martes, 25 de septiembre de 2012

Conta atrás para o inicio da competición



A pouco máis dunha semana para que o balón comece a rodar, o DCM ultima a súa posta a punto.

O clube tenta pechar un último partido amigábel para esta semana, pero a escaseza de ocos libres nos pavillóns dificulta o trámite.
Con ese encontro quedaría completado o planning realizado pola parcela deportiva do equipo para esta pretempada. A vindeira semana (previa ó inicio da liga), quedaría libre de compromisos para os nósos xogadores, evitando riscos de lesións e facendo que os nósos céntrense xa de cheo no encontro da fin de semana.

Estes encontros de preparación deixaron luces e sombras. O equipo cosechou moi bos resultados (rematou invicto), pero mostrou grandes carencias físicas, o que impedíu poder traballar en aspectos tácticos e técnicos, servindo tan só os partidos para coller ritmo de xogo.

Así pois, a poucos días do comezo da competición, descoñecemos se o nivel do equipo será suficiente para loitar polo ambicioso obxectivo que manexa a directiva e a afección; estar loitando preto dos cinco mellores da liga.
Para iso, o equipo necesita principiar moi enchufado nas primeiras xornadas, e engancharse xa ó vagón de cabeza da táboa. En caso contrario, de chegar varios resultados negativos, os nósos corren o risco de perder aspiracións e comezar a deixarse levar, situación que sería moi perigosa.
Por iso, debemos comezar a mentalizar xa ós nósos xogadores do preto que está o inicio da competición, e da importancia de que cheguen concentrados, concienciados da importancia de acadar bos resultados no inicio da liga e con moitas, moitísimas gañas de traballar por e para o equipo. Só con esas gañas podemos asegurar que o noso plantel terá o nivel suficiente para acadar resultados.

Tamén sinalan dende o clube a necesidade de recordar que calqueira obxectivo deportivo debe acadarse dende a defensa do título de campións da deportividade, algo innegociable na historia deste equipo.

Agardamos ter novas dende a organización nos vindeiros días. Recollida de fichas, calendarios, rivais e horario… estaremos atentos para informarvos dende este blog e dende o noso twitter @dcmvigo.

Quecendo motores! Isto está a piques de principiar!

miércoles, 12 de septiembre de 2012

O Plantel 2012-2013


A imaxe corresponde a pasada tempada; Yago ausente na mesma




O DCM afrontará a súa segunda tempada na elite do futbol sala afeccionado vigués co obxectivo de situarse entre os mellores, co mesmo plantel que rematou a tempada pasada; é dicir, o clube renovou o contrato de tódolos seus xogadores (aínda que Quique non terá ficha ata o mercado invernal, á espera do seu regreso de terras austriacas), e exerceu a opción de compra sobre David Santos, xogador que chegaba no pasado mes de xaneiro.
Yago ó igual que no pasado ano, terá unha presenza moi testimonial, ó situar a súa residencia habitual en terras catalás.
A secretaría técnica manexou o nome dun xogador durante todo o verán, ó ser un home que encaixaría á perfección no equipo e vir recomendado polos irmáns Santos. Pero a continuidade de tódolos demáis membros do plantel e o alto grado de compromiso mostrado polos mesmos, fixo que non se chegasen a entablar negociacións directas co xogador. O clube agradece a súa boa predisposición e agarda que nun futuro próximo poida incorporarse ó proxecto dcmista.

Así pois:
- A portería quedará un ano máis en mans de Jorge; que cun ano máis de experiencia convírtese nun dos porteiros con máis historia na VigoEnXogo. Tentará rebaixar considerablemente a cifra de goles encaixada no debut do equipo na categoría (113). Titular indiscutible e sempre considerado dos xogadores máis destacados polos espectadores ós encontros; non lles pode defraudar.

- Na parcela defensiva, estarán de novo:
Vare (agárdase que sexa de novo unha das referencias defensivas do equipo. Debe asentarse na categoría e loitar por reducir, e moito, o número de goles encaixados polo equipo na tempada pasada. Tras moitas tempadas formando parella defensiva con Pali, a defensa acusou algo de descoordinación entre os seus xogadores (ante a falta de continuidade de Chape e Xmon e a incorporación a metade de tempada de David; algo que o noso 5 tentará paliar este ano formando unha defensa sólida e compenetrada.)

Chape (realizou durante o verán un plan de posta a punto para o inicio do campionato e amosou moitas gañas por facer un gran ano. Agárdase que poida desputar moitos máis encontros que nas últimas tempadas, tras pasar a un segundo plano os seus problemas nas costas. Sen dúbida podería ser a gran fichaxe do equipo para esta tempada, xa que é o outro xogador que mellor coñece a filosofía e os movementos defensivos do equipo, polo que deberá asumir tamén labores de colocación dos seus compañeiros e ser un dos referentes en defensa).

