Xmon e Chape // e en posicións ofensivas Pani, Emi, Yago e Quique.

O debate xurdíu por varios motivos. O principal foi a oportunidade de ouro que presentaba o mercado trala total renovación no seno do Galecoi, que deixaba libre a un dos mellores xogadores da Vigo en Xogo, Javi, un xogador que ademáis deixouse querer polo DCM.
De que se trataba dunha grandísima oportunidade, non o dubidaba ninguén, todos sabían da súa calidade, do seu compromiso e da súa polivalencia, polo tanto a inxecciónde calidade ó plantel estaba clara.
Pero pola contra, unha nova incorporación supón un troco por parte de todo o equipo. A necesidade de atoparlle un oco nun equipo onde tódalas posicións teñen dono, a máis que probable necesidade de cambiar a táctica a un equipo que xoga de memoria dende fai 5 tempadas e sobretodo a posibilidade de que a convocatoria de 10 xogadores para cada partido levase a unha reducción de minutos de xogo para cada membro do equipo que podería levar á desmotivación, a sentirse pouco importantes e a falta de implicación dalgúns xogadores, acabaron por non concretar a fichaxe.

Outro dos motivos froito do debate é o estado de saúde de VanDerChap, un xogador que mantense entre algodóns e que sufre moitos problemas nas costas. Estes problemas xa lle fixeron perderse moitos minutos a tempada pasada pero o xogador sacrificouse sempre que o equipo o necesitou e cumpríu o seu papel, algo que cun chisco de fortuna tamén poderá facer esta tempada.
Ademáis Xmon adquiríu un compromiso coa Presidencia do clube, de que asistirá a máis encontros esta tempada, co que se agarda que chegue a duplicar as súas asistencias, chegando a cifras cercanas ó 50% das xornadas.
Polo tanto entre Xmon e Chapela, semella asegurada a presenza dun tercer defensa en tódalas xornadas, ademáis dos habituais Vare e Pali que a non ser causa excepcional e de forza maior, apenas perdéronse partidos nestes 5 anos.

E nas posicións ofensivas, Yago seguirá con ocupacións que lle impidan acudir a un 25% dos partidos, pero Emi, Quique e Pani asegurarán case sempre a presenza de tres homes de ataque.

O debate semella quedar zanxado polo momento, pero non se descarta que volva a xurdir no mercado invernal e tamén a final de tempada.
As sensacións e os resultados serán os que digan se a decisión foi acertada ou equivocada.

Outras novidades do clube nestes meses trala consecución do trofeo de campións da deportividade da 2ªB e do trofeo de campión de campións da deportividade, foi a elección dun novo presidente tralo mandato do Sr. Chapela. O elixido foi o Sr. Rodríguez nunha reñida votación. Inicia así un novo mandato un home con moita experiencia na Presidencia do clube, agardemos que colleite moitos éxitos.
Trala súa elección conseguíu a renovación do groso do plantel (e mantén negociacións co cancerbeiro, Quique e Pani). Tamén asegurou a continuidade por unha tempada máis do adestrador aínda que todavía non rubricouse o contrato a espera da inscrición do equipo na competición

Unha inscrición que prevese para os vindeiros días, unha vez que o Director Xeral, o Sr. González finalice a súa búsqueda de patrocinio con ou sen éxito.

A partires do día 16 ademáis, o equipo regresa ós adestramentos nas instalacións de Valadares compartidas co renovado e poderoso Galecoi Motorclub que agardemos incremente a esixencia de cada adestramento para os nósos.
E retomaranse tamén os encontros de pretempada tralos bolos disputados ante o propio Galecoi Motorclub (en dúas ocasións) e ante o Pachín FS que pecháronse con dúas victorias e un empate.

Iso é todo polo de agora. Pronto máis información. Non perdan de vista http://www.dcmvigo.blogspot.com/

No hay comentarios: