miércoles, 9 de junio de 2010

O DCM campión do Premio á Deportividade de 2ª"B" e Campión de Campións da Deportividade

O Deportes Carlos Miguel volve dous anos máis tarde a gañar o trofeo da Deportividade. De aquela o DCM proclamábase campión da deportividade da 3ª División Grupo "C" e ademáis conseguía proclamarse gañador da deportividade de todo o fútbol sala. Era a temporada 2006/07 e o equipo DCM'ista tan so recibira 5 cartóns amarelos. Nesta ocasión o DCM pechou a temporada con 4 cartóns amarelos, o que tamén foi suficiente para poder facerse tamén co trofeo de campións da deportividade do fútbol sala.

Desta maneira o DCM amplía o seu palmarés, co 6º trofeo en 4 temporadas.

Palmarés DCM:

Temporada 2006/07:
- Campión da Deportividade de 3ªC de Fútbol Sala
- Campión da Deportividade Xeral do Fútbol Sala.
Temporada 2007/08: Sen títulos.
Temporada 2008/09:
- Campión de 3ªC de Fútbol Sala
- Trofeo ó Equipo Menos Goleado.
Temporada 2009/10:
- Campión da Deportividade de 2ªB De Fútbol Sala.
- Campión da Deportividade Xeral do Fútbol Sala.

DCM#3 Campión da Primeira Edición de Vai-á Porra

Xa temos campión da primeira edición de Vai-á porra, que non e outro que DCM#3, quen nestas dúas derradeiras xornadas foi quen de defendelo seu liderado e ser o que máis puntuou (6 puntos). A segunda posición a ocupa Migui(Hannover) quen cos 4 puntos sumados nesta xornada é quen de manter a súa segunda praza no podio da táboa clasificatoria. As posicións de honra a pecha Jorge (DCM) quen soubo reporse da mala xornada 14 onde non foi quen de obter nin un so punto, cos 4 conseguidos na derradeira xornada.

Tamén logran unha boa posición aínda que non son quen de meterse dentro das 3 primeiras prazas, Quique (DCM) que remata moi ben a temporada tras un comezo dubitativo e Lafuente que cedeu na derradeira xornada a súa 4ª praza. Na quinta posición empata con Lafuente DCM#8 quen ó igual que DCM#5 rematan nunha liña ascendente a temporada, Karr pola súa banda pecha o grupo de cabeza con 32 puntos.

Xa máis afastados deste grupo de cabeza están o resto de participantes, a quen a irregularidade (non participaron en todas as xornadas) lles impide optar a unha mellor clasificación.

Dende a organización desta Porra, agradecemos moito a tódolos participantes o seu interese, e agardamos que o vindeiro ano teñamos un maior número de participantes, e especialmente agardamos que fora do voso gusto.

Un saúdo, e vos agardamos a vindeira temporada. Bo Verán e Noraboa a DCM#3.

lunes, 7 de junio de 2010

“A guinda a unha gran tempada” DCM 8-3 ParquetsCorcoba

O DCM remata a súa primeira andaina na 2ª división cunha contundente vitoria da que desfrutaron xogadores, corpo técnico e afección. O equipo consegue así acabar con máis victorias que derrotas nun ano no que se cumpriron tódolos obxectivos; permanencia na categoría sen pasar apuros e moitas posibilidades de optar ó premio á deportividade da categoría, o que faría sumar ó equipo o seu 5º título en 4 anos; nos vindeiros días saberase o resultado.

Na derradeira xornada de liga, o DCM soltou a melena e fixo un partido cara a galería, con boas xogadas, fermosos goles e con moitísimas ocasións para ámbolos bandos. Os nósos chegaban coas baixas de Pali, Chape e Xmon o que compricaba o encontro e ademáis o ParquetsCorcoba que xa vencera ós nósos na ida, amosou que non é para nada un mal equipo, pero a pegada dcmista de hoxe os barreu do encontro ós poucos minutos de principiar, e é que os rivais comezaron ben prantados e as dúas primeiras ocasións foron para eles, pero en dúas chegadas os nósos farían os dous primeiros goles. Recurtaría distancias o 7PK2 nunha xogada desafortunada entre Vare e Jorge, pero nada máis sacar de centro o DCM retomaría o mando do partido para non deixalo ata o final. 5-1 ó descanso e 8-3 cando o colexiado Paulo deu por finalizado o encontro e a tempada para os nósos. Anotaron Emi en tres ocasións, Pani por partida dobre e completaron a conta Yago, Quique e Vare.
Destacar dos goles o fermosísimo tanto anotado por Yago quen dende fóra da área recibía un pase de costas á portería e ante a saída do cancerbeiro deixaba un toque sutil perfecto para superalo e anotar un dos mellores goles da tempada. Emi tamén quixo deixar o seu selo ó partido cunha xogada individual que comezou en campo propio e rematou el mesmo tras deixar atrás a varios rivais. E por último Quique, quen na última xogada do encontro anotaba un dobrepenalti e declaraba que estaba moi ledo por ser o primeiro que transformaba nestes catro anos.
Ademáis dos tres puntos, o DCM conseguía así o obxectivo de non recibir cartóns neste último encontro (tan só sacouse un amarelo para o rival), polo que optará ó premio pola deportividade con tan só 4 cartóns marelos en toda a tempada (se algún equipo da división levou menos, pode informarnos no chat).

Desta maneira remata o primeiro ano do clube na 2ª división, e as espectativas de cara a vindeira tempada son moi optimistas, e agárdase loitar polos postos máis altos da división.
Cicáis entre un servidor e Xaime, pronto podemos ofrecervos un pequeno resumo do que foi a tempada, pero non prometemos nada :)

Agora a desfrutar das vacacións os que as teñan… e moita sorte para o resto!
Coma sempre grazas a afección presente hoxe no pavillón e a fotógrafa por deixar constancia do equipaxe 2009-2010.

Un cordial saúdo para todos.

viernes, 4 de junio de 2010

Fran Blanco y su equipo de Anda Ya! apoyan al DCM

Hoy día 04 de junio, se celebraba en el Teatro Roberto Vidal Bolaño de la Ciudad Universitaria de Vigo un programa en directo de la Gira 2010 del archiconocido programa matinal de los 40 principales, Anda Ya!.
Al acto acudieron dos de nuestros jugadores así como el Sr.Contable y el Entrenador del club. Entre el público se encontraba además una de nuestras más fieles seguidoras, la señorita Sheila, que tras cautivar al presentador del programa, Fran Blanco (presentador también del CQC en una edición anterior), solicitó que se saludase a nuestro equipo, al DCM. El locutor, tras varios problemas para descifrar el nombre del club (por dos ocasiones pronunció DC11), acabó por llamar a los miembros del DCM allí presentes para que saludasen al público y para desearles suerte en su andadura. El presentador también les preguntó que tal había transcurrido la temporada, a lo que nuestros miembros contestaron que más o menos. Tras esos deseos de parte de todo el equipo de Anda Ya!, el presentador volvió a centrarse en nuestra aficionada a la que regaló la conocida taza del programa y una caja de azucarillos...


El club agradece a la aficionada y a todos los miembros del programa de los 40 esta cuña publicitaria ofrecida que esperamos tenga positivos efectos de cara a la campaña de captación de socios de la próxima temporada.


Un cordial saludo.

Vai-á Porra Derradeira Xornada!

Estes son os partidos seleccionados para a décimoquinta e derradeia xornada de VAI-Á Porra

Deportes Carlos Miguel Vs Parquets Corcoba
Acerón Vs Ponte a Pintar
Frutas Nieves Vs La Casita F.S.

Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo

martes, 1 de junio de 2010

Aberto o Prazo de Reserva de Praza para a Temporada 2010/11

Segundo informa a Agrupación Deportiva Vigo, dentro da súa sección na páxina da Fundación Vigo Deporte (VIDE), abriuse xa o prazo para a reserva de praza de cara a vindeira temporada.

O aviso de VIDE sinala o seguinte: "Recordamos a todos os equipos da presente tempada que o próximo 19 de xuño finaliza o prazo para a reserva de praza para a tempada 2010/11."

O Deportes Carlos Miguel F.S. ten a intención de facer uso do dereito de reserva de praza, e desta maneira saír a competición por quinto ano de maneira ininterrompida. Para o vindeiro ano quedan abertas moitas interrogantes no plano económico, porén, no aspecto deportivo parece que o máis probábel é que a maioría do equipo continúe no club e incluso non se descarta que os 9 integrantes do DCM sexan os mesmos que os de esta temporada, co cal sería o cuarto ano sen alteracións no equipo, o que sen dúbida contribuiría a seguir perfeccionando o marcado estilo de xogo e compenetración entre os xogadores DCM'istas.