miércoles, 29 de septiembre de 2010

Volve a Liga, Volve VAI-Á PORRA

Estes son os partidos seleccionados para a Primeira xornada de VAI-Á Porra 2010/2011

Deportes Carlos Miguel Vs Parquets Eloy
Bar Kubi Vs Veterinari Ars Canis
Frutas Nieves Vs Lecer

Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo

martes, 28 de septiembre de 2010

O DCM debuta contra un vello coñecido, o Parquets Eloy

O DCM vai repetir o debut da pasada temporada, xa que volverá a debutar contra o Parquets Eloy, equipo que ós DCM'istas se lle da realmente mal, xa que non foi quen de gañarlle en ningún dos 3 partidos que disputou contra el (2 de liga e un de torneo de campións). Pero xa haberá tempo para analizar o encontro na previa do partido.

Agora é tempo para presentar os equipos que van a formar o grupo de Segunda División grupo "B", na temporada 2010/11

1.- Acerón
2.- Bar Cocedero La Piedra
3.- Wapichi United
4.- Bar Kubi
5.- Veterinari Ars Canis
6.- Bar Lobis Home
7.- Silva Fresh
8.- Cafetería Zeus
9.- Ponte a Pintar
10.- Deportes Carlos Miguel
11.- Parquets Eloy
12.- Doble de Cordero Sin Cebolla
13.- N.K.
14.- Frutas Nieves
15.- Lecer

A simple vista moitos cambios nesta división, se ben é certo que baixo estes cambios de equipos pode esconderse tan só un troco de nomes. Con respecto a pasada temporada repiten nome nesta segunda "B", o Acerón, o Bar Kubi, o Ponte a Pintar, o Parquets Eloy e o propio Deportes Carlos Miguel.

Por outra banda tamén podemos atopar un vello coñecido como é o Doble de Cordero Sin Cebolla, que fai dúas temporadas loitou co DCM polo ascenso á 2ª división, que finalmente terían que aplazar un ano.

O DCM descansará na primeira volta o día 8/9 de Xaneiro (Xornada 11) como ven sendo habitual, o que fará que os nosos teñan un amplo parón de nadal, xa que o derradeiro partido do ano para os nosos será o 18/19 do mes de nadal (contra o Cafetería Zeus) e non volverán xogar até o 15/16 de Xaneiro fronte ó Doble de Cordero Sin CebollA. Na segunda volta descansará o día 7/8 de Maio, na xornada 26, pero este ano non se xuntará coa ponte do día do traballo, xa que o día 1 de Maio coincide en domingo e haberá liga ese fin de semana.

Por último salientar que a liga rematará o día 4/5 de Xuño, nun enfrontamento contra o N.K.

As fins de semana nas que non haberá liga son as seguintes:


  • 30/31 de Outubro: por mor da ponte de Tódolos Santos
  • 4/5 de Decembro: Con motivo da ponte da Constitución
  • 25/26 de Decembro: Por coincidir co día de Nadal.
  • 1/2 de Xaneiro: Xa que é Ano Novo.
  • 26/27 de Marzo: Con motivo da festividade local da Reconquista
  • 23/24 de Abril: Por ser Semana Santa (domingo de resurrección).

Para finalizar a análise deste calendario, aquí temos os emparellamentos da primeira xornada de liga:

ACERON --> descansa
BAR COCEDERO LA PIEDRA Vs WAPICHI UNITED
BAR KUBI Vs VETERINARI ARS CANIS
BAR LOBIS HOME
Vs SILVAFRESH
CAFETERIA ZEUS Vs PONTE A PINTAR
DEPORTES CARLOS MIGUEL
Vs PARQUETS ELOY
DOBLE CORDERO SIN CEBOLLA
Vs N.K.
FRUTAS NIEVES
Vs LECER

Máis Información en:

Clasificación e Resultados

http://www.vide.es/calendarios-de-competicion/

lunes, 27 de septiembre de 2010

O DCM renova patrocinio con Deportes Carlos Miguel e pecha por sorpresa unha fichaxe.

A semana pasada foi moi intensa na sede do DCM, a proximidade da temporada fixo que a sede do club vigués estivera chea de actividade para pechar os derradeiros "flecos" antes de comezar esta ilusionante campaña.

En primeiro lugar tras unhas xestións que se iniciaron o sábado día 18 deste mes e que se prolongaron até ben entrada a noite o club comezou a barallar a posibilidade de facer a segunda fichaxe da súa historia. O motivo desta fichaxe é a lesión de Chapela, quen por desgraza aínda non está en plenas condicións e que vai traballar para fortalecer a súas costas para así poder xogar con total tranquilidade nun futuro agardemos que cercano. Chapela comunicoulle o club que non podería xogar moitos partidos e que prefería estar de reserva polo menos nun comezo, e xogar tan só cando o club o necesitara por causas de forza maior, ou cando se atopase ben. Ante esta situación o club pensou que podería afrontar a temporada con 8 xogadores maís Chapela, xa que este ano Xmon, vai xogar moitos máis partidos que en tempadas anteriores se todo vai ben. Porén na noite de devandito sábado ó club se lle puso a tiro un xogador moi interesante e que cumpría as premisas da dirección deportiva para cubrir esa baixa.

Este xogador é "Toño", e é un xogador dun perfil similar ó do resto do equipo, xa que recorden qu este equipo é froito da fusión do CUVJ e do Paghatinaikos, equipos que militaban na Liga Loiola e que decidiron unir os seus camiños para formar un equipo competitivo en Vigo En Xogo. Pois ben Toño era un dos integrantes do Paghatinaikos e polo tanto pódese considerar coma un xogador de canteira. Cómpre recordar que esta é a segunda fichaxe que fai o DCM, que xa leva 4 tempadas na competición (esta será a quinta). A primeira incorporación que fixo o equipo da tenda de deportes da Avenida de Castrelos foi Yago quen tamén tiña pasado na liga Loiola, xa que tiña xogado no Frenagol (equipo do cual saíu o CUVJ un ano despois, pero no que non estaba Yago xa que ese ano non estaba vivindo na nosa cidade), naquel intre a contratación fíxose para cubrir a baixa de Iago (Kokinho) quen iniciaría unha nova etapa en Vigo En Xogo ó convertirse nun dos membros fundadores do Balance F.S. (o ano pasado Galecoi Motor Club).

Desta maneira e por primeira vez, o equipo vai superar a cifra de 9 xogadores, veremos que tal se adapta a esta situación o equipo, aínda que vai ser difícil que os 10 xogadores coincidan no mesmo partido. Todos os seareiros DCM'istas agardan que a adaptación de Toño ó marcado estilo de xogo do DCM sexa rápida, neste senso temos a boa nova de que xa xogou nun dos dous equipos dos que é froito o DCM e a mala nova de que os seus estudos na cidade de A Coruña, non lle van permitir acudir ós adestramentos semanais.

Noutra orde de cousas, o DCM pechou o pasado venres un acordo de colaboración un ano maís, e xa van 5 (6 se contamos que tamén foi patrocinador do CUVJ), coa tenda Deportes Carlos Miguel que outra vez voltará a dar nome ó equipo a cambio de material deportivo para o equipo. Dende este blog queremos agradecer a confianza que ten posta en nós, que fai un pouco máis sinxelo cadrar o presuposto DCM'ista ó non ter que afrontar ningún pago por equipaxe.

A Súa páxina web é a seguinte http://www.deportescarlosmiguel.com/

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Nova Temporada, Novidades Blog

Coa nova temporada o equipo que dirixe o blog deste equipo, fixo unhas pequenas reformas no mesmo para tratar de seguir sendo un blog onde se xunten tódolos seareiros que teñan interese pola segunda división grupo "B" en particular e por Vigo En Xogo en xeral. Para acadar este obxectivo modernizouse o aspecto da páxina web, grazas as novas ferramentas que facilita bloguer.

Entre as novidades máis destacadas ademáis do cambio de aspecto do blog, cabe salientar a introdución no menú, dunha ferramenta que permitirá a tódolos lectores estar informado das novidades do resto de blogs da segunda división "B" e tamén doutras categorías. No intre que o blog actualízase na nosa páxina poderedes ver o título da nova entrada e un enlace para acceder a mesma (esta ferramenta aínda non está totalmente desenvolvida, xa que nos resta coñecer quen estará neste grupo da segunda división, grupo "B").

Ademais desta mellora, agardamos contar con toda a vosa colaboración para poder seguir coñecendo os diversos resultados da nosa división, e desta maneira poder ter actualizada a clasificación antes de que remate cada fin de semana.

Por suposto, seguiremos coas previas e crónicas de cada un dos partidos, ademais de coa nosa porra (Vai-á Porra), que xa dará comezo a vindeira semana.

Xa para finalizar agradecervos a vosa fidelidade durante a pasada temporada, e desexar a maior das sortes a cada un dos diversos equipos de Vigo En Xogo.

jueves, 9 de septiembre de 2010

Arranca o DCM 2010-2011


Tras un longo período estival, comeza un novo proxecto Dcmista, baseado na tradición e na confianza; na continuidade dun proxecto iniciado fai xa cinco anos e tan só retocado trala primeira tempada coa fichaxe de Yago.

O verán deu moito que falar, e xurdíu un debate ata o de agora desaparecido no seo do equipo. ¿Necesita o equipo un novo fichaxe? ¿Quédase curto o actual plantel? ¿O equipo non pode aspirar a nada máis sen incorporacións de calidade?
Houbo opinións para tódolos gustos, partidarios dunha nova incorporación pero tamén detractores da mesma, e ante un tema de tal importancia, os Estatutos do clube establecen o requisito dunha maioría absoluta dos votos para tal modificación, ou alomenos a maioría simple e abstencións do resto dos membros.
Como non acabou de consolidarse un acordo maioritario, semella que salvo sorpresón de última hora, serán os mesmos nove os que defendan a zamarra dcmista; Jorge en portería // na defensa Pali, Vare, Xmon e Chape // e en posicións ofensivas Pani, Emi, Yago e Quique.

O debate xurdíu por varios motivos. O principal foi a oportunidade de ouro que presentaba o mercado trala total renovación no seno do Galecoi, que deixaba libre a un dos mellores xogadores da Vigo en Xogo, Javi, un xogador que ademáis deixouse querer polo DCM.
De que se trataba dunha grandísima oportunidade, non o dubidaba ninguén, todos sabían da súa calidade, do seu compromiso e da súa polivalencia, polo tanto a inxecciónde calidade ó plantel estaba clara.
Pero pola contra, unha nova incorporación supón un troco por parte de todo o equipo. A necesidade de atoparlle un oco nun equipo onde tódalas posicións teñen dono, a máis que probable necesidade de cambiar a táctica a un equipo que xoga de memoria dende fai 5 tempadas e sobretodo a posibilidade de que a convocatoria de 10 xogadores para cada partido levase a unha reducción de minutos de xogo para cada membro do equipo que podería levar á desmotivación, a sentirse pouco importantes e a falta de implicación dalgúns xogadores, acabaron por non concretar a fichaxe.

Outro dos motivos froito do debate é o estado de saúde de VanDerChap, un xogador que mantense entre algodóns e que sufre moitos problemas nas costas. Estes problemas xa lle fixeron perderse moitos minutos a tempada pasada pero o xogador sacrificouse sempre que o equipo o necesitou e cumpríu o seu papel, algo que cun chisco de fortuna tamén poderá facer esta tempada.
Ademáis Xmon adquiríu un compromiso coa Presidencia do clube, de que asistirá a máis encontros esta tempada, co que se agarda que chegue a duplicar as súas asistencias, chegando a cifras cercanas ó 50% das xornadas.
Polo tanto entre Xmon e Chapela, semella asegurada a presenza dun tercer defensa en tódalas xornadas, ademáis dos habituais Vare e Pali que a non ser causa excepcional e de forza maior, apenas perdéronse partidos nestes 5 anos.

E nas posicións ofensivas, Yago seguirá con ocupacións que lle impidan acudir a un 25% dos partidos, pero Emi, Quique e Pani asegurarán case sempre a presenza de tres homes de ataque.

O debate semella quedar zanxado polo momento, pero non se descarta que volva a xurdir no mercado invernal e tamén a final de tempada.
As sensacións e os resultados serán os que digan se a decisión foi acertada ou equivocada.

Outras novidades do clube nestes meses trala consecución do trofeo de campións da deportividade da 2ªB e do trofeo de campión de campións da deportividade, foi a elección dun novo presidente tralo mandato do Sr. Chapela. O elixido foi o Sr. Rodríguez nunha reñida votación. Inicia así un novo mandato un home con moita experiencia na Presidencia do clube, agardemos que colleite moitos éxitos.
Trala súa elección conseguíu a renovación do groso do plantel (e mantén negociacións co cancerbeiro, Quique e Pani). Tamén asegurou a continuidade por unha tempada máis do adestrador aínda que todavía non rubricouse o contrato a espera da inscrición do equipo na competición

Unha inscrición que prevese para os vindeiros días, unha vez que o Director Xeral, o Sr. González finalice a súa búsqueda de patrocinio con ou sen éxito.

A partires do día 16 ademáis, o equipo regresa ós adestramentos nas instalacións de Valadares compartidas co renovado e poderoso Galecoi Motorclub que agardemos incremente a esixencia de cada adestramento para os nósos.
E retomaranse tamén os encontros de pretempada tralos bolos disputados ante o propio Galecoi Motorclub (en dúas ocasións) e ante o Pachín FS que pecháronse con dúas victorias e un empate.

Iso é todo polo de agora. Pronto máis información. Non perdan de vista http://www.dcmvigo.blogspot.com/