Xmon (é o outro xogador do que temos información de que levou un agresivo programa de posta en forma neste verán. Se consegue unir iso a un pouco de continuidade no equipo, poderemos ver unha gran versión deste sólido defensa que sempre cumpre nas súas actuacións. Pero de momento e como ocorre con él todos os veráns o seu protagonismo nesta tempada será unha incógnita por resolver.)

David (tralos seus primeiros meses de adaptación, con moi boas actuacións, agárdase todavía moito máis del nesta tempada. Ten moitas cualidades e un gran potencial, e se consegue coller ritmo de partidos e interiorizar algo máis o esquema de xogo do equipo (os seus dous puntos febles a pasada tempada), chegará a ser un dos mellores defensas da división. De momento, nesta pretempada xa deixou detalles das súas virtudes, pero acusou algo de falta de fondo físico.


- A parcela ofensiva será cousa do tridente formado por Pani, Pablo e Emi, con axudas esporádicas de Yago e á espera de que en xaneiro poida regresar Quique.
Emi (o xogador con máis técnica do equipo, será o encargado de volver a coller o timón do xogo do DCM. As súas ausencias no inicio da tempada pasada, obrigaron ó equipo a trocar o seu sistema de xogo, e cando regresou, custou retomar a súa filosofía de xogo. Este ano, coa súa presenza dende o principio, tentará de rematar o seu acoplamento con Pablo e marcará a liña de xogo do equipo dende o primeiro intre, asumindo a responsabilidad de crear as ocasións do equipo)

Pani (un traballador nato que tivo que adaptarse a moitas e moi distintas situacións na pasada tempada e do que requeriuse en moitas ocasións un tremendo esforzo físico. Esta tempada, tamén dende a tranquilidade de saber con qué sistema de xogo e con qué compañeiros terá que traballar, agárdase que teña un papel protagonista no equipo. Será o comodín que todo adestrador quere ter, asumindo responsabilidades goleadoras, de osixenación nas salidas de balón do equipo e aportando un traballo defensivo fundamental para o funcionamento do esquema do equipo.

Pablo (cun acoplamento en tempo record, aportou coas súas características e grazas ó entendemento con Quique, unha nova posibilidade táctica de xogo ó equipo, que nos sacou de moitos apretos en numerosos partidos. Agora, deberá compaxinar esa posibilidade de xogo rápido e vertical que será determinante en momentos puntuais dos encontros, co acoplamento con Pani e Emi para o xogo máis elaborado que se require noutros momentos. E sobretodo, deberá mellorar o seu posicionamento defensivo, para non provocar desaxustes na defensa e evitando sprints innecesarios. De todos xeitos, incluso nos seus peores días deberá ser e será un dos xogador máis determinantes da liga, como xa fixo a tempada pasada.)

Yago (nos escasos encontros que desputará, deberá aportar como é habitual nel, moita pegada e traballo defensivo. Será labor dos seus tres compañeiros ofensivos, integralo nas pequenas variantes que o habitual xogo do equipo sufre cada tempada.)

Quique (agardamos poder falar da súa incorporación no mercado invernal)

sábado, 8 de septiembre de 2012

“Sétima tempada á vista”



Unha nova tempada de VigoEnXogo xa está aquí. Trátase da sétima na historia Dcmista. Un ano no que o equipo repite participación na máxima categoría de fútbol sala tras conseguir a permanencia a tempada pasada.

Tras un verán moi calmo no seo Dcmista, principiou o mes de setembro e con él debe regresar a actividade ó seo do clube.
Destes meses estivais, cabe destacar:
A desputa dun par de amigabeis que o equipo xogou no mes de xullo (supoñemos que para facer caixa, porque non se atopa outra explicación posible),
A celebración de eleccións á presidencia, que resolveuse coa marcha do Sr.Sotelo tras un mandato inmaculado (conseguíu con creces o obxectivo da permanencia e acertou de cheo nas fichaxes, logrando non recibir apenas críticas sobre a súa xestión), e o regreso por enésima vez do Sr.Rodríguez (que empatou nas urnas co Sr.Paniauga e foi designado “a dedo” polo presidente saínte, facendo uso do seu voto de calidade).
E a inauguración do Twitter oficial do equipo @dcmvigo, xestionado polo Sr.Gaspar Rosety, que tamén regresa tras varios anos desaparecido.

Agora a actividade do clube céntrase no traballo administrativo nas oficinas para pechar a inscripción, xa que nesta vindeira semana ten que quedar todo pechado, pois remata o prazo, así pois agardamos noticias da directiva.
E tamén se centra na pretemporada. Desputáronse xa os dous primeiros amigábeis contra CTGA (8-8) e un antigo campión nacional do torneo intercaixas (6-5). O clube negocia para desputar un novo partido a vindeira semana (ante un rival inédito) e outro para a semana do 17 de setembro ante o rival ó que xa se enfrentou o clube no mes de xullo.

Isto xa está en marcha. Próximamente publicaremos un análise do plantel 2012-2013. Saúdos cordiais.