Espectacular partido do MatizVigo FS o desta mañá na Pista Vermella do Complexo Polideportivo das Travesas. Chegaba o equipo coa dúbida de se as condicións meteorolóxicas permitirían desputar o partido na pista Vermella. Porén a instalación municipal soportou o temporal deste fin de semana sen ningunha goteira e sen condensación no terreo de xogo, polo que o partido puido disputarse en perfectas condicións, agás nos últimos minutos da primeira parte onde un apagón parcial fixo que a visibilidade da pista vírase lixeiramente reducida.
O MatizVigo FS
gañou o partido porque foi superior no xogo, e porque foi moi superior
nas dúas áreas, cun desenvolvemento defensivo óptimo e unha pegada
ofensiva inapelable. Na primeira parte pronto se adiantaría o equipo
maticista por medio dun gol de Yago, nos seguintes minutos o partido
ralentizouse, froito quizais da tempraneira hora do partido. O Explanada
tería algunha ocasión de gol que foi desbaratada ou ben pola defensa ou
ben polo gardamallas, co avance da primeira parte o Matiz sería quen de
anotar o seu segundo gol co que se chegaría ó descanso no marcador.
Na segunda metade, xa cos problemas de iluminación solventados, o equipo fixo gala de toda a súa potencia goleadora e marcaría 6 goles, conseguindo ademais manter a portería a cero. Yago foi o máximo goleador do equipo con 6 goles, co que se afianza como un dos máximos artilleiros da categoría con 26 goles. Os outros dos goles serían obra de Emi e de Vare que se estreaba como goleador nesta temporada.

O vindeiro luns achegaremosvos a clasificación actualizada cos resultados desta xornada.
Imos Matiz Vigo!.
Imos Matiz Vigo!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario